3.4615384615385 1 1 1 1 1 Rating 3.46 (52 Votes)

Hoxe, mellor quedar na casiña

Barcos de toda a costa galega acuden en busca de refuxio ó Porto de Camariñas, sinónimo de seguridade

Quedar na casiña enchufados a camarinas.eu como ben decía a nosa querida Maitiña o outro día, porque xa está en marcha un dispositivo de alerta polo temporal que a partir das 12:00 (minuto arriba, minuto abaixo)  disque vai chegar a Camariñas cunha sede voraz de levantar o pueblo no aire cas súas rachas de vento furacanado por enriba dos 120 km/h. Pero non queda ahí a cousa: pola tarde, pois chuvia  a mares. Tódolos barcos están amarrados a porto, parejas e vacas de Ribeira incluidas, chegándose incluso ao caso de que moitos barcos de Muxía chegaron nestas últimas horas ao muelle novo de Camariñas, o máis seguro da Costa da Morte, como ben saben os máis expertos mariñeiros. Prégase asemesmo extremar a precaución ao andar polas calles non vaia ser que unha tella perdida nos vaia a estragar os miolos. O dito: quedar na casiña e enchufados a camarinas.eu, que se pasa pipa.

Comentarios   

billy
+1 # fotosbilly 13/11/2009 14:11
Hola compañeir@s,die gonet como se che ocurre poñer tantas fotos de barcos amarrados e non poñer o mais bonito de todos o manuel de lin k está mirando pa darsena,no me judas no me judas jeje
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
-1 # lucia018 13/11/2009 14:25
Pos sí que hay un bo temporal ehhh, non se pode salir da casa que se bola
E din que das mas temporal pa pola tarde, que ven se esta na casiña con este tempo jaja