Aparece sen vida o corpo do buzo francés en Vilán

O compañeiro do buzo desaparecido mira as labores de rescate ca esperanza de hachar o corpo con vida
O compañeiro do buzo desaparecido mira as labores de rescate ca esperanza de hachar o corpo con vida

Foi cara ás oito da tarde do venres 24 de xullo cando un inquedante rumor comenzou a propagarse por Camariñas: un buzo estaba desaparecido mentras practicaba pesca submarina na ensenada da Arnela, no Faro Vilán. De inmediato púxose en marcha un amplio dispositivo de búsqueda integrado por unha patrulla da Garda Civil do mar, Protección Civil de Camariñas, Garda Civil de Camariñas, a lancha da Xunta de Galicia con base en Muxía e un helicóptero de Salvamento Marítimo. Mentras tanto, comenzaban a chegar as noticias, trataríase dun submarinista de nacionalidade francesa integrante dun grupo de tres parexas, algunha con nenos, que tódolos veráns visitaban Camariñas, para entre outras cousas, practicar pesca submarina. Finalmente, despois de que esta mañá a primeira hora se reanudaran as operacións de búsqueda, o corpo do buzo francés foi hachado sen vida nas aforas do Vilán polo experimentado percebeiro camariñán Toñito da Chuca que, axudado por Carlos O Rubio, procedío a trasladar o corpo ata a rampa do Muelle Novo. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica deste tráxico suceso.

Aparece sen vida o corpo do buzo francés en Vilán

Foi cara ás oito da tarde do venres 24 de xullo cando un inquedante rumor comenzou a propagarse por Camariñas: un buzo estaba desaparecido mentras practicaba pesca submarina na ensenada da Arnela, no Faro Vilán. De inmediato púxose en marcha un amplio dispositivo de búsqueda integrado por unha patrulla da Garda Civil do mar, Protección Civil de Camariñas, Garda Civil de Camariñas, a lancha da Xunta de Galicia con base en Muxía e un helicóptero de Salvamento Marítimo. Mentras tanto, comenzaban a chegar as noticias, trataríase dun submarinista de nacionalidade francesa integrante dun grupo de tres parexas, algunha con nenos, que tódolos veráns visitaban Camariñas, para entre outras cousas, practicar pesca submarina. Finalmente, despois de que esta mañá a primeira hora se reanudaran as operacións de búsqueda, o corpo do buzo francés foi hachado sen vida nas aforas do Vilán polo experimentado percebeiro camariñán Toñito da Chuca que, axudado por Carlos O Rubio, procedío a trasladar o corpo ata a rampa do Muelle Novo.

Camarinas.eu presentouse no Faro Vilán nas primeiras horas deste radiante sábado 24 de xullo para comprobar a marcha do intenso operativo montado entre a Guardia Civil, Protección Civil e Salvamento e alí atopamos interesado nas labores de búsqueda ao alcalde de Camariñas mentras o compañeiro do buzo desaparecido ca mirada perdida no horizonte esperaba unha miragre que devolvera o corpo do seu amigo con vida. Lamentablemente non foi así.

Chamábase Manuel Gregori René Chataigne, tiña 33 anos e deixa muller e unha filla. Entre as causas que puideron provocar tan fatal desenlace non debe desbotarse a de que por algunha razón o submarinista quedase prendido por algunha parte do seu corpo (presumiblemente a cabeza) en calqueira das furnas existentes no fondo da ensenada da Arnela. En todo caso, na mañá de hoxe podía verse tras confirmarse o resultado por todos temido aos seus compañeiros totalmente destrozados no Muelle Novo. En fin, unha desgracia máis que sumar ás que produce este mar noso. Descanse en Paz.

{multithumbs}

Comentarios   

rubiasexy
+1 # rubiasexy 25/07/2009 11:57
mima eso sin desgrassias ben morrer acamariñas lexos da sua terra bueno polo menos encontrarono o corpo D,E,P sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador