- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 16 Xullo 2009 16 Xullo 2009
A maior felicidade do mundo

O Cupido, recén chegado ao Porto camariñán, foi o encargado de levar a Virxe do Carme na Procesión Marítima
A grandeza dunha festa mídese pola súa capacidade para facer fronte ás adversidades. Cando as 11:00 da mañán do xoves 16 de xullo do ano do Noso Señor 2009 unha impresionante tromba de auga descargada cun furor despiadado e inmisericorde por un ceo de tintes grisáceos sobre o atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo facía pensar no peor e abría un período de seria incertidume, a forza da tradición, do costume, do amor a un rito antigo e sagrado facía que o pobo de Camariñas se sobrepuxera, levara a súa venerada Virxiña do Carme en volandas sobre as augas e pasara as tres ou catro horas máis felices do ano para un camariñán. Porque, en ocasións, esta vida maldita e pecadora merece a pena. En días como o de hoxe. Pulsa na imaxe para ver a máis impresionante galería fotográfica da historia de camarinas.eu.
¡¡Día do Carme Total!!
Si a Alemania hitleriana decidío dividir en tres
frentes (norte, sur, centro) o seu devastador ataque á Unión Soviética de 1941, camarinas.eu
decidío acometer o día máis importante do ano para un camariñán
escindíndose en dous frentes: Diego Alonso cubriría a
Procesión Marítima a bordo do buque emblema da Flota Naviera de
camarinas.eu, o Cirros, patroneado polo noso amigo, colaborador, usuario
e chef Soto; Zhúkov, o redactor cultural, ataviado ca clásica e
lexendaria "Morskaya Dusha" (Alma Marinera), a camiseta de franxas branquiazuis horizontais que
dende tempos dos Zares vestían os mariñeiros da Armada rusa e que se xeralizou para todo o Exército Roxo xa en tempos do
poder soviético, voaría sobre os mares a bordo do "Belén M", a lancha do gran amigo de camarinas.eu e maestro do Bon vivir Manolo o Rocco.
Saía con retraso debido á chuvia a Danza de Arcos acompañando á Virxe do Carme cara o Muelle do Curbeiro. Unha imprsionante tromba de auga fixo concebir serias dudas sobre a Procesión Marítima e por ende sobre toda a Festa do Carme. Os operarios da empresa José Martínez Rial deron in extremis ás oito da tarde do víspera os últimos retoques a un formigón recén impreso na Avenida Eugenio López para facer posible que a comitiva puidera facer o percorrido tradicional. Pero foi cando chegamos acompañando á Danza ao Paseo Marítimo camariñan, ao desembocar pola Rúa do Medio, ao oír o son das gaitas e dos pasodobres mezclado en fraternal unión, ao sentir os estouridos das bombas de palenque, ao ver aos arqueiros danzando uns pasos máxicos e lexendarios, ao contrastar o operativo de seguridade montado pola Policía Local e Protección Civil, entón foi cando un nudo ven correndo a borbotóns cara a nosa garganta e bágoas de emoción quedaron ás portas das comisuras duns ollos atónitos ante tanta felicidade.
Unha Danza, por outra parte, á que aos clásicos de toda a vida nesta ocasión sumáronselle auténticas viejas leyendas, fillos pródigos que no seu retorno contribuiron a perpetuar a tradición da mellor Danza de Arcos do mundo: Reira, Juanillo, o Rocco... Precisamente será no buque deste último, e cunha tripulación formada por Luis de Ricardo e o Cubano, onde Zhúkov fará unha travesía dóce e calmada, dirixida con maestría por un patrón experimentado, sin amenaza de chuvia, cun sol que acabou por facerse dono dos mares e onde as viandas e os refrigerios contribuiron a facer máis apacible o que xa de por si constitúe o maior pracer do mundo para un camariñán: a Procesión Marítima.
Xa en Muxía. Baixada para acompañar á Danza no seu ballet ante o pobo muxián. O reencontro emocionado do Rocco ca súa nai. O retorno por Merexo. Agún que outro pequeno salseiraso. Salitre na boca. Un grolo a un Jack Daniel's con Coca Cola no medio da Ría. A adrenalina disparada a 150 pulsacións por minuto. O meigallo feiticeiro de Camariñas visto dende o mar. A traca. O Ceo en llamas. Un vermouth rosso con sifón no Paseo Marítimo. O sol en toda a súa inmensidade. A orquesta. Unha comida que espera na casa. A maior felicidade que existe en este mundo.
Comentarios
A Juanillo, al muñequico, al Rufo y Kung-fu les digo que cantan fatal que estoy pasando una mañana en el curro echo un trapo y encima en gallego que no me enteraba de la letra porque en Cartagena no es fiesta y a las 3:52Am es hora para dormir. Me hubiera gustado ver la foto de Victikor haciendo la plancha en la planeadora....n o obstante el reportaje es precioso.....
...................................
...................................
...................................
....................................
.....................................!!
Hoy es tu dia mi santa
Y el pueblo es algarabia
Engalanaron tu barca
Antes que amanezca el dia
Con flores banderas y arcos
Te pasearan por la ria
Rodeada por marineros
Mujeres y su alegria.
Te llevaran con esmero
Por las calles de la villa
Vestida por suaves manos
Con ropas de maravilla.
Se que muchos lloraran
Al acompañar tu paso
Por esos que ya no estan
Para llevarlos del brazo.
Seras mecida por olas
Que el mar bravio atesora
Mas la barca engalanada
Cuida de nuestra señora.
Vienen a verte mi santa
De aquí y de alrededores
Hombres de manos curtidas
Son marineros,son los mejores.
Te piden para que cuides
De sus vidas y sus bienes
Para que tu los recibas
Cuando la muerte les llegue.
Te pediran por el campo
Te pediran por salud
Te pediran a sabiendas
De que la madre eres tu.
Virgen del Carmen te pido
No abandones a tu gente
Te veneran dia a dia
Como fieles penitentes.
Hoy es tu dia mi santa
El pueblo es una alegria
Camariñas te venera
Como guia de su vida.
Tino Figueiras dende Madrid
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.