- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 04 Xullo 2009 04 Xullo 2009
Tensa espera. Un pobo en vilo debido a decisións inexplicables. Nunca as Festas do Carme correron tanto perigo. Unha Comisión de Festas desolada. Amagos de dimisión entre algúns do seus membros provocadas polas decisións dos máis altos gerifaltes. En Laxe, Muxía, non houbo problemas para a ocupación dos seus respectivos paseos marítimos. En Camariñas parece que sí, ¿por que? Nestes momentos duros e difíciles, nos que a incertidume se abate sobre todo un pobo ilusionado cas máis grandes festas da Costa da Morte, camarinas.eu, a única páxina web libre, independente, xamáis vinculada a partido político algun ou grupo de interés, quere recalcar o seu compromiso co xoven grupo de camariñáns que compoñe a mellor e máis ilusionante comisión de festas en moitos anos.
Mentras todo colga dun fío, esta tarde os membros da comisión seguían preparando as Festas do Carme 2009 e así procederon a adornar os arcos cos que os arqueiros danzarán polas rúas de Camariñas nos días centrais de xulio do 2009. Entre outras novidades, cómpre sinalar que o arco do Director da Danza de Arcos, Manuel Ageitos Lista, alias "O Mariachi", un coñecido enamorado da arte musical charra, portará un arco individualizado ornamentado cos colores nacionais da bandeira da nosa querida e apreciada República Federal Mexicana. Tamén o reporteiro polivalente de camarinas.eu, Luis Rodríguez Luaces (O Último Patriota), terá o seu propio arco cos sacrosantos colores rojigualda da bandeira española. Tedín, máis correcto políticamente, terá os da bandeira catalana, máis adecuados ao momento político actual. E colaborando na confección destes arcos estaba María Teresa Castro Carril, a nosa Maitiña, redactora de camarinas.eu, ca súa arte e beleza características, porque non debería estar moi lonxe o día no que unha muller camariñana, símbolo de traballo e sacrificio dende sempre, poidera coller entre as súas mans e percorrer as rúas de Camariñas cos arcos que porta a mellor Danza do mundo.
Comentarios
Tan bonitiños sn os arcos esta meu irman q non durme jejeje pero este ano nn baila o dia propio q mpena baila o segundo dia por que ainda e moi no moviño aber is combensems pa q o deixen ejje.-bikiñsss
Noraboa,e gracias,amigos.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.