"Vexo moi complicado o futuro das Procesións marítimas..."

Xusto no medio da imaxe, Campaña posa co resto de membros da Comisión e cas redactoras de camarinas.eu
Xusto no medio da imaxe, Campaña posa co resto de membros da Comisión e cas redactoras de camarinas.eu

O Presidente da Comisión das Festas do Carme de Camariñas, José Manuel Canosa Campaña, concedeu este venres 6 de xuño a camarinas.eu unha extensa entrevista onde desbroza polo muido as principais novidades que presentará nesta edición do 2009 a principal festa de Camariñas, onde recoñece a complicado futuro que lle espera ás procesións marítimas en Galicia, onde anuncia que unha edición especial do Spanish Mania terá lugar a cargo dos nosos queridos usuarios helvéticos o  31 de xullo na Praza do Mercado e na que promete que a edición do 2010 das Festas do Carme pasará á historia...

"O próximo ano, a Festa será mellor aínda..."

Co nome do pobo que representa no peito, Camariñas non puido atopar mellor Presidente da Comisión
Co nome do pobo que representa no peito, Camariñas non puido atopar mellor Presidente da Comisión

Nome completo: JOSE MANUEL CANOSA CAMPAÑA
Fecha de nacemento: 13/5/1976
Posto de traballo: MANTEMENTO EN CERDEIMAR
Tipo de música preferida: LATINA
Orquestas preferidas: TODAS
¿Desde cando segues o mundillo das orquestas? ¿Desplázaste a ver actuacións de orquestas  a menudo?

DESDE SIEMPRE. É UN MUNDO QUE ME APASIONA MOITO, SON CAPAZ DE FACER CENTOS DE KILÓMETROS PARA VER UNHA VERBENA. HABITUALMENTE VIAXO CA MIÑA MULLER, AÍNDA QUE TAMÉN CON AMIGOS.

¿Por que entras a formar parte da Comisión?

FOI UN CÚMULO DE CIRCUNSTANCIAS, NON HABÍA COMISIÓN E ESTÁBAMOS A MES DE MARZO, CASE QUE SIN TEMPO DE PREPARAR NADA, E COMO CAMARIÑÁN DOÍAME QUE ESTE POBO QUEDASE SIN FESTAS. ASÍ QUE FALEI CON VARIOS AMIGOS E EMBARCÁMONOS NESTA VIAXE.

Esta Comisión, ¿está pensada para durar moitos anos?

ESO NON SE PODE PREVEER ,ESTE É UN PROXECTO A TRES ANOS, ONDE O ANO PASADO TIVÉMOLO MOI DIFÍCIL PARA ORGANIZALAS FESTAS. ESTE ANO XA SE AXEITA MÁIS AO QUE NOS QUEREMOS, E O PRÓXIMO É O ANO VAI SER MELLOR AÍNDA. E DESPOIS XA DIOS DIRÁ.

¿Gústache exercer de presidente da Comisión?

MÁIS QUE UNHA COMISIÓN SOMOS UN GRUPO DE AMIGOS, NA CAL INTENTAMOS REPARTIR OS TRABALLOS DALGÚN XEITO. A VERDADE É QUE É UN GRUPO HUMANO IMPORTANTE. POR ESO O CARGO DE PRESIDENTE É UN CARGO QUE TEN QUE EXISTIR, AÍNDA QUE COMO DIXEN ANTES SOMOS UN GRUPO DE AMIGOS, NO QUE NADIE DESTACA POR ENRIBA DOS OUTROS
Tedín, Campaña e o seu cativo na Virxe do Monte
Tedín, Campaña e o seu cativo na Virxe do Monte


¿Como serán as festas do Carme deste ano?

TEMOS PREPARADO  UN PROGRAMA VARIADO, ONDE TODO O MUNDO SE SINTA SATISFEITO CON EL, TERÁ BOAS ORQUESTAS, BOS GRUPOS DE GAITAS, AS MELLORES CHARANGAS, E POR SUPOSTO OS MELLORES FOGOS DE ARTIFICIO.

¿Como deben ser as Festas do Carme do futuro?

QUEN SABE, NOS PENSAMOS QUE DEBEN SER UN REFERENTE EN TODA A COSTA DA MORTE PORQUE SON AS FESTAS MÁIS IMPORTANTES QUE SE CELEBRAN NO MES DE XULLO E CADA ANO NÓTASE QUE A AFLUENCIA DE XENTE É MAIOR. O CARME SIEMPRE TEN QUE TER COMO EIXE BOAS ORQUESTAS E BOS FOGOS DE ARTIFICIO, E APARTIRES DE AHÌ COMPLETAR CON OUTRAS COUSAS .

A actual ubicación ¿é a ideal?

DENDE QUE ESTA COMISION COLLÍO AS RENDAS DA FESTA SIEMPRE PENSOU QUE A UBICACIÓN QUE TIÑA ESTABA UN POUCO FORA DE MAN PARA A XENTE, PERO DAQUELA NON HABIA OUTRO SITIO MELLOR. NESTE ÚLTIMO ANO A FACHADA MARÍTIMA CAMBIOU E APARECÍO A OPORTUNIDADE DE PODER FACER A FESTA ALGO MÁIS PRETO DO POBO, E TOMAMOS A DECISIÓN DE PROBAR A FACER A FESTA NESA UBICACIÓN. PARA VER COMO QUEDA.PENSAMOS QUE É UN SITIO MÁIS ABRIGADO DO VENTO, ESE QUE O ANO PASADO CASE NOS DEIXA SIN FESTA, PORQUE HOUBO ALGUNHA ORQUESTA QUE NON ERA CAPAZ DE  LEVANTAR O SEU ESCENARIO.
POR ESO TEÑO O DESEXO QUE A DESTE ANO PODE SER A MELLOR PORQUE E UN SITIO AMPLIO PARA A VERBENA, TEN UN PASEO ONDE AS ATRACCIONS DE FERIA PODEN LUCIR MOITO, E PORQUE SEREMOS A ÚNICA FESTA DA COSTA DA MORTE ONDE O APARCADOIRO DOS COCHES  ESTÁ A MENOS DE 500 METROS DA FESTA, SIN ANDAR DANDO VOLTAS EN BUSCA DUN SITIO PARA DEIXAR O COCHE, QUE É O PEIRAO NOVO.
POR TODO O ANTERIOR, NA COMISIÓN PENSAMOS QUE ESTA NOVA UBICACIÓN AFECTARÁ MOI POSITIVAMENTE Á FESTA PORQUE  O NOSO OBXETIVO É VER A FACHADA MARÍTIMA REPLETA DE XENTE DURANTE TODO O DÍA E TRAENDO A FESTA PARA AHÍ PENSAMOS CONSEGUILO.

¿Onde estarán ubicados os cochitos e os chiringuitos?

TODAS AS BARRACAS DE FERIA ESTARAN UBICADAS NOS APARCAMENTOS DO PASEO AGÁS A PISTA DE COCHES E O SALTAMONTES QUE ESTARÁN NA PRAZA DO MERCADO.

¿A anterior ubicación estaba demasiado alexada?

COMO CAMPO DE FESTA É ESPECTACULAR, AHORA HAI QUE PENSAR QUE ESTÁ MOI EXPOSTA AOS VENTOS E DEMASIADO ALONXADA DO POBO E TAMEN TEMOS QUE PENSAR QUE É UN PORTO PESQUEIRO, AO CAL NON SE LLE PODE INTERRUMPIR A SÚA ACTIVIDADE.

Cambiando de tercio, a París de Noia en Camariñas, ¿un feito histórico?

NON SEI SE HISTÓRICO É A PALABRA, O QUE SÍ É QUE FAI MOITÍSIMOS ANOS QUE ESTA GRANDÍSIMA ORQUESTA NON ACTÚA NAS FESTAS DO CARME. E DECIR QUE A TIVEMOS QUE CONTRATAR EN MARZO DO ANO PASADO PARA QUE POIDERA ESTAR NAS NOSAS FESTAS. PARA BLAS O CANTANTE DA PARÍS DE NOIA, O CARME TEN UN RECORDO ESPECIAL PORQUE FOI AQUÍ ONDE SE ATREVÍO A BAIXAR A CANTAR NO MEDIO DO PÚBLICO POR PRIMEIRA VEZ.

¿Poderá superar o Carme á Barca algún dia?

SON DÚAS GRANDES CELEBRACIÓNS AÍNDA QUE MOI DIFERENTES. O CARME É UNHA  FESTA E A BARCA É UNHA ROMERÍA CO QUE LEVA CONSIGO ESO.
Un dos principais éxitos da Comisión foi a Festa da Zorza nestas Festas da Virxe do Monte
Un dos principais éxitos da Comisión foi a Festa da Zorza nestas Festas da Virxe do Monte

¿Como responden os camariñáns cos donativos?

FANTASTICAMENTE. SIN O APOIO DAS XENTES DE CAMARIÑAS ESTAS FESTAS NON SERÍAN O QUE SON. NOUTROS LUGARES  O CONCELLO ASUME GRAN PARTE DO PRESUPOSTO, EN CAMARIÑAS ESE PESO VAI ENCIMA DOS SEUS HABITANTES.

Dende que a nova comisión comenzou a súa andaina estamos vendo un gran número de novas ideas e iniciativas, ¿con que nos sorprenderedes no futuro?

QUEN SABE, AS IDEAS XURDEN SIN ESPERAR. PARA MOSTRA O DA FESTA DA ZORZA QUE XURDÍO  UN DIA QUE PENSANDO NO POR QUE CAMARIÑAS NON TIÑA UNHA FESTA GASTRONÓMICA, E DE AHI XURDÍO A IDEA QUE FINALMENTE FOI UN TREMENDO ÉXITO.

¿Merece realmente a pena formar parte dunha comisión de festas?

BUFF, NON SEI, PENSO QUE SI PORQUE AíNDA QUE NON ESTÁ SUFICIENTEMENTE VALORADO, VER COMO O TRABALLO REALIZADO DURANTE O ANO SAE BEN É MOI SATISFACTORIO.

¿Agradece a xente este traballo altruista?
CLARO QUE SI, E A MOSTRA DE QUE E ASI SON OS DONATIVOS QUE A XENTE DA PARA AS FESTAS.

¿Haberá este ano procesión marítima?
EU DESEXO QUE SI E CASUALMENTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS FACENDO O SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL, E O DE CAMARIÑAS POR ANTIGÜEDADE É O UNICO QUE LEVA ASEGURADA A PROCESION MARITIMA QUE É O CABALO DE BATALLA POLO CAL OS ARMADORES  TEÑEN MEDO SAÍR EN PROCESION

¿Que solucións se propoñen desde a Comisión de festas para este tema tan importante?

POR PARTE DA COMISIÓN XA CHE COMENTEI QUE O SEGURO QUE FACEMOS CUBRE CALQUERA ACCIDENTE QUE OCURRA DENTRO DOS BARCOS.

¿Como ves o futuro das procesións marítimas nas festas?

DIFICIL, A NON SER QUE OS POLITICOS SE POÑAN A TRABALLAR PARA FACER UN SEGURO QUE  AS CUBRA. HAI QUE PENSAR QUE SON UN ATRACTIVO TURISTICO EXCEPCIONAL.

¿Presentará a Sardiñada deste ano novidades con respecto a outros anos anteriores?

A SARDIÑADA DE CAMARIÑAS E UNHA DAS MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA, HAI MOI POUCAS OU NINGUNHA COMA ELA NA CAL SE REPARTAN TAL CANTIDADE DE SARDIÑAS GRATUITAMENTE. ADEMAIS A UBICACIÓN E MARABILLOSA. ESTE ANO COMA O ANTERIOR CONTAREMOS CON DÚAS CHARANGAS PARA AMENIZALA.

O ano pasado asistimos ao homenaxe aos directores históricos da danza de arcos, ¿haberá este ano algunha novidade ao respecto ademáis do probable fichaje estrella de Juanillo para a Danza de Arcos?

JAJAJA, JUANILLO  É UN DOS QUE SI PODE ESTAR SEMPRE NA DANZA DOS ARCOS. O PRIMEIRO DIA CLARO, QUE PARA O SEGUNDO NON HAI QUEN O LEVANTE JAJAJA.,.FALANDO XA EN SERIO, A DANZA DOS ARCOS LEVA MOITOS ANOS FUNCIONANDO E BEN, ASÍ QUE POUCO SE PODE FACER PARA MELLORALA.
Rumoréase que tedes pensado facer outras actividades e festas para financiar o Carme, ¿é certo que asistiremos ao Spanish Manía na Praza do Mercado este 31 de xullo?
É UN COMPROMISO QUE TIÑAMOS CON ELES PARA QUE ACTUASEN NO CARME PERO ESTE ANO NON TEÑEN AS VACACIÓNS NESAS FECHAS, ASÍ QUE PENSAMOS EN FACER UNHA FESTA DA XUVENTUDE.QUE TERÁ LUGAR ESE VIERNES, ONDE QUEREMOS QUE ÁS XUVENTUDES CAMARIÑANAS SE UNAN AS EMIGRANTES CON ESTES ARTISTAS CAMARIÑÁNS COMO NEXO DE UNIÓN.

¿Algunha novidade máis?

DE MOMENTO ESTA FESTA DA XUVENTUDE, AÍNDA QUE SEGURO QUE ALGUNHA COUSA MAIS FAREMOS .
¿Como afecta na súa vida personal esta gran responsabilidade que acatou ao facerse cargo da presidencia da Comisión de Festas?
A VERDADE QUE QUEN MÁIS SOFRE É A FAMILIA, A CAL LLE ESTOU MOI AGRADECIDO POLA COMPRENSIÓN QUE TEÑEN DADO QUE ESTO ME QUITA MOITO TEMPO DO QUE LLES TERÍA QUE ADICAR, PORQUE COMO SABEDES ADEMÁIS DE PRESIDIR A COMISIÓN DE FESTAS, TAMÉN PRESIDO A ASOCIACIÓN LUMAREA DA VILA ASÍ QUE O MEU AÍNDA É PEOR. E CREO QUE ESTO TAMÉN LLES PASA A CADA UN DOS MEMBROS DA COMISIÓN DE FESTAS.
Xusto na ubicación que terá a Festa do Carme 2009, posa a Comisión de Festas
Xusto na ubicación que terá a Festa do Carme 2009, posa a Comisión de Festas

 

Comentarios   

JABA
0 # JABA 08/06/2009 12:38
BEN FALADO CAMPAÑA,e un verdadeiro honor,formar parte desta maravillosa komision,na ke todos aportan ideas e ningun de nos ten un papel asignado,TODOS FASEMOS DE TODO!komo ven dixo Campaña...somos che un jrupo de amijos,ke non estamos dispostos a kedar sin a nosas FESTAS DO CARMEN!.
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # AS FESTAS DE TODOS OS CAMARIÑANS!JABA 08/06/2009 12:40
O noso CARMEN,orjullo de Camariñas!
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 08/06/2009 22:39
eres un artista jose manuel, siempre fostes muy responsable e muy formaliño, a muller que che leve vai rica de verdad porque leva a un jran home,
Prosesion que haxa siempre.
e a este jrupo de amijos como di jaba desolle todo o mellor, sodes autenticos.
Responder | Denunciar ante o administrador