Tres detidos por hurto nun supermercado de Camariñas

Momento nos que os detidos nesta operación policial conxunta saían do Cuartel da Guardia Civil de Camariñas
Momento nos que os detidos nesta operación policial conxunta saían do Cuartel da Guardia Civil de Camariñas

Os servicios informativos de camarinas.eu sempre están ao acecho do que poida pasar polas rúas de Camariñas, incluso nestas datas tan festeiras, e así cara ás 12 da mañá do venres 24 de abril de 2009, puidemos saber de primeira man que nun operativo conxunto levado a cabo pola Guardia Civil e as Policías Locais de Camariñas, Muxía, Laxe, Vimianzo e Zas, foron detidas en Baio tras unha breve persecución dúas mulleres de 37 e 40 anos respectivamente e un menor de idade por un suposto hurto cometido no Supermercado Aliprox de Camariñas.

Os tres detidos, veciños de Carballo, viñan sendo obxecto dun seguimento polos hurtos que supostamente haberían cometido nos supermercados da comarca valéndose no caso de Camariñas, dun carrito de bebé para depositar o obxecto das súas actuacións, maioritariamente productos alimenticios, cando tras a súa visita ao supermercado do barrio de Corea decidíose levar a cabo a súa detención. Esta, tras unha breve persecución, tivo lugar en Baio, dende onde foron conducidos cara á Comisaría da Benemérita de Camariñas, de onde salían cara ás 16:00 horas, tras prestar declaración, momento que foi captado polo ollo avizor dos reporteiros de camarinas.eu.

Image


 

Comentarios   

eloy
-1 # Vaya semanita¡eloy 26/04/2009 12:47
PUes nada felicitar a los de la beneterica, por que esta semana han limpiado bien el pueblo.Espero que siga así y acaben de limpiarlo.
Responder | Denunciar ante o administrador