- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 23 Abril 2009 23 Abril 2009
Galería fotográfica completa de San Xurxo 2009

Só camarinas.eu nun esforzo sen precedentes podía traer para vos unha galería de preto 350 fotografías
O xoves 23 de abril do ano do noso Señor 2009 camarinas.eu levou a cabo a máis impresionante e exhaustiva cobertura informativa endexamáis feita das festas do noso querido Patrón de Camariñas San Xurxo. Para a historia quedará a presente galería fotográfica de preto de 350 fotografías que a pesar do virus de intencións mortais que lle inocularon ao xigante cibernético da Costa Atlántica, camarinas.eu vos sirve nunha reportaxe a cinco bandas na que puxemos a traballar para tódolos seguidores da web dos 5.000.000 de visitas a un auténtico repóker de ases, os nosos reporteiros festeiros máis acreditados: Diego Alonso Freire, Lucía Carril Ageitos, Alvito Diéguez Jr., Mónica Pasantes e Zhúkov. Queridos usuarios: nada pode con camarinas.eu, mala hierba nunca muere.
Galería fotográfica completa de San Xurxo 2009
O xoves 23 de abril do ano do noso Señor 2009
camarinas.eu levou a cabo a máis impresionante e exhaustiva cobertura
informativa endexamáis feita das festas do noso querido Patrón de
Camariñas San Xurxo. Para a historia quedará a presente galería
fotográfica de preto de 350 fotografías que a pesar do virus de
intencións mortais que lle inocularon ao xigante cibernético da Costa
Atlántica, camarinas.eu vos sirve nunha reportaxe a cinco bandas na que
puxemos a traballar para tódolos seguidores da web dos 5.000.000 de
visitas a un auténtico repóker de ases, os nosos reporteiros festeiros
máis acreditados: Diego Alonso Freire, Lucía Carril Ageitos, Alvito
Diéguez Jr., Mónica Pasantes e Zhúkov. Queridos usuarios: nada pode con
camarinas.eu, mala hierba nunca muere.
San Jorge, San Xurxo, Saint Georges, Sviatói Gueorgui...Diferentes son as acepcións que recibe en distintas tradicións o santo que a lomos dun cabalo fendía impasible a lanza na gorxa do dragón. Patrón de católica Camariñas ou da lonxana Rusia Ortodoxa. Santo celebrado o día no que morreron Miguel de Cervantes ou William Shakespeare. Porque o 23 de abril sempre será un día distinto en Camariñas: teña un o día libre, ou saia anticipado do traballo, chegar cara á unha da tarde ás inmediacións da Igrexa Parroquial de San Xurxo constitúe unha experiencia que regocixa o corpo e a alma. E marchar pasadas as catro da tarde cara o fogar ca conciencia festeira debidamente cumprida, sabendo que aínda queda un longo día de festa ca visita cara as 19:00 ao alto do Cotro onde xace o camariñán ilustre que construío a nosa Igrexa alá a finais do ilustrado século XVIII, ou cunha verbena que se extenderá ata longas horas da madrugada, representa para un camariñán unhas datas sinaladas, distintas. Aquelas na que os seus súbditos festexan e homenaxean ao Santo que impasible fendío a lanza na gorxa do dragón.
Comentarios
Estan todas as fotos moi guaii--
Eu onte nn salin aber hoxe bono pensar ainda jeje!!
Dieguiño nn puxestes a foto q Quitastes aber si ma pasas...SI nn a borrastes...
***********Lucia***************
Saludos
JRASIAS DIEGO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.