- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 23 Abril 2009 23 Abril 2009
Comezan as Grandes Festas de San Xurxo 2009
As festas en honor ao noso Patrón San Xurxo comezaron onte mércores 22 de abril cun gran espectáculo por parte da orquesta Marbella na cal puidemos ver moitas caras coñecidas do particular mundillo orquesteril. Hoxe xoves é o día grande das festas e a 1 da tarde celebrarase a tradicional misa e a procesión ao arredor da nosa igrexa en honor ao Patrón de Camariñas, San Xurxo. Sobre as dúas da tarde comezará a sesión musical a cargo dunha banda de música que tocará unhas pezas clásicas na Praza de san Xurxo. Ao rematar esta será a Orquesta Versalles a que tomará o relevo para comezar xa co típico baile vermouth. As 7 da tarde realizarase a ofrenda floral a Don Antonio Domingo Rodríguez Canosa no lugar do Cotro en Buría e será de noite cando comece a espectacular gala musical coas orquestas Versalles e archicoñecida Panorama.

Camarinas.eu fará nestas festas un seguimento
especial día a día de todos os actos e actuacións destas grandes festas
de San Xurxo de Camariñas para que todos os lectores e usuarios da web
máis vista da Costa da Morte podan seguila aínda que non estean
presentes. Todas as fotos e os videos desta festa serán recopilados nun
DVD especial do cal serán entregadas 10 copias ao Presidente da
Comisión de Festas de San Xurxo este domingo nunha entrevista que
camarinas.eu realizará a Juan do Cotro para evaluar e analizar as
festas de San Xurxo deste ano 2009.
{multithumbs}
Comentarios
San Xurxo ten un cabalo,
Que pelexa con tesón,
Contra o demo encarnado
Con figura de dragón.
Camariñas rinde culto
Festexando a sua labor,
Con música por todo-lo alto
En honor do seu patrón.
Antonio Puertas
Aber si sacas muitissimas fotos mas e de chabales novos aber si salen alguns amigos meussss
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.