A Virxe do Monte retorna aos seus altares

Non podía baixar mellor a nosa Santa que nas mans de todo un clásico das procesións como o noso amigo Pino
Non podía baixar mellor a nosa Santa que nas mans de todo un clásico das procesións como o noso amigo Pino

Tal e como mandaban os cánones da Santa Madre Igrexa, ás 18:00 horas do domingo 19 de abril do ano do noso Señor 2009 varios centos de fieis cristianos, veciños da moi antiga e noble vila de Camariñas, reuníronse nas alturas da Sagrada Ermita da Virxe do Monte nunha tarde encapotada e gris para devolver á Santa protectora dos naturais de tan emblemática e blasonada terra ao lugar onde reposará un ano, a Igrexa Parroquial de San Xurxo, ata que conmemorando unha festa inmemorial e sagrada no Domingo da Resurrección do Noso Señor Xesucristo sexa devolta por unha semana á ermita portadora do seu santo nome. Só por unha semana. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica a tres bandas de 120 fotos captada polos reporteiros en exclusiva de camarinas.eu Mónica Pasantes, Alvito Diéquez Jr. e Zhúkov.

O Retorno da Virxe do Monte

Tal e como mandaban os cánones da Santa Madre Igrexa, ás 18:00 horas do domingo 19 de abril do ano do noso Señor 2009 varios centos de fieis cristianos, veciños da moi antiga e noble vila de Camariñas, reuníronse nas alturas da Sagrada Ermita da Virxe do Monte nunha tarde de encapotada e gris para devolver á Santa protectora dos naturais de tan emblemático e blasonado lugar ao lugar onde reposará un ano, a Igrexa Parroquial de San Xurxo, ata que conmemorando unha festa inmemorial e sagrada no Domingo da Resurrección do Noso Señor Xesucristo sexa devolta por unha semana á ermita portadora do seu santo nome. Só por unha semana.

Noticias relacionadas

 

Comentarios   

Pion
0 # Pion 20/04/2009 20:17
muy bonitas as fotos,xa fai unha pila de anos que non paso esta festa pero hoxe achejastedesme a nosa virxen do monte,muitas grasias a todos os de esta pagina por estas fotos que fixestedes e por deixar ver a nosa familia e a nosa xente do pueblo e ver o pueblo muitas grasias de corason
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 20/04/2009 21:57
grasias mima que bonitas fotos como di pion da justo bela familia grasias diego e mais marcos fasedes majas sijide asi non cambiedes nunca sefa e os pedros viva anosa virxen do monte
Responder | Denunciar ante o administrador