4.593023255814 1 1 1 1 1 Rating 4.59 (86 Votes)

Festa da Zorza e Verbena da Virxe do Monte 2009

As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición
As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición

Pois na tarde deste sábado 11 de abril quedaba inaugurada oficialmente a temporada de festas 2009 no Concello de Camariñas co pistoletazo de saída da festividade en honor á Virxe do Monte cunha impresionante "I Festa da Zorza", na que a Comisión de Festas raiou ao seu máximo nivel organizando de forma prácticamente perfecta este importante evento gastronómico que reunío a uns cuantos centenares de veciños na Praza do Mercado de Camariñas e no que foron servidas preto de 600 racións, a pesares do intenso frío que azotaba á Vila das Palilleiras neste sábado de Semana Santa.

Polo módico precio de 5 euros, os asistentes tiñan dereito a un ben surtido prato deste sinxelo manxar elaborado a base de cochino de primeira calidade con patacas fretidas e viño do país acompañado do seu correspondente e imprescindible café con leite ben quentiño, ideal para unha tarde-noite como a deste sábado. Posteriormente, e cos bandullos ben recheos, os asistentes puideron asistir a unha verbena do máximo nivel amenizada polas orquestas Triunfo e Suavecito e que se extendío ata altas horas da madrugada. En fin, queridos usuarios, a temporada de festas xa está aquí. Pulsa na imaxe para ver a primeira galería fotográfica con máis de 80 fotos de camarinas.eu da sección de festas 2009 e dous impresionantes videos de todo o acto.

Festa da Zorza e Verbena da Virxe do Monte 2009

Pois na tarde deste sábado 11 de abril quedaba inaugurada oficialmente a temporada de festas 2009 no Concello de Camariñas co pistoletazo de saída da festividade en honor á Virxe do Monte cunha impresionante "I Festa da Zorza", na que a Comisión de Festas raiou ao seu máximo nivel organizando de forma prácticamente perfecta este importante evento gastronómico que reunío a uns cuantos centenares de veciños na Praza do Mercado de Camariñas e no que foron servidas preto de 600 racións, a pesares do intenso frío que azotaba á Vila das Palilleiras neste sábado de Semana Santa.

Polo módico precio de 5 euros, os asistentes tiñan dereito a un ben surtido prato deste sinxelo manxar elaborado a base de cochino de primeira calidade con patacas fretidas e viño do país acompañado do seu correspondente e imprescindible café con leite ben quentiño, ideal para unha tarde-noite como a deste sábado. Posteriormente, e cos bandullos ben recheos, os asistentes puideron asistir a unha verbena do máximo nivel amenizada polas orquestas Triunfo e Suavecito e que se extendío ata altas horas da madrugada. En fin, queridos usuarios, a temporada de festas xa está aquí.
 

Comentarios   

seran7989
0 # seran7989 12/04/2009 11:05
Felicitar a comisión polo marabilloso traballo que fixeron,pola miña parte un 10.
Responder | Denunciar ante o administrador