- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 06 Abril 2009 06 Abril 2009

Exclusiva camarinas.eu: os seis fardos de hachís fotografiados no cuartel da Guardia Civil de Camariñas
Fotos en exclusiva do alixo de hachís de Muxía
Na mañán deste chuvioso luns 6 de abril de 2009, o porto de Camariñas vía como novamente volvían a ser desembarcados no mesmo fardos procedentes dun alixo de droga. Nesta ocasión os fardos cuias fotos publica en rigurosa exclusiva camarinas.eu foron atopados polos tripulantes da lancha de Salvamento Marítimo cara ás 11 desta mañán flotando nas augas entre Touriñán e Camariñas. Trátase de seis fardos de hachís de 30 kilos cada un, polo que suman un total de máis de 180 kilos.Os fardos desembarcados hoxe no Muelle Novo presuntamente formarían parte do alixo apresado pola Benemérita na noite do sábado ao domingo na Praia da Arnela, xunto a Punta da Buitra, en Muxía, nunha espectacular operación policial na que o número de detidos de nacionalidade marroquí xa ascende a nove e na que incluso dous veciños do noso concello que responden ás iniciais de J.D.C.P. de 48 anos e J.M.V.C. de 58 foron detidos cando intentaban cargar uns fardos nun coche. A cantidade de hachís decomisada ata o de agora nesta operación do instituto armado era de 3.800 kilogramos aos que habería que sumar os fardos desembarcados no Muelle Novo, e que tras ser depositados no Cuartel da Garda Civil de Camariñas posteriormente serán trasladados ata dependencias policiais da Coruña.
Comentarios
¡¡¡QUE SE JODAN,JASANITOS ,ESPAÑOLES,COLO MBIANOS,E TODOS ELES!!!,QUE VAIAN TRABALLAR!!E MELLOR ESTAR CHEO DE PIOLLOS OU SER UN POBRE DROJADITO,ANTES DE SER UN NARCO OU CAMELLO,AH E INDA TEÑEN QUE CAER UNS CANTOS MAIS,CABRONS DE MERDA FORRADESBOS A CONTA DE JODER @S FLL@S DE MOIT@S.
DE PARTE MIÑA;¡¡¡JODEDEB OS!!!
Si quereis saber donde vivo,preguntar por mí,CABRONES.
Antonio Puertas Lema
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.