CNC: Recuperadas as Chaves

Era o ano 1492 cando por aquelo de lograr a unidade política e relixiosa dos seus reconquistados reinos, os Reis Católicos procederon á expulsión dos xudíos das terras hispanas. E contan que aínda hoxe, máis de 500 anos despois, os descendentes daqueles sefarditas violentamente arroxados da súa patria conservan colgadas das paredes das súas casas en Israel as chaves orixinais do fogar que deixaban atrás, na sempre añorada e querida Sefarad... Outra colectividade que se vira privada pola forza dos feitos violentos da que era a súa casa, os socios do Club Náutico de Camariñas, viron cumprido o sono anhelado...

Desestimada a apelación de Viproga SL

No que constitúe unha nova exclusiva, Camarinas.eu está en condicións de adiantar aos seus lectores o texto íntegro da resolución xudicial que enterra definitivamente as esperanzas sucesorias de VIPROGA SL.  Trátase da sentencia 520/12, dictada pola Audiencia Provincial da Coruña na mesma e histórica data na que a Xunta de Galicia aprobaba definitivamente o PXOM camariñán, o 26 de decembro de 2012, e na que desestima total e absolutamente o recurso de apelación interposto pola empresa propiedade de Úrsula Rego Sternat contra a Sentencia 00061/2012, dictada o 29/05/2012 polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, que decretaba...

Expulsión definitiva para Viproga SL do Club Náutico de Camariñas

Un 20 de novembro de 1975 finiquitou para sempre o Xeneralísimo Francisco Franco Bahamonde e un 20 de novembro de 2012 van finiquitar de xeito definitivo asemesmo os soños de grandeza de Viproga SL. Dúas okupacións ilegais (unha, a do lexítimo goberno da República; outra a das instalacións dun Club Náutico) derivadas de sendos golpes de estado que ven o seu triste e lamentable final nunha mesma data cargada do pesado simbolismo que otorga a historia. Atrás quedarán os 300 días de okupación ilegal que pasarán aos anales da infamia. Os día do descaro máis inaudito en toda a historia...

Akelarre Popular no Club Náutico

O nunca visto. No mesmo día no que no Camp Nou, en Barcelona, ante un estadio desatado e 400 millóns de telespectadores tiña lugar un akelarre independentista, nas instalacións okupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas perpetrábase un akelarre do Partido Popular ante un pobo que non dou crédito ao que vían os seus xa de por si abraiados ollos. Os extremos acábanse tocando e en política máis. O antes nunca visto acontece en Camariñas co maior desparpaxo e desvergonza: se por vez primeira en toda a historia da Costa da Morte, un partido político embárcase nunha campaña electoral co...

A Tall Ships Race en Camariñas

A esas mesmas horas nas que non moi lonxe de alí os peliños do mostacho máis enchoupado de toda a Costa da Morte lecían a bo remollo, ata catro participantes da Tall Ships Race ou Regata de Grandes Veleiros (antiga Cutty Sark) recalaban nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas. Facíano cun perfil baixo, sen a debida recepción, sen grandes fastos, ao igual que o izado da primeira Bandeira Azul en toda a historia do concello, para non beneficiar aínda por enriba con logros alleos aos okupas que manteñen sekuestradas pola forza as instalacións dende hai xa sete meses (Sentencia...

Comunicado da Xunta Directiva do CNC

O ideólogo da primeira e ata o de agora única asamblea ilegal en toda a historia do Club Náutico, o secretario xeral do PP en Camariñas, volve a poñerse ao frente do golpe de estado no CNC. Reposto de urxencia nas súas funcións a cambio de axuda mediática para o seu amo e señor volve con bríos impetuosos e acometidas desbocadas, algo en principio non moi recomendable para un cargo político, e non dubida en organizar a que tamén pasará á historia como a primeira cea ilegal en 21 anos de historia da institución náutica decana da Costa da Morte....