Concesión do Bar Restaurante do CNC

Definitivamente non ten sorte o Club Naútico de Camariñas, unha das institucións con maior prestixio e solera da Costa da Morte, ca concesión do seu Bar Restaurante.  Como si se tratase do banquillo do Atlético de Madrid (52 adestradores en 25 anos) os concesionarios sucédense sen solución de continuidade sen que os socios náuticos fiquen satisfeitos cos servizos prestados. Sería como unha traslación ao ámbito do CNC daquela frase tan repetida en tempos nas páxinas de camarinas.eu e que levaba tatuada unha persoaxe dun relato de Tendryakov no seu peito: "Los años pasan, pero la felicidad no llega". Esperando remediar...

Asamblea Extraordinaria do CNC

Este pasado sábado 17 de decembro de 2011 arrancou a partires das 18:00 no seu Salón de Actos unha das asambleas do Club Náutico de Camariñas máis concurridas e participativas que se recorden. Sete eran os puntos que a Directiva presidida por Alberto de Artaza Varasa sometía á masa social e seis deles foron aprobadas por unha aplastante maioría de preto do 90% dos votos escrutados, recibindo un voto negativo únicamente o derradeiro dos temas sometidos á deliberación e decisión democrática do socio náutico. Partíase dun corpo electoral de 210 asociados con dereito a voto e dentro do cal eran...