Vertedoiro ilegal no Club Náutico

Nas paraxes habitualmente desoladas do aparcamento do Club Náutico dende hai uns meses habita día e noite un Jeep Cañonero. De cor granate e nun estado aparentemente apto para a conducción que estivera aparcado nas inmediacións do CNC sen solución de continuidade non sorprendío a ninguén nun primeiro momento: as boas xentes de Camariñas inducidas ao que posteriormente se probou como un erro na propiedade do vehículo interpretaban a causa da anomalía en razóns de consanguinidade. Despois, cando os clientes empezaron a fuxir en masa da cafetería aledaña, algúns malpensados recurriron a unha interpretación menos entrañable: desta maneira faríase bulto...

Golpe de Estado no Club Náutico

Traspasados hai tempo os límites do sentido común, rebasados todos os diques da decencia, o proceso de toma do poder no Club Náutico pola minoría radical e violenta que ocupa ilegalmente as súas instalacións sumou este fin de semana dous novos episodios de inusitada gravidade. O venres 27 ca non entrega ao Presidente do CNC das chaves do Bar Restaurante. O sábado 28 ca celebración nunhas instalacións okupadas dunha asamblea ilegal. Dous episodios íntimamente conectados, causa e efecto, porque si a estas alturas aínda hai alguén que o dubida a non renovación da concesión da Cafetería é a única causa ...

Carta de Xosé Luis Blanco Campaña

Ante a grave situación creada no Club Náutico de Camariñas, ante o anuncio de convocatoria por parte dunha minoría radical e violenta dunha asamblea ilegal a celebrar este sábado 28 de xaneiro, a voz autorizada de Xosé Luis Blanco Campaña, Presidente de Honor da entidade, elixe a camarinas.eu para dirixir unha carta aberta aos socios do CNC. Nela Xosé Luis, un home que sempre ten a Camariñas como fío vector das súas preocupacións, presta un apoio inequívoco á actual Xunta Directiva así como á xestión levada a cabo pola mesma na grave crise derivada da asamblea do 17 de decembro...

Carta aos socios do Presidente do CNC

Semanas estas últimas de actividade frenética por parte da Directiva do Club Náutico de Camariñas. En carta publicada na páxina web do CNC este luns 23 de  xaneiro o seu Presidente, Alberto de Artaza Varasa, conservando ese mesmo tono de elegancia, respeto ás boas formas e cordialidade que caracterizaron dende o primeiro día a andaina da Xunta Directiva que preside, da conta aos socios das importantes novidades que tiveron lugar dende a Asamblea Extraordinaria do 17 de decembro na que tan masivamente foi ratificada a súa xestión. Así, ademáis da resolución de importantes asuntos relacionados ca xestión ordinaria do Club...

Intento de agresión no Club Náutico

Como si dunha broma macabra, como si dun chiste de moi mal gusto se tratase, unha nota de papel ocupa dende a tarde deste domingo o lugar no que unha directiva colgou o comunicado polo que se daba a coñecer a adxudicación do Bar Restaurante do CNC para o 2012. A súa mensaxe “Cerrado por intimidación”. Porque intimidación sí que existío pero na noite do sábado previo á reunión na que a Xunta Directiva debía resolver o concurso para a citada concesión. Eran pasadas as 21:00 cando dende as xélidas sombras exteriores tres socios entraban sen previo aviso nas oficinas...

Novo concesionario da Cafetería do CNC

En datas recentes por dúas veces  a Xunta Directiva procedío a pegar nas instalacións do Club Náutico de Camariñas sendos anuncios da saída a concurso da concesión do seu Bar Restaurante e por dúas veces de forma misteriosa, maligna e interesada foron arrancacados. En estas, publicouse o anuncio referido en camarinas.eu e aquí xa sí que ninguén o quitou, dándoselle desta forma (máis de 600 visitas) a máxima publicidade ao procedemento polo que a Xunta Directiva executaba o mandato contundente e maioritario emitido polos socios. De igual xeito, na tarde deste domingo 8 de xaneiro de 2012, o anuncio colocado...