Novo atentado contra o Club Náutico

Consecuencia da frustración máis impotente, da pura desesperación, resultado inevitable dunha sucesión encadeada de fiascos consecutivos de todo tipo por parte dos seus viles perpetradores, o Club Náutico de Camariñas amanecía este xoves 19 de xullo de 2012 víctima dun novo atentado. Senón era suficiente con que as súas instalacións leven sendo obxecto dunha okupación ilegal en toda regla dende hai xa máis de seis meses, feitos recoñecidos por sentencia xudicial demoledora e incontrovertible, cando este mediodía o Comodoro do CNC Ignacio Martínez Mañas pretendía acceder á oficina na que a Xunta Directiva celebra as súas reunións atopaba que a...

CNC Comunicado da Xunta Directiva

Despois da consecución para Camariñas da primeira Bandeira Azul da súa historia, non quedan ahí os logros da actual Xunta Directiva do CNC e así en nova carta remitida aos socios infórmase de que as negociacións para que no mes de agosto recalen no porto camariñán algúns dos veleiros participantes na Regata de Grandes Esloras LONGS SHIPS RACE (antiga regata CUTTY SARK) atópanse moi avanzadas con todo o que elo pode traer aparellado en termos de imaxe así como económicos para o noso concello. Asemesmo dase conta de que o desahucio definitivo dos okupas que teñen secuestradas pola forza as...

Humillante Sentencia de Desahucio

Acompañada de Daniel Rego González, Presidente do PP de Camariñas e actual líder da oposición municipal, da esposa dun coñecido socio opositor, dunha antiga empregada e do anterior Comodoro do Club Náutico, Úrsula Rego Sternat presentábase na mañán do 16 de maio de 2012 no Xulgado de Corcubión. Facíao para facer frente a unha demanda xudicial interposta polo Club Náutico de Camariñas por uns feitos inéditos ata entón na historia do Xulgado: a ocupación sen título xurídico válido algún por parte de Viproga SL dunhas instalacións alleas, esto é, unha ocupación ilegal en toda regra co seu posible corolario de...

Concesión da Bandeira Azul ao CNC

As boas novas comenzan a chegar pouco a pouco ao Club Náutico de Camariñas. Fruto do esforzo sen precedentes levado a cabo pola súa Xunta Directiva durante os derradeiros meses, facendo frente á maior adversidade que endexamáis tivo que encarar unha institución náutica galega, na mañán deste xa histórico mércores 6 de xuño de 2012 acabamos de saber que a Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE) ven de conceder ao Porto Deportivo do CNC a Bandeira Azul. A decisión facíase pública en conferencia de prensa desenrolada na sede da Organización Mundial do Turismo en Madrid, premiando deste xeito o carácter...

Os Okupas denuncian ao Comodoro do CNC

Na mesma semana na que todo un líder político da Vila dos Encaixes pouco a menos que a tombo libre era inmovilizado pola Guardia Civil á altura de Baíñas, véndose obrigado a ser recollido por familiares para ser guiado ata o leito no que durmir a habitual e impresionante mona, Camarinas.eu tiña acceso a un documento chamado a facer historia nos anales da infamia. Estamos a falar da declaración do actual Comodoro do Club Náutico de Camariñas, Ignacio Martínez Mañas, na que este respondía á interposición da enésima denuncia por parte dos actuais recordmans mundiais nesta arte, que a este...

Comunicado da Xunta Directiva do CNC

A web do Club Naútico de Camariñas publica este luns 5 de marzo o comunicado da Xunta Directiva que en breve recibirán todos os socios da institución náutica decana da Costa da Morte. Escrita nun modo inusualmente duro, nela dase conta entre outras cuestións da interposición da demanda xudicial de deshaucio, da negativa reiterada dos antigos concesionarios abandoar o Bar Restaurante así como do vergonzante incumprimento por parte destos do acordo ao que chegara (diante de testigos) nunha reunión celebrada o 1 de febreiro de 2012 na Coruña, a representación dos mesmos, un político habitual perdedor de todo tipo de...