Todos aqueles socios que deran unha copia do seu DNI á candidatura que ten por obxecto o retorno de VIPROGA SL ás instalacións do Club Náutico de Camariñas teñen un problema. Un serio problema que podería traer funestas consecuencias vistos os precedentes escandalosos aos que Camarinas.eu acaba de ter acceso en datas recentes. Trátase do documento que proba de xeito indubidable como se utilizaron fraudulentamente 51 firmas de socios do CNC para, sen o coñecemento nin o consentimento dos asinantes, interpoñer no seu nome unha acción xudicial contra o CNC. Esto é 51 socios que asinaron un simple documento para promover no seo do Club a celebración dunha asamblea extraordinaria acabaron sin sabelo encabezando co seu nome e DNI unha demanda xudicial contra o CNC. O enésimo escándalo indecente perpetrado pola plataforma de apoio aos okupas ilegais que ademáis da inmoralidade e desvergonza que supoñe podería traer aparalladas gravísimas consecuencias penais ao poder ser constitutivas estas actuacións do delito de "Estafa Procesal", castigado con penas de prisión de un ata seis anos.
Todo comenza no desenfreno dos días posteriores á perdida por abultada goleada da Asamblea extraordinaria do 17 de decembro por parte de VIPROGA SL e o seu corolario de gravísimos incidentes. Así, tres días despois do histórico batacazo da empresa da filla de Daniel Rego, un 21 de decembro de 2011, comenza unha recollida de firmas entre os socios para promover unha nova asamblea extraordinaria ca que destituir a Xunta Directiva daquel entón e nombrar de urxencia unha nova que permitira aos ex-concesionarios manterse no seu posto de combate naviero. Ante elo, uns por pena, outros por compasión, outro de xeito decidido e sen dúbida algunha firman unhas follas que inundan día e noite o Club ata completar unha variopinta nómina de 51 firmas, algúns deles firmes partidarios da liña de actuación seguida pola Xunta Directiva. Ante a negativa de ésta de acceder ás pretensións do grupo comandado por Daniel Rego, en data de 14 de maio de 2012, promóvese ante o Xulgado de Corcubión, EXPEDIENTE DE XURISDICCIÓN VOLUNTARIA DE CONVOCATORIA XUDICIAL DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA. Dita demanda vai encabezada polos 51 asinantes cos seus nomes e DNI e asinada por abogado e procurador. Esto é: utilizouse polos promotores desta denuncia xudicial contra o CNC 51 firmas de socios sen o coñecemento nin o consentimento dos mesmos, ou alomenos dunha parte importante dos mesmos para denunciar xudicialmente ao CNC.
Non contentos con intentalo unha vez, volven a carga por segunda vez utilizando fraudulentamente as firmas destes 51 socios cando ante a negativa do CNC a facilitarlle aos promotores da denuncia a acta fundacional do Club, a inscripción no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia e o rexistro actualizado de socios, o 14 de xuño presentan no Rexistro do Xulgado de Corcubión novamente asinado en nome dos 51 socios e firmados por abogado e procurador, escrito instando a entrega da documentación solicitada e incluso chegan na súa desvergonza e indecencia a ¡¡solicitar a interposición de multas coercitivas á entidade, ata que entregue a documentación solicitada!!. É decir, estos 51 socios do CNC sen ter coñecemento delo, sin autorizalo expresamente en poder notarial algún, sin chegar a sospeitalo nin o máis remotamente ¡¡estábanlle pedindo ao Xulgado de Corcubión que castigase con graves sancións económicas á entidade da que formaban parte ata que esta lle entregase a Daniel Rego a documentación pola que o Presidente do PP de Camariñas se desvivía naqueles días!!
Seguía este gravísimo esperpento xudicial ca delirante e desquiciada folla que asinaba o 23/07/2012 Daniel Rego, unha antoloxía do humor surrealista ("Mis preguntas querido amigo/a son, ¿porque tienen tanto miedo a que se celebre dicha asamblea?, ¿que tienen que esconder?. Con lo bonito que es el diálogo"), documento xa publicado por Camarinas.eu entre as carcaxadas e as risas hilarantes do gran público da Costa da Morte. Ante este continuado despropósito polo que unha moi reducida minoría desesperada reventaba día si e día tamén o bo nome do CNC na prensa rexional e ante as reiteradas negativas xudiciais a acceder as pretensións tan insistentemente promovidas polo Xerente de Viproga SA, a Xunta Directiva decide tomar cartas no asunto e así o 17 de xullo de 2012 a procuradora que actúa no seu nome presenta escrito no Xulgado de Corcubión polo que insta o archivo das actuacións promovidas fraudulentamente no nome destes 51 socios xa que "se ha comprobado que existe un GRAVE DEFECTO FORMAL que impide la válida prosecución del procedimiento, cual es LA FALTA DE REPRESENTACIÓN DEL PROCURADOR SR. XXXX, al no haberse otorgado el poder apud acta que se dice en el escrito promoviendo el expediente". Continúa o escrito establecendo que "se comenta en las instalaciones del Club Náutico que alguno de los socios que se mencionan en el cuerpo del escrito como promoventes no tiene conocimiento y por ende, no ha dado su consentimiento, al procedimiento que se está entablando en su nombre. Cuestión no baladí, habida cuenta que de ser cierto, podría constituir una estafa procesal que conllevaría que se derivasen responsabilidades penales." Ante elo e no que constituía o noveno batacazo xudicial para os intereses de Úrsula Rego, o 09/10/2012 o Xuiz D. Andrés Lago Louro unha vez constatado que "no se ha procedido a subsanar el error del que adolece la demanda" ordea o archivo das actuacións promovidas mediante o uso indebido de 51 firmas contra o Club Náutico de Camariñas e polas que incluso se solicitaba a imposición ao mesmo de fortísimas sancións económicas en tanto en canto non se subministrase a Daniel Rego a documentación á que, visto o visto, non tiña nin o máis mínimo dereito.
Vaiamos agora, e ca venia do noso admirado e respetado o así mesmo autodenominado Maxistrado do Río do Prado, ao que establece sobre a cuestión un libro tan interesante e coñecido por algúns dos promotores da Candidatura Okupa como o Código Penal, máis concretamente o seu artigo 250: "El delito de estafa será castigado con las penas de prisión de un año a seis años y multa de seis a doce meses, cuando ... 7. Se cometa estafa procesal. Incurren en la misma los que, en un procedimiento judicial de cualquier clase, manipularen las pruebas en que pretendieran fundar sus alegaciones o emplearen otro fraude procesal análogo, provocando error en el Juez o Tribunal y llevándole a dictar una resolución que perjudique los intereses económicos de la otra parte o de un tercero".
Estamos polo tanto ante o escándalo que pecha o círculo de indecencias e inmoralidades que constituiron o proceso de asalto ao Club Náutico de Camariñas, posiblemente o máis grave dende un punto xurídico, o máis definitorio dende un punto de vista moral. Que ata 51 socios, moitos deles significadas persoalidades dentro do desenrolo económico e social do noso concello, cun bo nome e unha honra intacta que defender, para as que a defensa e mellora do seu CNC da alma sempre foi algo innegociable, que de boa fe asinan un documento polo que únicamente se solicitaba dentro do ámbito asociativo do CNC a convocatoria dunha asamblea extraordinaria, se vexan envoltos sin comelo nin bebelo, sin ter o máis mínimo coñecemento, sin que nin un só deles dera o seu consentimento mediante a firma dun poder notarial de representación ou apud acta, na interposición dunha denuncia xudicial contra o CNC e non moito despois dun segundo documento no que se chegaba incluso a solicitar a imposición de durísimas penalidades económicas contra o mesmo, constitúe un escándalo dunha gravidade sen precedentes. Todos aqueles socios que agora entregasen de boa fe copia do seu Documento Nacional de Identidade a esta mesma persoa, ou aos testaferros que defenden a capa e espada os seus intereses económicos no Club Náutico de Camariñas, ou a aqueles outros que foron como testigos voluntarios ao seu favor na maioría dos procesos xudiciais que entablaron contra o CNC (perdidos todos, xa vemos o valor de tales declaracións navieras) constitúe a escalada final no proceso de indecencias ás que se viron sometidos os socios da que foi no seu día a institución náutica decana da Costa da Morte. Xa unha vez se utilizaron indebidamente documentos asinados por socios con finalidades torticeras e malévolas, nada impide que desta volta poidera acontecer algo semellante. Coñecendo aos que andan metidos no asunto, todo pode pasar. Que Deus os colla confesados.
Comentarios
E agora o ZEBOZO (con perdon o castelán da parte de Noia) da esterqueira xa volve a ser amigo do pufista-ladrón e abandona o comité das "chicas de oro" e mais o PXOM no que lle iba a vida, para ver si volve a vender unhos sobrecitos. MEU DEUS, VAYA GENTUZA LLEVA MI BARCO.
JAJAJ, COLLENVOS EN PELOTAS SEJIDO, NON SALIDES DUNHA PARA POÑERVOS EN OUTRA. IDEVOS PREPARANDO PARA OUTRA DERROTA SONADA ESTE SABADO, MEU HOMIÑO.
Hace aprox.3 años,la anterior directiva(de la que algunos hoy forman parte de una de las candidaturas)hi zo una campaña de captación de socios,sin pagar la entrada de 300 euros,con la pretensión de llegar a los 200 socios;y aunque ya en aquel momento algunos socios manifestaron su descontento,aho ra incluso llegan a decir que en sus listas no quieren "socios de saldo",en su candidatura sólo van a ir socios fundadores y veteranos.Y yo me pregunto:¿si ya no nos quieren en su lista ,que va a ocurrir después?.
Los "socios de saldo" como ellos nos denominan,o clase B,deberíamos de pensarlo;y yo como "socia de saldo"ya lo pensé:YO NO LES VOTO !!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.