Tal e como era fácil de preveer, a relación comercial de Viproga SL co Club Náutico de Camariñas acabou nun pufo estruendoso e indecente. Cremos lembrar que foi Stalin o que respecto ás dificultosas e tan problemáticas relacións paterno filiais acabou sentenciando aquelo de que "a mazá nunca cae lonxe da árbore". En Camariñas a xente é máis prosaica e dende hai xa uns cantos anos polos mentideiros políticos escuitábase sempre a mesma frase: "De tal palo..." e en efecto o mundo, un eterno retorno, voltou a amosar neste caso nunha pequena vila do litoral atlántico galego como a historia sempre se repite, primeiro como drama (a okupación ilegal) e despois como farsa (o pufo). Todos os masivos, numerosos, dervergonzados e impagados antecedentes que tiveran lugar por doquier en Santiago de Compostela (entre outras vilas) acabaron por confirmarse e ser recoñecidos nunha demoledora sentencia que supoñe un novo sopapo xudicial para os tan abofeteados e maltreitos mofletes xurídico-económicos de Viproga SL.
Desta volta foi o outro dos xulgados de Corcubión, o Nº1, o que deixaba no ridículo máis escandaloso aos titulares de Viproga SL ao recoñecer que lle debían ao CNC un pufo por un importe próximo ao millón das antigas pesetas (5.537,23 €) e os condeaba a pagar a citada cantidade, os intereses legais e, no que xa constitúe un clásico, as costas de todo o procedemento. Unha broma que segundo fontes xurídicas de toda solvencia consultadas por esta redacción lle vai saír aos ex concesionarios por un montante global que se acercará aos 8.000 euros. En efecto, cómpre sinalar que con éste xa son tres os procedementos xudiciais entre Viproga SL e o CNC nos que os antigos okupas ilegais son condeados a pagar as costas do proceso (xuizo de desahucio en Corcubión, apelación ante a Audiencia Provincial e xuizo sobre reclamación de pufo novamente en Corcubión), o cal supoñe que todo este rosario xudicial cos ex concesionarios non lle costará un só euro ao socio náutico, ao ser condeados os sabios cráneos xurídicos de Viproga expresamente en costas en todas e cada unha das sentencias anteriores sinaladas e ter por elo que correr cos custos dos abogados e procuradores contratados polo CNC. Impecable solución a dada pola Xunta Directiva á maior ameaza que tivo a desgracia de encarar a institución náutica decana da Costa da Morte nos seus máis de vinte anos de exitosa historia. Tal e como sinalaba tan acertadamente Daniel Rego na Asamblea do 17 de decembro de 2011 había ata tres licenciados en Dereito na Xunta Directiva.
Como todas as anteriores, a sentencia non pode ser máis diáfana e os argumentos esgrimidos pola ex concesionaria para tratar de evitar pagar o pufo que lle endilgara ao CNC non puideron ser máis ridículos. Por todo elo o Xuiz D. Iván Barallobre Sánchez concluía unha vez máis "ESTIMANDO ÍNTEGRAMENTE la demanda interpuesta por la entidad CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS", ao que engadía que "DEBO CONDENAR Y CONDENO a la entidad mercantil VIPROGA, S.L. a abonar a la actora la cantidad de 5.537,23 euros, más los intereses del artículo 576 de la LEC, con expresa imposición de las costas procesales relativas a dicha pretensión de condena dineraria". Un batacazo xudicial máis que engadir a unha carreira xurídica que pasará aos anales do desprósito máis desvergonzado. Agora tocará executar a sentencia e esixir o pago de ata o derradeiro céntimo deixado a pufo no CNC, pero eso é algo que lle tocará levar a cabo á Xunta Directiva que saia das eleccións do 23 de marzo. Precisamente neste punto é no que fían os ex okupas todas as súas esperanzas futuras, xa que esta mesma semana empezaba a correr o rumor por Camariñas da próxima formación dunha candidatura á Presidencia do Club Náutico de Camariñas impulsada por Daniel Rego e a súa filla, unha lista electoral que tería como obxectivos irrenunciables a expulsión fulminante do actual e lexítimo concesionario do Bar Cafetería, a reposición inmediata e de urxencia de Viproga SL cun contrato de por vida no seu lugar e a condonación do pufo recoñecido por sentencia xudicial, dos seus intereses e das costas correspondentes, unha broma que suporía sustraer das arcas náuticas unha cantidade de preto de 8.000 euros que quedarían deste xeito a bo recaudo nos bolsillos dos ex concesionarios.
O anterior, así como que o Presidente do PP de Camariñas Daniel Rego presentase no Concello un escrito interesándose pola situación xurídica do "expedida" (sic) do Bar Cafetería do Club Náutico, non parece importar demasiado a uns nomes que presentándose como integrantes dunha Candidatura Okupa utilizarían deste xeito o CNC como moneda de cambio para pagar favores persoais e tratar de sacar a maior tallada posible da institución. Xentes en definitiva ás que parece darlles igual todas e cada unha das demoledoras, escandalosas e humillantes sentencias recaídas, que non lles parece importar que o seu patrocinador se vexa obligado "una vez que yo ya no esté a denunciar el tema de la situación de la cafetería", que se okupara pola forza ilegalmente durante 364 días as instalacións, que se agredera físicamente ao Secretario da institución, que se lle deixara un pufo de case 6.000 euros aos socios a conta de catro mensualidades de alquiler e do importe dos consumos eléctricos (aquí como en todo, os okupas pretendían pasarse o contrato polos forros) e tantas e tantas cousas que un xa non lembra dentro do escándalo máis bochornoso e indecente que viron os séculos non xa en Camariñas senón na Costa da Morte. Dentro deles, o máis indicativo e predecible, o que era recollido na sentencia que constituía o oitavo batacazo xudicial consecutivo de Úrsula Rego Sternat e do seu querido Papá a conta do proceso de asalto ao CNC. Oito de oito e nembargantes tan só un máis dentro dos moitos que aínda estaban por chegar.
Texto íntegro da Sentencia do pufo de VIPROGA SL co Club Náutico de Camariñas
Comentarios
estamos nas mans de uns............ o que ti queiras poñer
RECUERDEN 981 610 OOO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.