Despois dun ano de okupación ilegal, o CNC volve a abrir as súas portasVolven os fins de semanas intensos ao Club Náutico de Camariñas. A época da desertización chegou ao seu fin e para este venres está previsto o comenzo dunha nova etapa marcada como sempre foi tradición na institución náutica decana da Costa da Morte pola xestión profesional do bar cafetería da man do lexítimo concesionario dende hai máis de un ano, polas multitudinarias sesións de bailes aos sons dos mellores grupos de música, polos pinchos e ágapes de balde para socios e acompañantes e sobre todo, polo bo ambiente, de amistade e camaradería, entre a gran irmandade da masa social do CNC.

Os okupas e o seu conglomerado político-pufista-plaxiador-ultradereitista quedarán tan só como un mal recordo do pasado e a traves dun impresionante programa de actuacións este venres recomenza a reinauguración do Club Náutico de Camariñas. Unha data para pasar á historia do CNC a do vindeiro 1 de febreiro de 2013, aquela na que os socios retomarán a posesión física dos seus dominios e que virá marcada pola apertura ao gran publico camariñán do Bar Cafetería da man de Marcos Tajes, un profesional hosteleiro de primeira línea que ofrecerá pinchos e unha segunda consumición gratis a todos aqueles que se acerquen polo local que agora dou en querer pechar a Súa Maxestade Ilustrísima Señor Embaixador na República dos Alpes Austríacos. Para o día seguinte, tras esta importante baixada do telón, o sábado 2 de xaneiro e xa para os socios e os seus acompañantes está previsto un suculento ágape de pinchos, bebidas e racións variadas e unha actuación musical ao ritmo do Grupo Los Helvéticos, que non (gracias a Deus) Los Austríacos.

Renacido das cinzas ás que uns okupas desvergonzados quixeron reducilo, acostumadas as súas instalacións a soidades insondables durante o derradeiro ano, este 1 de febreiro de 2013 arranca a reinauguración da máis importante institución náutica da Costa da Morte. Como un ave fénix, resurxe e faino por todo o alto, cunhas enchentas masivas que farán as delicias de socios e non socios. O Club Náutico xa está de volta.

O sono está cumprido, os socios poden volver ao seu CNC da alma

Engadir un comentario