Logo de que escasos días atrás se confirmara a presenza de Dolores Cortés e Julia de la Cal na vindeira Mostra do Encaixe de Camariñas (do 8 ao 12 de Outubro nesta ocasión) onte sumáronse dúas personalidades de grande importancia dentro do mundo da alta costura e a artesanía como son Edith del Valle e Charo López.

No caso da deseñadora compostelá, Edith del Valle, esta será a súa terceira participación no evento do encaixe e desta volta farao cunha colección  na que “o fío condutor será a posta en valor de todas as partes que conforman a personalidade de cada individuo”. Así, baixo o nome de “Made of pieces” (feito de pezas) a deseñadora compostelá busca unha representación holística da vida para acadar “a satisfacción plena cando podes apertar a todas as partes da túa persoa” admite.

A presenza de Edith del Valle na trixésima edición da Mostra do Encaixe chega nun momento no que “apostar polo Encaixe en particular e pola artesanía en xeral é moi fundamental”, apunta, “nun enclave dixital, non podemos deixar de crer e apoiar máis ca nunca a un modo de entender a vida como o que habita en cada unha das pezas elaboradas cos palillos”.

Edith_1_MOD.jpg

 

No caso de Charo López a súa presenza atoparase na sección ArtEncaixe, o desfile no que a artesanía será a protagonista, sendo esta a súa primeira participación en solitario (tres veces estivera na Mostra do Encaixe en compañía de Edith del Valle e Amaya Fernández).

 “O Encaixe é un produto moi versátil, co que se pode xogar para chegar a resultados como os que poderedes neste primeiro ArtEncaixe” afirmou Charo López admitíu sentir “moita ilusión” por acudir a Camariñas nunha edición “especial en todos os sentidos”.

 

Charo_López_1.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.