Eran pouco máis das 13:00 horas deste histórico mércores 9 de xaneiro de 2013 cando un pesadelo de 364 días chegaba ao seu fin cando despois de case un ano de okupación ilegal os socios do Club Náutico de Camariñas recuperaban as posesións da súa pertenza. A esa hora o seu Presidente introducía unha sinxela chave nunha allada pechadura e daba comenzo a difícil, costosa pero ilusionante reconstrucción do Club Náutico. Previamente, a delegación da Xunta Directiva viaxara ata os Xulgados de Corcubión para recuperar de man xudicial as chaves entregadas á forza polos okupas o día anterior e previo paso pola Notaría de Vimianzo emprendían un camiño repleto de esperanza e ilusión. O camiño do restablecemento da legalidade tan desvergonzadamente vulnerada.
Eran exactamente as 13:15 cando ca Notaria de Vimianzo ao seu carón o Presidente do CNC, Alberto de Artaza Varasa, abría unhas portas pechadas para a inmensa maioría de socios dende o momento en que os responsables de VIPROGA SL botábanse ao monte e daban comenzo a okupación ilegal máis escandalosa da historia da Costa da Morte. Acompañábano neste feliz trance tres directivos dos que fixeron frente á Liga das Sombras nos días escuros, nas xornadas de plomo: María Luz Campaña Blanco, Manuel Ángel García Insua e Ignacio Martínez Mañas. A súa primeira acción era a de abrir raudamente portas e ventanas para que un soplo de aire fresco barrera os hedores acumulados despois dun ano de secuestro ilegal. En principio, un local que parecía atoparse nun estado aceptable nembargantes segundo as testemuñas presentes tras unha inspección ocular un pouco máis exhaustiva revelaba profundas capas de graxa hacinadas masivamente en chans, paredes e ventanas.
Ao abrir as portas do Salon de Actos un profundo cheiro a tabaco golpeaba as facianas daqueles que non se amilanaron e fixeron frente ao golpe de man que pretendío facerse polas bravas ca institución náutica decana da Costa da Morte. Entón dou comenzo ao reconto dos útiles náuticos presentes nas instalacións neste histórico día. Con consternación pero sin demasiada sorpresa a acta levantada pola Notaria vimiancesa recollía a ausencia dunha freidora industrial, dun altavoz e un botellero que se debería atopar dentro da barra para manter o viño na temperatura adecuada (especialmente sintomático esto último). Posteriormente, os responsables dunha empresa de aluminios e outra de carpintería procedían ao cambio dos fechos das distintas portas, labor ésta que se preveía continuara ao longo da tarde do mércores. Non fora ser que tal e como aconteceu na xornada do esperpéntico e macarrónico luns 19 de novembro de 2012 os okupas cambiaran de idea e tras desaloxar as instalacións voltaran a apoderarse das mesmas (okupas fóra-okupas dentro). Eran sobre as 15:00 horas cando remataba esta primeira incursión da Xunta Directiva no local recuperado a cal se retomaría á tardiña.
Os vindeiros pasos a dar serán a primeira reunión da Directiva nas oficinas do Club en meses: cáseque un ano alonxados das mesmas, unha reunión sen paredes que escoiten, sen presións, sen intimidacións, sen ataques físicos, sen irrupcións violentas para tratar de sustraer documentación por parte da mui reducida minoría violenta e radical que tentou asaltar a sangue e fogo o CNC. Tamén está previsto o inmediato adecentamento das instalacións mediante unha limpeza a fondo por parte dunha empresa contratada ao efecto para que éstas se atopen nun estado de mínima dignidade ca que ser entregadas ao lexítimo concesionario do Bar-Restaurante D. Marcos Tajes Martínez, o cal se as cousas non se torcen estaría en condicións de reabrir a concesión ao gran público náutico na segunda quincena do presente mes de xaneiro. Unha reinauguración que promete festexarse por todo o alto nunha xornada chamada a quedar enmarcada nos anales náutico-festeiros.
O final de pesadelo chegou por fin. Días felices, de festa e ilusión, de compañeirismo e irmandade entre a práctica totalidade da masa náutica, están por chegar. A Xunta Directiva baraxa xa un amplio abanico de actividades e festexos para recompensar aos socios polo ano perdido por mor dunha bochornosa okupación ilegal, pesadelo ao que só os tribunais de xustiza deron o seu xusto final. Cos okupas alonxados a perpetuidade das instalacións náuticas, co seu querido papá expulsado de forma humillante e definitiva da súa condición de socio, a apertura dunha sinxela porta no mediodía deste 9 de xaneiro de 2013 simbolizaba a chegada dos novos tempos, a reinstauración da legalidade, a reconquista polos socios das instalacións da súa propiedade. E supoñía o fin definitivo do sono sucesorio da suposta empresa de hostelería VIPROGA SL, digna sucesora en tódolos frentes xurídicos e económicos de VIPROGA SA, a empresa propietaria da ex concesionaria cuios responsables (papás e mamás incluidos) sumiron ao Club Náutico de Camariñas no maior pesadelo dos seus vinte anos de historia. O punto e final das ambicións dunha familia chegada a Camariñas dende Santiago como derradeiro refuxio, estación terminal, que creron o CNC da súa propiedade. Un furado negro que agora pasa a formar parte do pasado, para os esperanzadores días que están por chegar tan só queda adoptar as medidas pertinentes que eviten a repetición dos vergonzantes episodios vividos durante o infausto e maléfico 2012. Nunca máis unha okupación ilegal no CNC.
Comentarios
Despues de esta noticia yo creo que España va a salir de la Crisis!!! Bueno no sera tan facil pero para mi despues de que estos hijos de la gran bosta Mekaonsu.... la crisis ya es menos.
Solo faltaba que cojiera su mierda de cañonero con las ruedas pinchadas y se despeñase con toda la familia por Peñafreu abaixo MEKAJONATOS!!! Xentuza mas odiosa diox!!! Psuuuu ( Escupolles na cara Mekajonakona ).
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.