No que constitúe unha nova exclusiva, Camarinas.eu está en condicións de adiantar aos seus lectores o texto íntegro da resolución xudicial que enterra definitivamente as esperanzas sucesorias de VIPROGA SL. Trátase da sentencia 520/12, dictada pola Audiencia Provincial da Coruña na mesma e histórica data na que a Xunta de Galicia aprobaba definitivamente o PXOM camariñán, o 26 de decembro de 2012, e na que desestima total e absolutamente o recurso de apelación interposto pola empresa propiedade de Úrsula Rego Sternat contra a Sentencia 00061/2012, dictada o 29/05/2012 polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, que decretaba o desahucio da mencionada empresa das instalacións okupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas.
O novo descalabro xudicial dos ex-concesionarios do CNC viña desta volta da Sección 4ª Civil Mercantil da Audiencia Provincial, composta por un tridente xudicial de recoñecido prestixio e competencia integrado polos maxistrados José Luis Seoane Spiegelberg, Carlos Fuentes Candelas e Ana Díaz Martínez. Quedara en suspenso a execución do lanzamento xudicial previsto para o 20 de novembro polo Xulgado de Corcubión á espera da resolución do fondo do asunto contida no antedito recurso de apelación, pois ben, á vista dun texto xudicial tan contundente que no seu desenrolo chega ata a concluir que "que el mencionado recurso debió ser inadmitido", agora a expulsión fulminante de Viproga SL das instalacións okupadas non debería facerse esperar.
Nun texto escueto, de non moita extensión (apenas cinco follas), o mencionado Tribunal aparte de arroxar algunha que outra sombra de dúbida, acaba concluindo de forma demoledora e contundente que "Desestimamos el recurso de apelación interpuesto por “Viproga Servicios, S.L” contra la sentencia dictada con fecha 29 de mayo de 2012 por el Juzgado de Primera Instancia e Instrucción nº 2 de Corcubión, que confirmamos íntegramente, imponiendo las costas de esta alzada a la apelante".Por si a expresa imposición das costas non fora suficiente, a sentencia propina ás depauperadas arcas da filla pródiga de quen fui no seu momento Viproga SA un novo sopapo pecuniario:"Decretamos la pérdida del depósito constituido para recurrir, en los términos en que lo prevén las disposiciones legales aplicables". Todo elo a maiores de voltar nunha sede xudicial distinta da pronunciada na primeira instancia, a convalidarse absolutamente a Asamblea extraordinaria de socios celebrada o 17/12/2012 que repudiaba de xeito masivo a xestión desenrolada pola empresa de Úrsula Rego e a expulsaba de forma clamorosa das súas instalacións, no que constituía un pronunciamento societario inédito na historia do Club Náutico camariñán.
Así pois, despois de avatares xudiciais diversos, todos e cada un deles saldados cunha abrumadora derrota e un ridículo escandaloso para Viproga SL e o seu entorno, o desvergonzado asunto da okupación ilegal máis escandalosa que viron os séculos na Costa da Morte debería encamiñarse cara o seu xusto final, todo elo en beneficio da institución náutica decana desta Franxa Atlántica e, sobre todo, da economía do concello, para o cal un CNC sano e forte, cun bar restaurante xestionado de forma profesional e conforme a parámetros de explotación económica e non política, ten unha repercusión nada desdeñable no ámbito hosteleiro municipal. Acostumados a un calvario de apelacións, recursos, oposicións e dilacións interesadas que sempre apuntaban a un manterse a toda costa nas instalacións okupadas e a retrasar o que sabían inevitable, neste punto probablemente non deberían descartarse novos retrasos derivados dunha mala fe evidente . É por elo que tal e como esixen a práctica totalidade dos socios, unha vez desahuciados os okupas emprenda a Xunta Directiva as accións legais pertinentes para reclamar a ex concesionaria as inxentes perdas económicas e de imaxe para a que sempre foi unha institución exemplar no ámbito náutico galego e resarcirse deste xeito duns danos inconmensurables. Estes foron os efectos colaterais dunha guerra que a Xunta Directiva sempre pretendío evitar, sabendo que ao fin e ao cabo acabaría por acadar unha pírrica victoria, pero que ante a política dos feitos consumados, das okupacións ilegais perpetradas, pouco puido opoñer salvo a senda xudicial, vía na que resultou vencedora unha e outra vez de xeito demoledor.
Pero sobre todo esta nova resolucion xudicial ven a refrendar as posturas mantidas polos dous ámbitos camariñáns que evitaron de xeito firme e imperturbable a acometida furiosa que pretendía adueñarse do Club Náutico pola vía dos feitos violentos: aqueles que no seo da Xunta Directiva dende o primeiro momento e sin un só resquicio de dúbida nin vacilación se opuxeron de modo categórico e rotundo ao golpe de man en curso e, pola parte que nos toca, Camarinas.eu. En cinco anos e medio de andaina xornalítica continuada dúas foron as grandes causas defendidas por esta redacción, todo elo no medio das paixóns desatadas por un ruido e unha furia estruendosos. Dúas causas nas que en ningún momento nos guiamos por intereses políticos nin ambicións persoais nin muito menos por recompensas económicas nin siquera pola celebridade xornalística: foi a defensa da legalidade e da xustiza que críamos escandalosamente vulneradas o que guiou os nosos pasos entre o apoio e alento inquebrantable da maioría de Camariñas e o rexeite de mui menguadas minorías fanatizadas e con intereses espúreos en ambos casos. O primeiro, histórico en canto adhesión popular e trascendencia mediática fui o caso da defensa da Familia Lin, finalmente resolto, como non podía ser doutra maneira, de forma favorable en sede xudicial ca absolución de dous irmáns e ca amnistía gubernamental restante, xeito éste no que se acadaba a máis pura xustiza. O outro, que este 10 de xaneiro cumprirá un ano será o da defensa da restitución da legalidade no CNC, expolio que a grandes pasos se encamiña cara o seu xusto final co refrendo xudicial e social masivo da xestión levada a cabo pola Xunta Directiva da man de Camarinas.eu. A conciencia tranquila, a cabeza alta, o orgullo intacto, por defender aquelo no que un cre, por non verse obrigado a enganar aos teus propios lectores con alambicadas, esquizofrénicas e desquiciadas teorías. A verdade, a legalidade, a xustiza e o respeto ao público como principios vectores dunha forma de entender o xornalismo.
E así, polo propio ben do Club, o que era hai xusto un ano a asociación máis importante do concello, o único que realmente aquí importa por encima de egoísmos persoais, supervivencias familiares extremas ou ridículos xornalísticos históricos, esta resolución xudicial debería ser a fronteira última que marque o desahucio definitivo e tan ansiado de Viproga SL, aquela pequena empresa supostamente de hostelería que un día aciago vío cruzarse no seu camiño aos membros firmes, valientes e insobornables dunha Xunta Directiva e aos redactores de Camarinas.eu, os que estaban chamados a cantar en multitudinarias exclusivas os batacazos xudiciais sucesivos dunha Úrsula Rego Sternat que seguramente agora quererá voltar "a non saber nada de esto". Entre eles aquel que facía o quinto dos moitos que estaban por vir.
A Audiencia Provincial tumba o sono sucesorio de Úrsula Rego Sternat
Comentarios
lo digo como lo siento.aunque yo de leyes cada dia entiendo menos, y saber no se nada
También leo y entiendo las palabras de apoyo de Moncho hacia su amigo aunque no las comparta. Moncho, a tu amigo le harían falta muchos más compañeros como tu y lo que no necesitó nunca fue ese ser repugnante que a las primeras de cambio se le puso en contra salvajemente amenazándolo con descubrir sus trapos sucios.
¿Cuanto dinero le chupó este personaje a tu amigo? Y mira como se lo paga.
Finalmente decir que todos y cada uno de nosotros somos responsables de nuestros actos: responsabilidad política, responsabilidad jurídica, y la más importante de todas que es la responsabilidad como personas.
Saludos y enhorabuena a todos los socios del nautico.
FELIZ AÑO PARA TODOS, AMIGOS.
Una cosa es que utilices esa “ treta“ en beneficio propio para, por ejemplo, dilatar en el tiempo el desahucio, y otra, muy distinta, es porque entiendes de que no se observaron los procedimientos del caso, con las leyes con las que fuiste sentenciado.
De todas formas, el recurrente, siempre tendrá que valorar si le compensa acudir al Tribunal de Casación,cuando , en principio lo tiene muy difícil ( según esas dos sentencias ), máxime, si va a tener que afrontar unos gastos mucho más elevados que lo que le supusieron los dos anteriores.
SEGUNDO:que el dia 13 de diciembre 2008 es reunio la junta electoral para realizar la valoracion del proceso y los pasos a seguiren el desarrollo del periodo electoral
TERCERO:que a las 20 horas del dia 13/12/2008/conc luyo el plazopara presentar impugnaciones.C omo no las hubo,la candidatura presentada por Don Alberto Artaza se proclama elegida........ ..sigue
QUINTOque los estatutos que articulan la vida social del cluben su ANEXO I articulo Idisposiciones generales,en sus apartados segundo tercero y cuarto dicen:o Presidente e a sua Xunta Directiva seran elegidos mediante sufragio libre e segredo por entre os membros da asamblea Xeral Extraordinaria, cada 4 anos.o cargo do presidente e o de membro da xunta directiva e reelixible..... ......sigue
A partir do momento da convocatoria a Xunta directiva e o Presidente se constituiran en Xunta xestora.
Por todo lo expuestoy en consecuencia de la finalizacion de los cargos de presidente y junta directiva el dia 14/12/2012/ solicitan al sr Presidenteconvo car elecciones
acavades co el que nos deise en pas vai vo de jodernos,moi ven adiante
creo,que a cousa esta para acabar prontiño,teñamo s esa pouca paciencia que necesita a directiva,que esto está a finiquitar muy pronto,poñanse como se poñan os okupas ladrons,que non teñamos que alguns ter que ir tiralos o mar,que está muy cerquiña e non é dificil
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.