O barcos da antiga Cutty Sark recalaron no Club Náutico de Camariñas

A esas mesmas horas nas que non moi lonxe de alí os peliños do mostacho máis enchoupado de toda a Costa da Morte lecían a bo remollo, ata catro participantes da Tall Ships Race ou Regata de Grandes Veleiros (antiga Cutty Sark) recalaban nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas. Facíano cun perfil baixo, sen a debida recepción, sen grandes fastos, ao igual que o izado da primeira Bandeira Azul en toda a historia do concello, para non beneficiar aínda por enriba con logros alleos aos okupas que manteñen sekuestradas pola forza as instalacións dende hai xa sete meses (Sentencia 00061/2012 do Xulgado nº2 de Corcubión). Un logro éste da Bandeira Azul que houbo que silenciar porque á alta plana do PP de Camariñas se lle antoxou apoderarse polas bravas dunha das principais institucións privadas do ámbito náutico galego. Unha excepcional oportunidade de publicitar o noso concello como punto de excelencia turística perdida para sempre.

Elo acontecía nos días centrais do mes de agosto de 2012 cando seguindo a estela da Tall Ships Race un centenar de buques con esloras comprendidas entre os 20 e os 50 metros, máis de 4.000 regatistas procedentes dos máis diversos países, arribaban por sexta vez na historia da regata á cidade da Coruña. Despois de xestións diversas levadas a cabo pola Xunta Directiva do CNC conqueríose que algúns dos mesmos, aqueles que por calado así o permitise o porto camariñán, recalasen na nosa vila. O ambiente enrarecido, de anormalidade absoluta, debido ao brutal ataque perpetrado por esta mafia política que decidío apoderarse do Club Náutico a sangue e fogo, impedío concretar un maior número de visitantes. Aínda así, catro eran as embarcacións que recalaban nos pantaláns náuticos: o Ebb Tide, de tipo Sailing Ketch, cunha eslora de 23 metros e unha manga de 5,87, abandeirado nas Antillas Holandesas; o Maybe, de 85 toneladas, eslora 22m e manga de 6m, procedente do Reino Unido; o belga T/S Rupel, 23 metros de eslora e un peso de 36.000 kilogramos; e finalmente como acompañante o español Roncudo, un Hercules 38 cunha eslora de 11,5 metros. Unhas xornadas que deberían ser de festa e orgullo para tódolos camariñáns, de exaltación e reivindicación propias, cunhas en principio nada descartables expectativas económicas no ámbito turístico, pasaban baixo unha media luz informativa decretada pola labor destructiva e aniquiladora asentada como lei eterna do seu partido polos dous supervivientes sen oficio nen beneficio que dirixen en proveito propio dende hai máis de 10 anos os eternos fracasos do PP en Camariñas.

Unha vez retornada a normalidade, haberá que facer contas de canto supuxo en términos de retroceso cada día de okupación ilegal do CNC: cantos proxectos arruinados, o importe das inxentes perdas económicas, cantos anos perdidos. Todo elo perpetrado por aqueles que se supón están obrigados pola súa posición a uns comportamentos da maior responsabilidade, da máxima exemplaridade, aqueles que xuraron na súa toma de posesión respetar o ordenamento xurídico vixente. Curiosos son os paralelismos desta Camariñas dos nosos días co que acontece na Rusia actual de Vladimir Putin, un estado mafioso e dictatorial, no que cando así se lle antoxa ao seu Presidente éste rouba polas bravas unha empresa, mete na cárcel con calqueira excusa ao seu dono e aquí paz e despois gloria. E os demáis empresarios tesos mirando a xogada. Semellanzas curiosas sobre todo se temos en conta que Putin tivo as súas orixes no mundo da vixiancia e da protección (non galega, que a estas alturas ahí estaría o homiño ben pufeado e sin ver un peso, senón da KGB). Pois aquí, a falta de maiores expectativas, póñeselle o ollo a unha asociación privada de posibles e si a Directiva opta por non renovar o contrato comenzan unhas presións brutais (ameazas e chantaxes incluidas), se unha Asamblea de socios rexeita de forma abrumadora a túa continuidade, despréciase olímpicamente o resultado inapelable dunha votación democrática (esto, atención á gravidade do asunto, ¡os dous principais representantes dun partido político!), que recae unha abrumadora sentencia de desahucio que expoñe as túas vergonzas en público, pois nin caso e a celebrar menguadas churraskadas okupas, un novo ridículo espantoso no que non se chega nin a 40 comensais e semellante fracaso pese (máis ben gracias) á publicitación de estercoleiros cibernéticos habituais. ¿Son conscientes estos dous supervivientes navieros da gravidade dos feitos perpetrados ao longo deste último ano, xa dende antes da asamblea do 17 de decembro? ¿Acaso é que non intúen o máis mínimo a forma ca que pasarán á historia de Camariñas?

Con todo, queremos finalizar a redacción desta noticia endulzándoa dalgunha maneira, facéndoa máis grata nos recordos dos días de gloria pasados dos dous grandes protagonistas deste fracasado asalto ao CNC. Así, non podemos deixar de lembrar neste punto o nome co que era coñecida a Tall Ships Race nos vellos tempos: o de Cutty Sark, esa marca de Old Scotch Whiskey que seguramente tantas veces mollou os peliños do mostacho máis problemático da Costa da Morte, só ou on the rocks, como tanto lle gusta a él, baixaría lentamente, abrasador, pola gorxa: despois a lenguiña daría un par de sorbetadas limpiando os baixos do mostachiño enchoupado e relameríase con delectación ante o sabor inigualable do sagrado brebaxe caledonio. Mentras, sentado aos seus pes o gran palomo blanco (mellor, peito-palomo-blanco), cumprindo con fervor as súas labores bufonescas, ríe as gracias do máis grande magnate da seguridade de tódolos tempos e si pode no río revolto provocado polos vapores escoceses lle endilga ao seu amo e señor un novo sablazo co que manterse uns meses e seguir desfrutando dunha existencia allea ao traballo (que así se vive mellor). Ah, eran os bos tempos, os días das vacas gordas, cando había cartos para os vicios de un e para os timos do outro... Días de gloria.

Comentarios   

alabanospeliños.com
+1 # RE: A Tall Ships Race en Camariñasalabanospeliños.com 31/08/2012 13:57
ah mamaa¡¡¡disqe cortou os peliños do vijote¡¡¡ alabamosssss!!
Responder | Denunciar ante o administrador
rafamora
+1 # PP ajachadorafamora 31/08/2012 14:42
diske os dous mandamass do pp daqui andan mas ajachados que nunca. un por medo a que o deteñan pola calle polos pufos q debe e outro xp vive nun mundo paralelo apartado da lus solar
Responder | Denunciar ante o administrador
un de eiquí
0 # RE: A Tall Ships Race en Camariñasun de eiquí 31/08/2012 14:48
supongo que en esta próxima campaña electoral no vendrán nuestros representantes del PP de Galicia a camariñas y menos al club nautico ¿verdad señores del pp de camariñas? y como votante del pp que soy estoy muy disgutado con mi representación en Camariñas :-x
Responder | Denunciar ante o administrador
AJAB
0 # RE: A Tall Ships Race en CamariñasAJAB 05/09/2012 17:28
es verdaderamente increible lo que esta pasando en camariñas con estos representantes del PP. Pero es que no tienen verguenza? ¿y sus superiores a que esperan para actuar con esta mafia? es repugnante saber que has votado a esta gente que lo úunico que busca es el interés personal. Nunca mais me engañaran estos pajaros.no votareé al pp
Responder | Denunciar ante o administrador