A Xunta Directiva do CNC, obrigada expresión maioritaria do sentir do socio náuticoDespois da consecución para Camariñas da primeira Bandeira Azul da súa historia, non quedan ahí os logros da actual Xunta Directiva do CNC e así en nova carta remitida aos socios infórmase de que as negociacións para que no mes de agosto recalen no porto camariñán algúns dos veleiros participantes na Regata de Grandes Esloras LONGS SHIPS RACE (antiga regata CUTTY SARK) atópanse moi avanzadas con todo o que elo pode traer aparellado en termos de imaxe así como económicos para o noso concello. Asemesmo dase conta de que o desahucio definitivo dos okupas que teñen secuestradas pola forza as instalacións, despois dos demoledores pronunciamentos xudiciais recentes, atópase xa na súa fase terminal. Nembargantes habituados á mala fe e malas artes, xogo sucio, dos antigos concesionarios lamentablemente advírtese sobre o probable intento destes últimos de dilatar de tódalas maneiras o retorno á normalidade tan ansiada pola práctica totalidade dos socios náuticos. Importante e duro comunicado para manter informada aos que sempre serán os únicos e auténticos propietarios do CNC. Por outra parte, rescatamos en Camarinas.eu un artigo aparecido recentemente na web www.cncamarinas.com na que se fai un interesante e puntual repaso á técnica de Golpe de Estado ca que se intentou subvertir a legalidade e tomar o poder na institución náutica decana da Costa da Morte por unha xauría desquiciada, violenta e radical, intento desbaratado á fin e á postre pola postura firme e maioritaria dos socios á que dou forma o actuar responsable da Xunta Directiva. Se non fora pola coñecida e pública inanición intelectual do okupanáuticos profesional, da súa moi menguada cuadrilla chiquitera e borracheril e da dirección do urinario cibérnetico habitual un ata podería pensar que leron no seu momento "Técnica del Golpe de Estado", obra do (fascista no seus inicios) escritor italiano Curzio Malaparte...

Comentarios   

rula
+2 # panderetarula 29/06/2012 20:19
Creo que os socios están desexando porder tocar a PANDERETA para celebrar o lanzamiento. Ánimo que xa falta menos!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
CABALIÑO DO DEMO
+1 # ALASTIMA!!!!CABALIÑO DO DEMO 30/06/2012 10:23
Mi madriña, non pode acabar dunha ves a puta pesadilla do OKUPEO?
Haber si se piran ben lexos e dexannos volver a visitar o Nautico Leñes!!!
O que meresia esta xentiña era un bo par de xxxxxxx ben dadas!!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador