Camarinas.eu procede a publicar tódalas claves dunha sentencia históricaAcompañada de Daniel Rego González, Presidente do PP de Camariñas e actual líder da oposición municipal, da esposa dun coñecido socio opositor, dunha antiga empregada e do anterior Comodoro do Club Náutico, Úrsula Rego Sternat presentábase na mañán do 16 de maio de 2012 no Xulgado de Corcubión. Facíao para facer frente a unha demanda xudicial interposta polo Club Náutico de Camariñas por uns feitos inéditos ata entón na historia do Xulgado: a ocupación sen título xurídico válido algún por parte de Viproga SL dunhas instalacións alleas, esto é, unha ocupación ilegal en toda regra co seu posible corolario de vergonzoso e humillante desahucio xudicial.

O horario sinalado para o recibimento do xuizo verbal son as 11:00 da mañán. Entre o público tan só os antes sinalados. Por parte do CNC comparece o seu Presidente e a representante legal dunha institución que en dúas semanas recibirá por vez primeira unha Bandeira Azul. Nun solitario banco de madeira, Daniel Rego comenza a frotar nerviosamente as mans, unhas mans que en tempos manexaron tantos cartos, agora asiduas protagonistas de tan tristes escenarios. E así, nun ambiente de tensión contida, a avogada da demandada comenza a esgrimir os títulos xurídicos que traten de impedir que a súa representada entre como pionera na historia negra da Costa da Morte.

Estos básicamente redúcense a unha única causa que en principio preséntase dunha consistencia máis ben endeble: a promesa (verbal, que se lle vai facer) do Presidente do CNC de prórroga do contrato. Reforzan a súa argumentación tratando de darlle a volta ao derradeiro burofax remitido pola Xunta Directiva do CNC no que se lles advertía que de non abandoar as instalacións se procedería a solicitar o desahucio xudicial sin que esto obstase a que se esixiran as cantidades correspondentes polo tempo durante o que as instalacións estiveron ocupadas ilegalmente. Que entremedias houbera unha asamblea de socios que vapuleara as pretensóns náuticas da familia Rego, eso non parece importarlles: trataríase dunha asamblea ilegal que xa se atopa recurrida por 50 socios. Ademáis un Presidente sempre é un Presidente e á asamblea que lle vaian dando...

Frente a elo o CNC solicita o desahucio de quen dende hai catro meses e seis días se atopa ocupando ilegalmente as súas instalacións basándose na resolución dun contrato que non contempla a prórroga do mesmo, así como nos reiterados burofaxes remitidos aos antigos concesionarios nos que en cumprimento do sentir maioritario do socio náutico expresado en asamblea se lles comunica expresa e taxantemente a decisión de non renovación do servizo de bar cafetería do CNC.

Con esta presentación, en base aos mencionados antecedentes, dictouse unha sentencia co desenlace máis demoledor, por momentos ata cruel, que se recorde. Poucas veces unhas pretensións, unha actitude, unhas xustificacións foron devastadas máis ferozmente, de forma máis contundente, por un pronunciamento xudicial máis sólidamente construido e tan impecablemente argumentado. Un sentencia, exemplar e didáctica, que non deixa títere con cabeza.

Así, xa no punto 3ª da Sentencia 00061/2012, dictada en data 29/05/2012, o Xuiz D. Alberto Lago Louro comenza a desbaratar as alegacións de Úrsula Rego: "Si aplicamos dicho régimen legal al caso de autos, a la vista de la prueba practicada, no podemos decir que la pretendida prórroga se hubiere producido". Non só non estaba prevista no contrato senón que nin siquera se pode acudir a unha prórroga tácita xa que "sería necesario que el arrendatario continuase al menos quince días en el uso del local con el consentimiento del arrendador y, desde luego, no puede decirse que en este caso hubiera tal aquiescencia pues consta en autos que por parte de la actora se hicieron a la demandada hasta dos requerimientos fehacientes conminándole a que abandonase el local a la fecha de vencimiento del contrato (10 de enero de 2012); e incluso un requerimiento notarial en idéntico sentido e igual de infructuoso que los anteriores, en fecha 16 de enero de 2012". Ao abeiro do anterior, a sentencia estaría corroborando a máis que acertada e impecable tramitación xurídica do proceso levada a cabo pola Xunta Directiva. En efecto, como tan ben se dixo, ata tres licenciados en Dereito formaban parte da mesma.

Polo que respecta á presunta prórroga tácita basada nunha hipotética promesa verbal do Presidente do CNC, proba basada nas testemuñas dunha antiga empregada residente no Muiño do Vento e do que foi o anterior Comodoro, a sentencia continúa a devastar uns plantexamentos que a estas alturas parecen risibles. Entre outras razóns porque "si ello fuere así (a promesa verbal) bastaría con proponer como prueba por parte de la demandada el interrogatorio de parte para que el Presidente del Club, en el acto del juicio, pudiere avalar con su testimonio las expresiones verbales que se le atribuyen por boca de terceros, sin embargo esta prueba no ha sido propuesta, lo que merma considerablemente la calidad probatoria de esos dos testimonios". Despois de deixar por mentirosos aos dous anteriores, prosegue: "la prueba documental obrante en autos desmiente de forma tajante que tal acuerdo de voluntades en orden a prorrogar el contrato existiere. Basta recordar los sucesivos requerimientos remitidos a la demandada conminándole a que abandonase el local una vez expirado el plazo anual pactado".

E finalmente fai entrada en escea de forma brutal a Asamblea Extraordinaria do 17 de decembro, aquela que acordou abrumadoramente non prorrogar a concesión a Viproga SL por un ano máis. Neste punto a sentencia lexitima absolutamente dita asamblea e lembra que segundo os Estatutos do CNC constitúe “el órgano supremo de gobierno del Club”. Así, comenza decindo que "el pasado 17 de diciembre de 2011 tuvo lugar una Junta General Extraordinaria de socios en que, con el respaldo del voto mayoritario de los mismos, se acordó dar por finalizada la relación contractual arrendaticia que vinculaba al Club con la entidad demandada. Por tanto, desde el momento en que existe un acuerdo adoptado mayoritariamente por la Asamblea General de Socios en que se decide poner fin al arriendo una vez expirado el plazo, no puede pretenderse la existencia de tal prórroga basándose en exclusiva en una supuesta promesa o compromiso previamente adquirido por el Presidente del Club o en el modo de actuar de éste o de su Junta Directiva con ocasión de prórrogas anteriores con otros arrendatarios". Respecto a que tal asamblea sexa inválida, o varapalo non pode ser máis contundente: "En fin, no puede menoscabarse tal conclusión arguyendo ahora que dicho acuerdo ha sido impugnado por el 10% de los socios, primero, porque no es cierto, pues la documental que se aporta por la demandada para acreditar tal extremo no consiste en una demanda judicial tendente a invalidar tal Acuerdo sino una simple petición de jurisdicción voluntaria para que se obligue al actual Presidente del Club a que convoque nueva Junta General Extraordinaria con vistas a elegir nuevo Presidente y Junta Directiva, lo que es sustancialmente distinto. En fin, tal Acuerdo ni se ha impugnado ni, aunque así fuere, le priva de eficacia en tanto y cuanto no exista un pronunciamiento judicial, previo proceso contradictorio, que así lo declare".

Respecto á esta Asamblea Extraordinaria lexitimada tan contundentemente pola sentencia do xuiz D. Andrés Lago Louro, cómpre lembrar o que www.diariocamarinan.com publicaba o propio 17 de decembro de 2011: "Elementos ''perturbadores'' dentro da Xunta Directiva do Club Náutico, consiguen impoñer a súa venganza persoal de forma momentánea. O Presidente e varios membros da Xunta Directiva, podían (será 'poderían') presentar a dimisión de forma inmediata". Non parece estar moi conforme ca validez xurídica da decisión dos socios: "foron os ''votos delegados'' os que unha vez máis consiguen traer a polémica a unhas votacións do Club Náutico Camariñas". Todo elo culpa duns elementos pertubadores que xa se sabe "deixan a sociedade do Club Náutico Camariñas prácticamente a deriva e con graves asuntos a resolver nas vindeiras semanas". Como xornalista de análise e investigación as prediccións do que estaba por vir non poden ser máis acertadas: "Polo de pronto, o día 10 de xaneiro termina o contrato cos actuais concesionarios e por tanto será imposible antes desa data ter arranxado a nova convocatoria de concesión".Non acaban ahí os acertados augurios: "ademáis, o Presidente e varios membros da Xunta Directiva confirmaron que dimitirían de forma inmediata para convocar eleccións, feito que se traduciría en que non se podería levar a cabo a convocatoria da concesión do Bar ata polo menos o mes de febreiro". Sobran os comentarios.

Nembargantes onde máis impacta a sentencia 00061/2012 é ao tratar precisamente da máis ridícula das razóns esgrimidas pola defensa de Úrsula Rego, a de entender prorrogado o contrato polo feito de que a Directiva lembrase aos ocupantes non desexados a súa obriga de seguir pagando a renta pactada en tanto en canto non abandoasen o local: "Faltaría más, lo ilógico sería lo contrario. Es decir, no solo se pretende ocupar el local una vez vencido el contrato sino que además se pretende hacerlo de forma gratuita sin pagar la renta pactada, lo que nos conduce al precario que, en puridad, es la situación en la que se halla actualmente la demandada ocupando el local. Tal situación deviene insostenible jurídicamente. Lo que consta en autos es una misiva de fecha 7 de marzo de 2012, esto es, casi dos meses después de expirado el contrato, en que, dada la negativa de la arrendataria a abandonar voluntariamente el local pese a los requerimientos efectuados, la Junta Directiva del Club, a través de su Presidente, le anuncian su intención de interponer demanda de desahucio y le conminan una vez más a que desaloje voluntariamente el local, recordándole que, de no hacerlo así, y pese al vencimiento del contrato, deberá abonar las rentas correspondientes al tiempo en que estuviere ocupando el local sin título alguno que la legitime para ello". Todo elo para concluir a súa exposición a sentencia neste punto cun pronunciamento insólito, de tintes crueis, dentro dunha lóxica impecable: "Deducir de esta misiva una presunta voluntad del Club de prorrogar tácitamente el contrato es, simple y llanamente, confundir la realidad con el deseo".

Unha vez deducido o anterior, a conclusión non pode ser máis obvia: "En definitiva, no existe prórroga alguna, expresa o tácita, bilateralmente pactada, sino una unilateral voluntad del que fue arrendatario por imponer a la otra parte una relación contractual que ya no existe por haber expirado el plazo pactado de vigencia. No existe pues título alguno que legitime a la entidad demandada para seguir en la posesión del local arrendado, por lo que la demanda ha de ser totalmente estimada". Chega o pronunciamento xudicial ao extremo de concluir sobre a imposición de costas que "se impondrán a la parte que haya visto rechazadas todas sus pretensiones, salvo que el tribunal aprecie, y así lo razone, que el caso presentaba serias dudas de hecho o de derecho, lo cual no ocurre en el supuesto de autos". En efecto, poucas veces unhas pretensións estarán tan deslexitimadas, amparadas únicamente polo uso da forza, polo que en virtude do anterior, en sentencia exemplar dende un punto de vista xurídico, falla o Xulgado:
ESTIMANDO totalmente la demanda interpuesta por el CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS frente a VIPROGA SERVICIOS S.L., debo declarar y declaro resuelto el contrato de arrendamiento que vinculaba a las partes y por tanto, haber lugar al desahucio, apercibiendo a la demandada de que si no desalojara la finca arrendada antes del próximo día 11 de junio de 2012 a las 10:00 horas, se procederá a su lanzamiento. Todo ello con expresa imposición de costas a la parte demandada".

Ante un pronunciamento xudicial tan claro, tan diáfano no seu plantexamento, tan devastador nas súas conclusións, tan deslixitimador dende un punto de vista ético, alongar o proceso de ocupación ilegal do CNC mediante recursos e apelacións volve a ser unha proba da mala fe evidente que anima a quen veu demolidos tan escandalosamente os seus argumentos e as súas actitudes, elo supoñe seguir alonxando a centos de socios das instalacións que lles pertenzen, diferir a agonía que actualmente está a vivir unha institución que sobrepoñéndose ao obstáculo de verse privada das súas instalacións foi quen de conquerir para Camariñas nun esforzo cáseque sobrehumano a primeira Bandeira Azul da súa historia. Porque si algo significou a sentencia 00061/2012 no proceso de Golpe de Estado no CNC emprendido hai xusto 6 meses foi establecer un punto de non retorno, un feito sen volta atrás que significará a expulsión humillante e vergonzosa, diante de todo un pobo abraiado por uns sucesos sen paragón en sitio algún, de Úrsula Rego Sternat, no que foi para ela unha nova debacle xudicial. A segunda das moitas que estaban por vir.

TEXTO COMPLETO DUNHA SENTENCIA HISTÓRICA

Comentarios   

kinos
+3 # RE: Humillante Sentencia de Desahucio Xudicialkinos 20/06/2012 09:38
Noraboa por esta sentencia favorable o CNC,xusta na miña opinion e que nunca deberia haber acontecido!!
Responder | Denunciar ante o administrador
un de eiquí
+2 # RE: Humillante Sentencia de Desahucioun de eiquí 31/08/2012 15:55
por dios que un politico ocupe las instalaciones de una asociación como el club nautico de camarinas es ineçdito en toda la historia de galicia. ?a que espera el pp provincial para actuar y echar a estos energumenos q se aprovechan de su posicion politica para beneficio personal?
Responder | Denunciar ante o administrador
unmais
+3 # RE: Humillante Sentencia de Desahuciounmais 21/09/2012 00:52
Esto e increible fan o que lle sale do car...... (De tal pao tal astilla)
Responder | Denunciar ante o administrador
Votante del PP
+1 # RE: Humillante Sentencia de DesahucioVotante del PP 21/09/2012 09:19
Que verguenza para nuestro Partido Popular dios mio. No había visto yo esta noticia¡que escándalo! Es inaudito que la dirección provincial no cortara este asunto antes.Ahora con las elecciones a la vuelta de la esquina tenemos un grave problema con estos personajes ocupando el Nautico por la fuerza.Señores responsables del PP de Galicia,los votantes de Camariñas estamos hasta el gorro de esta gentuza. ¡No me lo puedo creer¡
Responder | Denunciar ante o administrador