Ignacio Martínez Mañas, obxecto da denuncia posiblemente máis surrealista da historiaNa mesma semana na que todo un líder político da Vila dos Encaixes pouco a menos que a tombo libre era inmovilizado pola Guardia Civil á altura de Baíñas, véndose obrigado a ser recollido por familiares para ser guiado ata o leito no que durmir a habitual e impresionante mona, Camarinas.eu tiña acceso a un documento chamado a facer historia nos anales da infamia. Estamos a falar da declaración do actual Comodoro do Club Náutico de Camariñas, Ignacio Martínez Mañas, na que este respondía á interposición da enésima denuncia por parte dos actuais recordmans mundiais nesta arte, que a este paso acabarán por colapsar os diferentes rexistros administrativos da Costa da Morte, provocando un xenocidio de morte por agotamento entre o funcionariado público. Todo elo independentemente de que despois nin unha soa destas denuncias se abra o máis mínimo paso. Porque denuncias, dende que o Golpe de Estado no CNC tomara forma xa as vimos de tódalas formas e cores: no Concello, denunciando edificacións en Brañas Verdes (que despois se quixeron retirar cando xa era tarde); no Xulgado de Corcubión por secuestro, intimidación e todo o que faga falta; no Cuartel da Guardia Civil, denunciando a comerciantes membros da Asociación de Empresarios, sen que esta abrise a boca, así como a membros da actual Directiva supoñemos que por entrar nas instalacións sen o consentimento das Súas Señorías Os Okupas Náuticos; en Portos de Galicia, acusando falsamente ao CNC  de irregularidades na xestión dos amarres...

Eran sobre as 17:00 horas do luns 19 de marzo cando Ignacio Martínez Mañas, presentábase despois de máis de dous meses de exilio forzoso na Cafetería okupada do CNC. Acudía para retirar as prendas de roupa náutica instaladas á venta e que dende o 10 de xaneiro de 2012, día en que os antigos concesionarios debían abandoar o local por mandato abrumador da asamblea de socios, estaban fóra de todo control. Máis aínda cando a Semana Santa e a Mostra do Encaixe xa se acercan y vaya usted a saber lo que puede pasar. Ignacio, veciño de toda a vida do emblemático barrio coruñés de Santa Margarita, afincado dende hai uns anos en Camariñas, entra no local e de forma educada faille saber ao responsable da desolada cafetería que procederá a retirar a roupa náutica propiedade do Club. Dende o fondo dun local tan solitario que por momentos parece instalado no centro do Deserto do Sahara o citado responsable responde que lle deberá firmar un recibo ca mercancía que se retira, sen embargo perde todo interés polos recibos cando Ignacio, home de mundo, contesta que firmará o que sexa sempre e cando se llle entregue a el outro xustificante similar acerca de toda a roupa que había na Cafetería o triste día en que esta pasou ao status xurídico de ocupación ilegal. Trasladada á mercancía ás oficinas do CNC, Ignacio nun xesto que fala ben ás claras do espíritu caritativo e piadoso do actual Comodoro entra de novo nas instalacións okupadas e pide unha Coca Cola, detalle heroico sobre todo se temos en conta que estamos a falar posiblemente da única venta do local en todo o día.

Será despois cando os okupas denuncien no cuartel da Guardia Civil a un individuo alto, sospeitoso, absolutamente descoñecido para eles, de amplio bigote e non sabemos tamén se vestido cun sombrero charro para ter xa a perfecta imaxe dun bandido mexicano sembrando o caos e a destrucción polos negocios de Camariñas. Esta era descripción da persoa contra quen se interpoñía unha nova denuncia, sen saber moi ben os motivos desta, supoñemos que tan só por entrar no CNC, así que xa saben os incautos que se sigan acercando polas instalacións okupadas: o día menos pensado, cáelle unha denuncia no lombo. Sen embargo, a desvergonza e caradura dos golpistas náuticos chega á cima do noxo cando, como é ben sabido, Ignacio Martínez Mañas durante un longo período da súa vida mantivo unhas relacións cuasifamiliares cos mesmos.

E así pasan os días, obrigados a convivir ante o silencio cómplice do resto de medios de comunicación cun dos maiores escándalos da historia da Costa da Morte, unha ocupación ilegal na que se mezcla a política, as ameazas, as intimidacións e os intentos de agresión, que xa se levou por diante ao ex Secretario Xeral do PP en Camariñas por negarse (por puro medo) a seguir colaborando cos golpistas náuticos, mentras centos de socios seguen sen poder acceder ás instalacións okupadas pola proxenie dun político habitual perdedor de todo tipo de eleccións, que por perder ata perdío de modo aplastante unha asamblea nunha institución na que o 90% dos seus membros votan polo partido do que el o principal representante no Concello de Camariñas. Sen embargo, existe un grupo de socios que non cede ao desalento e promete loitar ata o último dos seus folgos por recuperar o Club Náutico sustraído tan brutalmente aos seus lexítimos donos, non chegando a descartarse a realización de movilizacións ante a Semana Santa que se aveciña. A maior inmoralidade das últimas décadas en Camariñas suma novos e desvergonzados episodios.

Engadir un comentario