Os tres Presidentes de honor do Club Náutico de Camariñas

Ante a grave situación creada no Club Náutico de Camariñas, ante o anuncio de convocatoria por parte dunha minoría radical e violenta dunha asamblea ilegal a celebrar este sábado 28 de xaneiro, a voz autorizada de Xosé Luis Blanco Campaña, Presidente de Honor da entidade, elixe a camarinas.eu para dirixir unha carta aberta aos socios do CNC. Nela Xosé Luis, un home que sempre ten a Camariñas como fío vector das súas preocupacións, presta un apoio inequívoco á actual Xunta Directiva así como á xestión levada a cabo pola mesma na grave crise derivada da asamblea do 17 de decembro e fai un encendido eloxio da figura do seu Presidente, Alberto de Artaza Varasa, ao que chega a considerar "todo un luxo para unha sociedade como a nosa". Corren tempos duros, días difíciles no CNC, posiblemente os que viron os comportamentos e actitudes máis graves en toda a súa historia, ante os cales decide saír á palestra a voz autorizada, preocupada, de Xosé Luis Blanco Campaña, Presidente de Honor e un dos Pais Fundadores do Club Náutico de Camariñas.

CARTA ÓS SOCIOS DO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS
por Xosé Luis Blanco Campaña

Benqueridos consocios:

Á solicitude dun grupo de amigos vinculados ó noso Club, moi preocupados pola grave situación creada a raiz da asemblea xeral celebrada e ós acordos que alí se adoptaron, permítome dirixirvos estas liñas coa única intención de aportá-lo meu gran de area para ver de reconducir a situación e que a Lei volva a imperar na nosa sociedade, que tantos traballos nos custou a tantos situala no posto que ocupa.

Ainda que sigo moi de preto, como fixen toda a miña vida, o acontecer da vila onde vin ó mundo, por mais que viva lonxe, non queria eu intervir para nada nesta crise, entre outras cousas porque o día en que libremente dimitín da presidencia fíxeno con tódalas consecuencias, pero este grupo de amigos considera que, en casos tan serios como o que nos ocupa, é cando mais sentido ten a experiencia e a palabra dos Presidentes de Honor. Como ben saben, o noso Club ten tres, mais, finado don Manuel Fraga, que foi o primeiro, e indisposto Don José Trillo, o querido presidente fundador, o único socio con este alto honor é este servidor.

Velaí van, xa que logo, algunhas consideracións sobre a situación:


1. Que se produzan desacordos entre socios e as asembleas tomen decisions que non gustan a todos non é nada novo na historia do club. Nin neste, nin nos demais. Ven sendo o normal nunha sociedade nun pais libre.

2. Que a concesión do servizo de bar sempre suscitou problemas tamén é algo que coñecen moi ben tódolos socios do noso Náutico. Por eso houbo tantos concesionarios no tempo que o club leva en funcionamento.
D. Manuel Fraga nunha visita ao Club Náutico de Camariñas
3. Ao parecer, a novidade da actual situación é que non se están a respetar as decisions da asemblea de socios nin da Xunta Directiva, únicos órganos de goberno da nosa sociedade, segundo os vixentes Estatutos. Mesmo hai quen convocou unha asemblea de socios para este sábado, cando o único órgano encargado de convocar asembleas é a Xunta Directiva e mais concretamente o Presidente da entidade, que debe presidilas (artigos 19 e 22). De levala a cabo, crearíase unha situación grave e obrigaria a tomar medidas moi serias.

4. Moitas cousas que se están a dicir non se axustan á realidade. Por exemplo: non é certo que haxa un prazo de quince dias para convocar unha asemblea que pidan os socios. O que din os Estatutos no artigo 19 é que deben mediar quince dias entre o anuncio da convocatoria e a súa celebración.

5. Tampouco é ningunha obriga residir en Camariñas para ser presidente ou directivo. Dos catro presidentes electos que houbo, só un, don Andrés Cerdeiras, residía na vila. Os tres membros da comisión xestora fundacional, que foron don Tomás de Artaza, don José Trillo e eu mesmo, tampouco residíamos en Camariñas. E a maioria dos socios fundadores, igual. Ademáis, esto é o normal na maioria das sociedades náuticas.

6. Hai quen pretende distorsionar a imaxe do noso Presidente, Don Alberto de Artaza Varasa, que abondo ten posto de manifesto virtudes como a da prudencia. Pola súa formación técnica como Licenciado en Dereito e a súa experiencia profesional no mundo da empresa; polo seu talante persoal, a súa exquisita educación e a súa vinculación familiar con Camariñas, onde ten casa e barco, é todo un luxo para unha sociedade como a nosa. Nos tres anos que leva no cargo ten desenvolvido un gran labor e a punto está de conseguir para o noso club a bandeira azul, o que é un gran honor.

7. Sei moi ben que teñen pasado cousas que non son de recibo nunha sociedade. Por eso, non estou a defender nin a condenar a ninguén. Non me corresponde a min. Pero sí debo dicir que sempre tivemos problemas deste tipo, algúns seguramente mais graves, e soubemos sair adiante. Todos xuntos. A veces incluso nos levaron ós Tribunais, e alá fomos e o Club gañou. Porque quen ten que gañar é o Club, non éste ou aquel socio.
Xosé Luis acompañado de Manuel Fraga e José Trillo no CNC
8. Mais o Club Náutico de Camariñas só gañará se todos, absolutamente todos, respectamos os Estatutos. Se non lle gustan a algúns, que os modifiquen. É posible facelo. Está contemplado. Pero, en ultimo termo, sempre haberá que respectar ó Presidente, á Xunta Directiva e, sobre todo, á Asemblea Xeral, que é o órgano supremo de goberno (artigo 16), e as súas decisions.

9. Esa realidade que hoxe é o noso Club, o primeiro que existiu entre A Coruña e Portosín, debémoslla a moitas persoas e institucións. En primeiro lugar, a Don Manuel Fraga, que nos animou a dar o paso adiante cando veu inaugurar o contradique. Logo, a Don Xosé Cuíña, que nos facilitou os primeiros pantaláns. Despois, a Don Juan Fernández, grazas a quen tivemos a primeira sé social. A lista é moi longa, como ben sabedes, e ten nos primeiros lugares os nomes de Don Andrés Cerdeiras Seoane e Don José Trillo Fernández-Abelenda, ós que tanto debe esta sociedade. ¿Imos botar por terra tantos soños, tanto esforzo e tanta paixón pola nosa Camariñas da alma, agora que o temos todo feito e o Club é unha espléndida realidade?

10. Fomos sempre unha entidade exemplar e así nos recoñecen no mundo da nautica os navegantes galegos, españois e extranxeiros. Cos servizos que presta o noso Club ós amantes da náutica, a nosa querida Camariñas é un referente na costa galega e ten un motivo mais para enorgullecerse. ¿Imos tiralo todo pola borda? Pensemos en clave de Club. O primeiro é o Club.

Xosé-Luís Blanco Campaña
Presidente de Honor
Club Náutico de Camariñas

Comentarios   

Beldoña
-2 # Club NáuticoBeldoña 28/01/2012 13:16
Yo, esta tarde, como socio que soy, nacido en el “ Rueiro Novo “y apasionado de mi pueblo, Camariñas, voy a acudir a esa reunión, pues, quiero escuchar todas las versiones y todos los detalles que, tal vez, no los conozca suficientemente ; los de una parte y los de la otra.
Bien sé que lo que allí se diga y se acuerde, será meramente informativo, y no puede tener carácter vinculante, pues, únicamente, la Directiva, mientras esté, y bajo el mandato de una Junta General legalmente convocada, con el voto mayoritario, puede tomar las decisiones que en ella acuerden sus socios.
En toda mi vida, siempre he sido una persona dialogante y pacífica y siempre traté de buscar el consenso, antes que el enfrentamiento, que éste, no conduce a nada bueno.
Ante opiniones contrapuestas, como las que ahora hay, creo que hablando se entiende la gente.
Mi actitud, pues, en esta ocasión, y, siendo como soy, no va a ser distinta a la que siempre tuve en mi forma de actuar por la vida.
Por el bien de todos, quisiera se arreglasen las cosas, tal vez, cediendo todos un poco de cada parte, y tratando de buscar aquellos puntos de unión ( que los hay ) y no los que nos puedan separar aún más. Todos nos conocemos y todos, al fin, queremos lo mismo: que nuestro club náutico sea un modelo de convivencia y de relax para los que lo visitan.
Por todo eso, precisamente, quiero ir a esa reunión, y así se lo hice ver a nuestro Presidente.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+3 # Asamblea Xeraldiegoalfr 28/01/2012 16:22
OK, repetimos por se alguén non se entorou do que escribíu onte en Camarinas.eu e hoxe na Voz de Galicia o Presidente de Honor e Pai Fundador do CNC Xosé Luis Blanco Campaña:

"Sempre haberá que respectar ó Presidente, á Xunta Directiva e, sobre todo, á Asemblea Xeral, que é o órgano supremo de goberno (artigo 16), e as súas decisions."

Cousa que non se está respetando. En fn, ¿que máis cabe decir?
Responder | Denunciar ante o administrador