Este o papel que como unha broma macabra ocupa o lugar de onde foi arrancado o comunicado da Xunta Directiva

Como si dunha broma macabra, como si dun chiste de moi mal gusto se tratase, unha nota de papel ocupa dende a tarde deste domingo o lugar no que unha directiva colgou o comunicado polo que se daba a coñecer a adxudicación do Bar Restaurante do CNC para o 2012. A súa mensaxe “Cerrado por intimidación”. Porque intimidación sí que existío pero na noite do sábado previo á reunión na que a Xunta Directiva debía resolver o concurso para a citada concesión. Eran pasadas as 21:00 cando dende as xélidas sombras exteriores tres socios entraban sen previo aviso nas oficinas do Club. Alí, despachando asuntos ordinarios e preparando a documentación para a reunión do día seguinte atopábase o Secretario da entidade, Manuel Ángel García Insua. Unha hora antes, cando faltaban apenas cinco minutos para o peche do prazo de presentación de ofertas, a mercantil concesionaria do servizo, Viproga servicios SL, presentaba a súa proposta a pesares da escandalosa maioría (54 a 33) de socios que en asamblea celebrada o 17 de decembro de 2011 rexeitara a súa continuidade, ascendendo deste xeito a catro o total de ofertas presentadas.

Tres socios, recoñecidos opositores á xestión da Xunta Directiva presidida por D. Alberto de Artaza Varasa, a conta precisamente da concesión do bar restaurante, presentando un elevado estado de excitación e nerviosismo, irrumpiron nas oficinas da entidade. Convén suliñar que non estamos a falar de xente anónima, senón dun socio fundador, un coñecido constructor e unha recoñecida figura pública no ámbito político local, cuias actuacións e repetidas derrotas electorais son notoriamente coñecidas en todo o concello.

Sen mediar consentimento algún, o político que estaba ao frente do grupo comenzou a revolver a documentación da mesa onde se atopaba sentado  o secretario, esixíndolle a entrega inmediata das ofertas presentadas. Invocaba a súa condición de socio para coñecelas, mentras os seus dous acompañantes, retaban con miradas intimidatorias e palabras desafiantes ao Secretario de CNC, en clara minoría de tres a un para facer frente a calquer posible ataque físico. Unha hipótese en ningún caso desbotable dado o estado da situación.

Revoltos todos os papeis da mesa, infructuosa polo momento a súa búsqueda e poseído dun ansia frenética, eléctrica máis ben, o socio antedito pasou a revolver os papeis que se atopaban nos archivadores situados nas estanterías. Entón, ao Secretario incorporarse para impedir o que a todas luces constituía un intento de sustracción de documentación, o socio que asumira o papel de líder de grupo lle propinou un empurrón que o desprazou para atrás. Só o movemento de lexítima defensa que o Secretario ameazou levar a cabo fixo que o socio agresor recuara e pasara a remexer a documentación que se atopaba na mesa de reunións da Xunta Directiva, situada a man dereita segundo se entra na oficina do CNC.

O socio líder do grupo, totalmente fóra de sí, esixía a grandes voces, non só a entrega das ofertas presentadas senón tamén a documentación protexida relativa ós socios, facendo caso omiso das reiteradas advertencias e peticións de Manuel Ángel García Insua para que abandoara o local, dado o inexistente dereito do citado socio a consulta dunha documentación que todo secretario de calquer institución ou administración ten a obriga non só de custodiar se nón tamén de velar pola súa confidencialidade.

Ante as negativas a entregar a documentación esixida de tan malos modos e fóra de todo cauce reglamentario, a tensión e agresividade do grupo invasor foi en aumento. O Secretario da entidade manifestoulles que de non abandoar o local veríase obrigado a chamar á Garda Civil, ante o que constituía un intento de agresión a un membro da Directiva así como de sustracción de documentación confidencial. A dita advertencia, o líder do grupo contestou que "nin ti nin nos marchamos de aquí sin que me entregues a documentación".

Foi entón, ao sinalar o Secretario que nese caso serían responsables dunha detención ilegal, cando os membros do grupo, asustados ante as graves consecuencias que se poderían derivar da irregular actuación que estaban levando a cabo, atemperaron un tanto os seus excitados ánimos. Asemesmo, Manuel Ángel García Insua, recoñecido abogado con bufete propio en Santiago de Compostela, advertío que dende ese momento procedería a grabar a través do seu móvil a conversación. Estamos a falar, sen lugar a dúbidas, dunha grabación (á que camarinas.eu tivo acceso),  na que se recolle unha alporizada disputa dunha gravidade e tensión sen precedentes no CNC, quedando identificados perfectamente ós tres socios agresores. Esa grabación deixa en moi mal lugar aos seus tres protagonistas, en especial, a aqueles aos que pola súa posición pública, cabe esixir unha conducta exemplar e irreprochable ante a cidadanía.

Así, finalmente achicados ante a gravidade dos seus feitos, derrotados en canto aos seus propósitos, rematou o que non deixa de ser o corolario da escalada de graves comportamentos e actuacións deleznables que unha minoría radical e violenta, ampliamente derrotada democráticamente pola masa social en asamblea, puxo en acción dende o instante en que se torceron os seus intereses respecto á concesión do Bar Restaurante: ameazas de morte a respetables donas de Camariñas (viúvas, para maior vergoña), ameazas contra os bens e os negocios de directivos ("y tu discoteca, que no te sorprenda si un día te aparece quemada", así, en castelán, que queda máis fino), intentos de agresión (a mulleres e homes, neste punto respétase escrupulosamente a lexislación sobre igualdade de sexos), intimidación e ameazas a socias relevantes do Club en datas recentes (en presenza de varias testemuñas), engano e confusión xeralizada á masa social en relación ós seus obxectivos reais ante a convocatoria dunha vindeira asamblea extraordinaria, presións insoportables sobre Directivos para forzar dimisións entre os mesmos co obxecto de lograr a disolución da Xunta Directiva, etc... Actitudes en definitiva propias da mafia italiana.

Estamos a vivir sen dúbida algunha os días máis negros da historia do Club Náutico de Camariñas, unha institución que tras vinte anos de andaina irreprochable e exemplar (toda a labor, todos os esforzos, toda a ilusión, desenrolada por Don Andrés Cerdeiras, por Xosé Luis Blanco Campaña, por tantos outros) se está a xogar nin máis nin menos que a súa supervivencia no que constitúe o exemplo máis perfecto que un coñece de loita contra as forzas do Mal.

Comentarios   

sergio
+1 # RE: Intento de agresión no Club Náuticosergio 10/01/2012 12:40
pero eso e un club nautico ou e un poblado taliban???
Responder | Denunciar ante o administrador
amin dixeronmo
+1 # ¡¡Uyyyy,vaiche boa!!!amin dixeronmo 11/01/2012 01:04
Sabedes,que hay un comunicado na paxina DC,que dí que os altos cargos do PP van tomar medidas sobre o follón que estan facendo os seus aliados?,fixero na boa¡¡¡.O sr. Xerif non sei si estará cabando a sua propia cova.Pero alá el,que nadie lle mandou meterse en camisas de once baras,¡¡dios o colla confesado!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Rasputin
+1 # CensuraRasputin 13/01/2012 08:50
Buenos dias Camarinas.eu, sorprendiome ver un comentario na gazeta rosa Camariñana de unha rapaza que se queixaba de que non lle tiñades publicado un comentario.
Pois ben e solo para justificar que ese outro diario que como eles din son os representantes da Liberté no noso pueblo fixeron o mesmo con uns comentarios meus que iban directamente hacia a sua linea de flotacion.
Eles falan da libertad mais solo para os seus intereses e como "La verdad duele" resulta que e preferible manter a xente na ignorancia para asi poder seguir propagando os seus mensaxes e as suas intencions, que lo siento e veño tempo decindo son insultadorament e partidistas.
Copio resposta da resposta do Jefe de la Liberté: Sentímolo, pero non podemos cansar aos nosos lectores coa súa cantidade de mensaxes abusivos....(no ta da redacción)
Esto e censura da boa, como aquela das epocas dos dictadores, menos mal que non nos poden mandar para o paredon que si non...
De cantidade si, ahora de abusivos? Como este Sr. Pode demostrar que son abusivos si nin siquera os publica? Pois ben resulta que de abusivo non habia nada, nin un insulto dirigino a nadie en particular. Eso si as mensaxes eran mordaces e abertas polo cual moita xente podreia darse por aludida y eso, eso, ... claro no interesa a su parroquia de seguidores.
Esto de meter internet nas mas de certos personaxes oscuros e igual a poñerlle unha arma cargada para causar o mal. Quero retransmitir Sorte a Directiva do Nautico que a ides a necesitar porque loitar con esta manada de indignados de pakotilla imagino que debe de ser desgastante e doloroso.
Responder | Denunciar ante o administrador
eu mesma
+1 # Non é preocupante¡¡eu mesma 14/01/2012 07:02
Sobre os comunicados da pagina do DC non hay que preocuparse,pos to que son sempre os mesmos os que escreben,o director da pagina xa é o que entra con distintos nombre,por encima chamase liberdade,galic ia etc(vaya formas de distorsionar palabras tan significativas¡ ¡¡),logo seguelle dous ou tres resentidos mais pelotilleros.,e algunha solo lle falta estar subastando peixe na lonxa da Coruña,ya que a falta de saber estar e educacion brilla pola sua ausencia (por enrriba sale a filla a palestra tamen)¿vaya por deus,que solidarias son dos casos perdidos,compad ezcoas¡¡en resumen,non é preocupante¡¡¡b os dias
Responder | Denunciar ante o administrador
Rasputin
+1 # RE: Intento de agresión no Club NáuticoRasputin 16/01/2012 21:24
O futuro do C.N.C. e sombrio si esa xentiña non desaparece pronto. Explicome rapido: Si esta xente se sale con a sua con os medios que estan utilizando:

1 - Resentimiento e tozudez por deixar unha concesion que nadie mais que a Directiva ten poder de decision.

2 - Malos modos, mentiras, confrontacion e insultos.

O porvenir do nautico e muy sombrio porque vai a ganar a oscuridad e a dictadura. Un club con tantos anos de historia pasara a ser un local de reunion de un partido politico con os problemas de imparcialidad que conleva o asunto do partidismo.
Si este caso se da xa podedes ir contando con unhas baixas de entre o 30 ao 50% dos socios actuales. Algun que outro xa estamos pensando en darnos de baixa non por a directiva, mais ben por o espectaculo dantesco e lamentable que se esta dando na mayoria dos casos por esta xente partidaria e ignorante. Solo me fago unha pregunta, como alguien que non sea amiguisimo de esta xente se pode sentir ben no Nautico?
Con todo esto xa nos podemos imaxinar a guerra entre Nautico e Concello por ejemplo con a penosa decadencia dos servicios para os nenos do pueblo e os servicios para os barcos, etc etc.
Sres Directivos, den un golpe na mesa e acaben de unha vez con estos miserables que tanto mal estan creando no noso nautico, porfavor.
Responder | Denunciar ante o administrador
jullan
0 # intolerable agresionjullan 14/09/2012 01:10
eu penso que estes tipos de agresiones non se pode tolerar deningunha maneira e menos en pleno seculo vinteun penso que teñen que deixar facer porque non se pode facer unha politica de igualdade o que pasa uns estaban fartos de perder e outros eran os de sempre eu o que penso es que os que organizaron a trifulca non teñen razon de ser estas actuacions non benefician pra nada a xente de ninguna maneira teñen que pensar en obrar mais coa cabesa en non coa forsa bruta que non vai a ningua
Responder | Denunciar ante o administrador