Comunicado da Directiva pegado este domingo 08/I/2012 e que novamente foi arrancadoEn datas recentes por dúas veces  a Xunta Directiva procedío a pegar nas instalacións do Club Náutico de Camariñas sendos anuncios da saída a concurso da concesión do seu Bar Restaurante e por dúas veces de forma misteriosa, maligna e interesada foron arrancacados. En estas, publicouse o anuncio referido en camarinas.eu e aquí xa sí que ninguén o quitou, dándoselle desta forma (máis de 600 visitas) a máxima publicidade ao procedemento polo que a Xunta Directiva executaba o mandato contundente e maioritario emitido polos socios. De igual xeito, na tarde deste domingo 8 de xaneiro de 2012, o anuncio colocado na porta de entrada do Café Bar do CNC polo que se daba a coñecer á masa social a decisión unánime da Directiva que resolvía o concurso público antes publicitado voltou ser arrancado, sumando deste xeito unha nova mostra de desacato e falta de respeto á decisión inapelable dos socios náuticos expresada en democrática asamblea o 17 de decembro: a da non renovación dos actuais concesionarios  do servizo do bar restaurante. Actuacións, sumadas a outras ás que se dará a oportuna publicidade no momento adecuado, dunha gravidade nunca antes vista nunha institución que sempre foi un referente en canto ao seu señorío e respetabilidade.

O anuncio que agora procede a facer público camarinas.eu é o da adxudicación do Bar-Restaurante do CNC para este exercicio 2012 a D. Marcos Tajes Martínez, dando desta maneira cumprimento a dous dos obxectivos que a Directiva se marcou como vitais e irrenunciables á hora de resolver o procedemento: que o concesionario fose un veciño residente no noso concello e que se tratase dunha persoa con amplia experiencia no ámbito da hostelería, non en vano estamos a falar do profesional hosteleiro que durante a derradeira década ven de explotar de forma tan exitosa en canto a público e resultados o Café Bar Bachata, na Ponte do Porto. A partires deste mércores 11 de xaneiro xa poderá dar comezo o exercicio do seu dereito lexítimo como concesionario do local social da que é a institución náutica decana da Costa da Morte.

A esta decisión chegou a Xunta Directiva ao completo tras un minucioso e riguroso exame das catro ofertas presentadas, sendo a oferta de D. Marcos Tajes Martínez, dacordo cas bases que rexían o procedemento, a máis meritoria: amplio coñecemento de idiomas, unha experiencia profesional contrastada e recoñecida así como a presentación dun proxecto de explotación serio e solvente, creíble en definitiva. Ademáis, cómpre sinalar o que non deixa de constituir unha noticia da que todos os socios náuticos deben sentirse orgullosos: a presentación polos que son os concesionarios ata o martes 10 de xaneiro de 2012  (pasadomañán) dunha nova oferta, o que ven a validar e a refrendar a asamblea celebrada de forma impecable e metódica dende un punto de vista xurídico o 17 de decembro de 2011 así como de todas as contundentes e inapelables decisións adoptadas pola masa social do CNC en tal data por amplísima maioría.

Así pois, ábrese a partires deste mércores 11 de xaneiro de 2012 unha nova etapa na historia do CNC. Unha nova etapa esperemos que ilusionante en canto á respeto ao socio náutico, impecable en canto a xestión hosteleira, irreprochable en canto a non utilización partidista, política, das instalacións dunha institución que debe ter o carácter apolítico, neutral, imparcial, como unha das súas señas irrenunciables de identidade. Novos tempos, novas actitudes. En todo caso, e como ninguén vai a vir aquí a arrancar o comunicado que no día do Señor do 08/I/2012 fai público a Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas, camarinas.eu, a web con maior numero de visitas da historia da historia da Costa da Morte, procede a publicar o seguinte

COMUNICADO DE LA JUNTA DIRECTIVA DEL CLUB NÁUTICO

En el día de hoy, 8 de enero de 2012, reunida al completo la Junta Directiva del Club Náutico de Camariñas, dando cumplimiento al mandato acordado por la Asamblea Extraordinaria celebrada el pasado 17 de diciembre, con relación al concurso público para la adjudicación del servicio de Café- Bar del local social, se acordó unánimemente otorgar dicha adjudicación, para el año 2012, a D. MARCOS TAJES MARTINEZ, vecino de Camariñas, con el que se seguirán los trámites oportunos para iniciar la explotación del referido servicio a partir del próximo día 11 del corriente.


En Camariñas, a 8 de enero de 2012

LA JUNTA DIRECTIVA

 


Engadir un comentario