A directiva do CNC na asamblea extraordinaria do sábado 17 de decembro

Este pasado sábado 17 de decembro de 2011 arrancou a partires das 18:00 no seu Salón de Actos unha das asambleas do Club Náutico de Camariñas máis concurridas e participativas que se recorden. Sete eran os puntos que a Directiva presidida por Alberto de Artaza Varasa sometía á masa social e seis deles foron aprobadas por unha aplastante maioría de preto do 90% dos votos escrutados, recibindo un voto negativo únicamente o derradeiro dos temas sometidos á deliberación e decisión democrática do socio náutico. Partíase dun corpo electoral de 210 asociados con dereito a voto e dentro do cal eran convocados ás urnas por vez primeira todos aqueles que entraron na institución náutica máis antiga e importante da Costa da Morte como consecuencia da campaña de captación que tivo lugar durante o verán do 2009. Unha vez pasados dous anos de carencia, por fin podían votar. A participación podemos cifrala nuns 50 votos de socios presenciais e cáseque outra cincuentena de votos delegados en asistentes á reunión.

E así a masa social dou o seu visto bo ao inicio de contactos con Portos de Galicia para obter a que podería ser unha concesión de 20 anos, prorrogables por 10 máis, en materia de porto deportivo, sendo este tema unha negociación aberta na que en función das esixencias do ente autonómico o CNC podería optar por solucións alternativas. Tamén se dou unha aprobación cáseque unánime a temas como a obtención da Bandeira Azul ou a solicitude á Casa Real do distintivo "Real". Máis polémico en canto á deliberación que non en canto ao resultado da votación, foi o tema da venta das dúas embarcacións Lady Gina e Plus One, nas que o CNC conta cunha promesa de contraventa por 22.000 € a executar ata o 30 de xuño de 2012: si ata entón xurdira unha mellor oferta, o Club Náutico podería acollerse á mesma, sempre en interese xeral do club e renunciar ao actualmente firmado. Asemesmo, aprobouse o novo carnet de socio que virá a completar e facer realidade o primeiro Libro Rexistro digno de tal nome da historia do CNC así como unha campaña de captación de embarcacións de base, tema este último cuia deliberación resultou bastante cargante e pesada a unha concurrencia que para aquela levaba xa case tres horas de asamblea. Chegou entón o punto que pechaba a orde do día, a renovación da concesión do bar restaurante, cun resultado de 33 votos a favor da continuidade de Viproga SL, 54 en contra, unha abstención e dous votos nulos. Para entón, xa eran as 22:00 pasadas e o sentir democrático da masa social da que é unha institución senlleira do ámbito náutico galego dera o seu veredicto inapelable.

Engadir un comentario