Achegase a data na que se vai a celebrar a trixésima edición da Mostra do Encaixe que este ano, por  mor da situación epidemiolóxica, se celebrará durante a ponte do Pilar  (do 8 ao 12 de Outubro) e con ela a lista de nomes que acudiran a cita para presentar os seus proxectos e pezas dentro do marco do encaixe.

A primeira delas é a xa coñecida na vila camariñá Dolores Cortés a cal participará  por cuarta vez na cita. Esta representante da alta costura española, que xa debutara polo ano 2002 na pasarela Gaudí de Barcelona, fala da Mostra do Encaixe  como un evento “tremendamente especial” para ela no que se “xunta tradición e vangarda”. Este ano acude a cita para presentar “dous bikinis, dous bañadores e dous complementos” pezas todas en cor branca, unha delas “con palabra de honor, outra con tirantes e coa confección do encaixe como elemento primixenio”.

Dolores_Cortés_1.jpg

 

Outro dos nomes que se confirman é o de Julia de la Cal, a cesteira e deseñadora que hai detrás de “La Parabólica”, que será unha das artesás que conformen a seccióon ArtEncaixe que se estrea neste trixésimo aniversario da Mostra do Encaixe.

“La Parabólica” centra a súa actividade na cestería realizando diversas accións que van dende a creación de pezas de uso cotiá como cestas ou bolsos, mobiliario e iluminación, até cestería aplicada no ámbito paisaxístico ou mesmo no interiorísimo, así como instalacións artísticas, intervencións no espazo, obradoiros e actividades docentes.

Julia de la Cal, quen cursou o posgrado de Artesanía e Deseño en Barcelona, desenvolveu a súa carreira como deseñadora e brand manager durante máis de 10 anos. Logo volveu a Galiza no 2015,  cando obtivo a Carta de Artesanía e dende entón continúa a traballar no mundo do deseño e a cestería. Nas súas palabras é “todo un orgullo” participar na trixésima edición da Mostra do Encaixe de Camariñas e unha oportunidade para “amosarlle ao mundo as pezas feitas a man, elaboradas dun xeito único e transmitir as emocións que o Encaixe lle outorga á manufactura”.

5df60b10-c715-41a2-974c-4e43010c6af4.jpg

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.