O concello de Camariñas reactiva o programa “Eu Son Camariñas”, un proxecto municipal creado para dar visibilidade a persoas do Concello que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou sociais.

O proxecto, que se inicio hai dous anos atrás, non puido continuar durante 2020 por mor da pandemia. Porén, volve neste 2021 con unha nova proposta que consiste na publicación mensual de un vídeo na páxina web www.eusoncamarinas.es. Cada un deles centrarase nunha destas persoas senlleiras do Concello e terá un formato de entrevista.

O encargado de inaugurar esta nova sección é o escritor Víctor Fernández Alves, do barrio do Campo en Camariñas. De nai xaviñana e pai de Santa Comba, creceu na mítica Rúa do Bico onde lle deu as súas primeiras patadas ao balón. Esta paixón duraría poucos anos xa que pronto sería substituída pola súa verdadeira vocación: a literatura. Neste primeiro capítulo da serie de entrevistas Víctor preséntase como o condutor deste espazo audiovisual onde se amosarán a eses veciños do concello de Camariñas máis aplicados.

Eu Son Camariñas

 Un dos propósitos orixinais do proxecto consistía en dar visibilidade aos persoeiros que lograron notoriedade ao longo da historia, tanto dende as nosas vilas como dende a diáspora. Ademais, pretendíase crear un escaparate dende o cal se reflexe o traballo desa xuventude estudosa, traballadora e emprendedora do Concello de Camariñas. Crear unha ventá que amose ao mundo todas as virtudes desas artesás, deportistas, escritores, mariños, empresarios... pequenas historias das nosas xentes que deu e seguirá dando este concello cheo de talento.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou que “a nova etapa deste proxecto tamén pretende inculcar un chisco de esperanza a todos os nosos veciños e a toda esta xeración que está a formarse dentro das escolas de todo o concello”.

 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.