Banner Mostra 2014 3

Xeración Top Camariñas

Juan Cabrejo "Juanillo", 32 anos, futbolista do Cartagena

Juanillo, o Mago de Corea cos seus dous fillos Diego e Sofía. O Top camariñas máis desexado

Chega a hora de que camarinas.eu lle renda unha homenaxe ao mellor futbolista que nunca saío da Costa da Morte: Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo". Moitas foron as solicitudes que recibío esta redacción para adicarlle este Top Camariñas a Juanillo, pero nos quixemos esperar á data indicada, e así hoxe, os astros aliáronse con camarinas.eu e esta homenaxe chega xusto despois de que onte Juanillo lograra o posiblemente mellor gol da súa carreira: un zurdazo desde o medio do campo contra o Mazarrón na Segunda División B española. Esta redacción quere adicarlle esta reportaxe, e espera sinceiramente que lles guste, a Gelinita e Juan do Penedo, donos do Bar Arnela e pais de Juanillo, como mostra de cariño, respeto e admiración.

Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD Teucro

Image

camarinas.eu móstrase especialmente orgullosa de poder mostrar a todos os seus lectores o novo integrante do club máis exclusivo de Camariñas, o TOP, nunha das entrevistas máis longamente anheladas por esta redacción: a de Víctor Vigo, o camariñán que arrasa na Liga Asobal, a mellor do mundo, que máis lonxe chegou no mundo do deporte de élite nun pobo que conta con bos exemplos de superclases do deporte, e senón ahí están os casos de Camuel e Juanillo no fútbol profesional. Dotado dun físico excepcional para a práctica do deporte (1,86 cm de altura), e dun talento innato para a práctica do balonmán, Víctor Vigo Gerpe é a perfecta mostra de que con traballo e sacrificio, a base de humildade e decisións intelixentes, sempre seguindo os acertados consellos dos maiores, pódese chegar lonxe naquelo que máis lle gusta a un. Nacido en 1984, un nove de maio, día no que se celebra en Rusia a gran Victoria do Pobo Soviético sobre a Alemania nazi que puxo fin a Segunda Guerra Mundial, viña polo tanto a este mundo cos mellores augurios e non tardou moito tempo en empezar a demostralo. Así, en 1996, con doce anos ingresa na Escola de Balonmán de Camariñas, e con dezaseis debuta cos grandes en 2ª División Nacional. Aínda xogando na Vila dos Encaixes, vive un dos seus mellores momentos cando é convocado para xogar na Selección Española Xuvenil.

Ito, 27 anos, Oficial da Marina Mercante

Evaristo Antelo López, 27 anos, Oficial da Mariña Mercante Española

Camarinas.eu móstrase orgullosa de poder volver as orixes (o mar, sempre o mar) e mostrar na edición do Top Camariñas desta semana como unha nova xeración de mariñeiros camariñáns toma o poder : xoves cun alto grado de formación académica, cunha elevada preparación en idiomas e ampla experiencia en singladuras marítimas internacionais, como paso previo a tomar os mandos de calquera das naves atracadas no máis activo dos portos da Costa da Morte. Sen dúbidas, un novo tipo de mariñeiro camariñán está a xurdir, só esperan unha oportunidade para continuar a gloriosa tradición de patróns e armadores que Camariñas legou ao mundo, e unirse a esa longa nómina de nomes lexendarios: Perrúa, Lin, Siro,etc..., por só nombrar uns poucos.

Fernando Toba Alonso, Medico de Urxencias

Fernando Toba Alonso, Médico de Urxencias

Se ben ca invitada da semana pasada, Patricia Jove, inaugurábase a lista de doctores camariñáns licenciados, a parroquia da que provén o Top Camariñas desta semana, Ponte do Porto, conta xa cunha longa nómina de médicos de primer nivel: Gumersindo Rodríguez, Celestino Blanco e Eliseo Moreira Canosa, o cal chegou a estudiar mediciña co mesmísimo Castelao e foi o terceiro Presidente do Casino da Ponte do Porto, casino xa fundado alá polo ano 1914. A contribuir a perpetuar esta tradición ven o invitado desta edición, Fernando Toba Alonso, membro dunha histórica familia de fotógrafos da vila porteña que arranca co enlace entre Manolo do Churrero e Marité do Castellano, os cales durante largos anos fixeron as fotos que circulaban na Ponte do Porto cando a feira desta vila era o principal centro comercial da Costa da Morte; tradición que continuou a súa nai Isabel Alonso, casada cun bravo e honrado percebeiro muxián, Rogelio Toba e o seu tío Manolo, Pichurri, tamén fotógrafo na Vila de Camariñas.

Patricia Jove, 26 anos, Medico de Ciruxia Xeral

Patricia Jove Alborés, Médico de Ciruxía Xeral

Fisioterapeutas, interventores, arquitectos, economistas..., múltiples e moi variadas son as profesións nas que pouco a pouco van abríndose paso os camariñáns. E sen embargo, se había ata o de agora unha profesión, vital pola súa importancia para a sociedade, na que ningún fillo de Camariñas destacara era a de médico. Esta situación ven de ser remediada en datas recentes pola invitada do Top Camariñas desta semana: Patricia Jove Alborés, unha xove doctora metade coruñesa, metade camariñana de 26 anos e signo capricornio. Patricia pertence a esa estirpe de camariñáns que ten que vivir fora do seu pobo a maioría do ano, e precisamente por eso aprecian máis que ninguen a beleza de Camariñas. Filla dun coñecido promotor inmobiliario coruñés, Ángel Jove, Patricia sen embargo dende moi nova alonxouse da tradición familiar e quixo seguir o seu propio camiño, cumprindo o seu propio soño. Así, en tempo rércord, licenciouse en Medicina e Ciruxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2006, e ó ano seguinte, en 2007, aprobou o tan temido MIR. Actualmente, está xa a dar os primeiros pasos dos que será sen lugar a dúbidas unha fecunda carreira no Hospital Meixoeiro de Vigo, onde traballará como Médico residente de Ciruxía Xeral durante os próximos cinco anos. Dende a casa na Rúa do Medio na que viviron toda a vida os seus avós, Justa e Moncho, dous afables panadeiros que facían a que era sen dúbidas a mellor broa de todo Camariñas, percorreu a pe os cen metros que a separaban desta redacción e esto foi o que declarou:

Marcos Vazquez Campaña, interventor do Concello

¡Gloria a Top Camariñas!

O Top Camariñas desta semana dedicámolo a presentar en sociedade a un dos redactores de camarinas.eu, Marcos Vázquez Campaña, actual Interventor do Concello de Camariñas. Por primeira vez na historia do noso Consistorio un dos dous postos reservados a funcionarios con Habilitación Nacional, é dicir, a Secretaría e a Intervención, é ocupada por un camariñán, proba evidente dos progresos que pouco a pouco os camariñáns van acadando polo mundo adiante. Así, cando Marcos se enterou pola anterior Interventora, amiga persoal, que o posto quedaba vacante, "inmediatamente pedín na Xunta que me enviaran de volta á miña terra". Neto dun mítico armador camariñán, Manuel Campaña Martínez "Perrúa", este licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña é un apaixoado por todo o que teña que ver ca cultura e a historia rusas ("algo que nin eu mismo me explico"), levou a súa paixón ó extremo de aprende-lo idioma ruso e a visitar a "Santa Nai Rusia" invitado o verán pasado pola Universidade Estatal de San Petersburgo. Actualmente declárase abraiado polas voltas que da a vida ("¡O meu primer posto de traballo no meu propio pobo e de xefe o pai do meu mellor amigo!") e pola espectacular profesionalidade de todo o persoal, funcionario e laboral, que traballa na Casa do Concello ("Fan que Camariñas funcione como unha máquina perfectamente engrasada, son de esas cousas das que non te das conta ata que un día reparas nelas"). Anteriormente xa colaborara en outras aventuras internáuticas do seu Tío Diekt ("Las tristes Memorias del Barón Von Mark"), por iso non poido negarse a colaborar no que estaba chamado a ser o principal diario on-line camariñán, eso sí, impoñendo de forma taxante unha condición: "nada de política. Pola natureza do meu traballo non só debo ser imparcial, senón tamén parecelo". Esto foi o que contestou o redactor xefe desta sección:

Cabo Lemus, Militar. 25 anos

Un exemplo de abnegación e sacrificio polos demáis: Gonzalo Lemus

En ocasións hai persoas que levan o compromiso coa súa comunidade e coa súa xente ao extremo de poñer en perigro a súa integridade física, incluso de poder sacrificar a súa vida. Este é o caso de Gonzalo Lemus Iglesias, 25 anos, Héroe, Camariñán. Veterano da guerra de Afganistán, onde servío como voluntario en dous períodos distintos, en 2005 e 2006, Gonzalo é da clase de persoas que non ignora que hoxe a primeira liña de defensa da nosa Civilización Occidental, democrática e cristiana, plena de reconocemento de dereitos cara á muller, pasa polos campos minados de Herat, polos desfiladeiros mortais do Val do Panjshir, polas montañas erizadas de Kalashnikovs de Tora-Bora, en definitiva, polo deserto desolado de Afganistán.

Sergio Caamaño, 27 anos. Delegado Desenvolvemento

Sergio Caamaño sen dúbida o exemplo a seguir.

Grande como un estado norteaméricano, así é a nosa querida parroquia de Xaviña. Múltiples son as divisións e subdivisións da explanada Xaviñana. Precísamente, nun dos seus innumerables lugares, o Lugar de Cruceiro, naceu o invitado desta semana do Top Camariñas: Sergio Caamaño. Político nato, este Cáncer de 27 anos, pelo negro e ollos marróns é na actualidade o Concelleiro de Desenvolvemento Económico e Servizos Públicos do Concello de Camariñas polo PsdeG-PSOE. Ou como lle gusta dicir a él con orgullo: "O Concelleiro de Xaviña". Despois de uns anos compaxinando estudos e traballo na Coruña finalmente, no ano 2005 Sergio voltou a súa querida terra e dende aquela é un membro activo de todos os movimentos sociais e veciñais que impulsan o desenrrolo de Xaviña. Sempre moi interesado no mundo rural e a súa problemática, sendo Presidente da asociación cultural "Abrindo Rejo" e tamén Secretario da "Asociación de Veciños de Xaviña", él considera que o principal logro acadado polo movimento veciñal xaviñán foi o de sacar aos rapaces da rúa, para iso foron básicos as diversas actividades culturais organizadas na parroquia de Xaviña: Torneos deportivos, biblioteca parroquial, a organización dos festexos de Carnavais e San Xoán, e sobre todo, o olliño dereito de Sergio, a súa obra predilecta: A Xoldra Enxebre. Como bo político (chamado a grandes xestas), supo zafarse e encaixar ben os golpes que dirixío o xornalista:

Mar Ramos, 25 anos. Fisioterapeuta

Mar Ramos, unha fisioterapeuta con mans de ouro.

Hoxe comezamos en camarinas.eu unha nova sección adicada a todos aqueles xóvenes Camariñáns que destacaron nas súas respectivas carreiras académicas e profesionais, por entenderen que deste modo podían servir mellor ao seu pobo, a súa comunidade. A nosa redacción entende que unha cultura baseada no sacrificio e o esforzo, en definitica, no traballo pode redundar dunha maneira moito máis eficaz nunha xeral mellora na calidade de vida de todos nos.
Tivemos o honor de ter como primeira invitada a Mar Ramos Prieto, unha Sagitario de 25 anos con mans de ouro (como tiveron ocasión de experimentar os músculos de algún membro da nosa redacción) que traballa como fisioterapeuta por conta propia na súa clínica privada. Tras rematar no ano 2002 os seus estudos na Escola Universitaria de Fisioterapia da Coruña, Mar decidíu abrir en Novembro de 2006 a súa propia clínica co nome de "Marusía" situada na Rúa do Medio 15, 2º B Camariñas.  Optimista por natureza, Mar anima a voltar a súa terra a todos aqueles xóvenes que un día marcharon de Camariñas para estudiar fora, ao entender que aquí sí hai futuro: "¿E por que non? A mentalidade da xente está a cambiar. A fisioterapia non é unha cuestión de masaxes. É saúde."

Hemeroteca

April 2014
Mo Tu We Th Fr Sa Su
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Opacity
HomeXeración Top Camariñas Top of Page
Zo2 Framework Settings

Select one of sample color schemes

Google Font

Menu Font
Body Font
Heading Font

Body

Background Color
Text Color
Link Color
Background Image

Top Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Header Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Mainmenu Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Slider Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Mainframe Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Scroller Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Menu Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image

Bottom Wrapper

Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image
Background Color
Modules Title
Text Color
Link Color
Background Image