Tarde tráxica na parroquia de Xaviña cando se coñecía a repentina morte do noso querido amigo Don Raul Silva Rodríguez aos seus tempranos 72 anos de idade. Don Raul, home sempre aflable, máis coñecido en toda a parroquia xaviñana por "Lulo", está sendo velado na Sala I do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 19:45 da tarde deste triste venres 22 de xuño onde será celebrado o funeral de corpo presente por este querido veciño de Xaviña. Acto seguido será realizado o sepelio de Don Raul no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde os restos mortais do noso amigo terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Raul, especialmente a súa dona Carmen e aos seus fillos Raquel e Manolo. Descanse en Paz Lulo.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar