Na mañán deste invernal 9 de xuño de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento da triste notiica da defunción da querida veciña de Brañas Verdes Dona matilde Castro Tajes aos seus 82 anos de idade. Dona Matilde, máis coñecida en toda a parroquia de Xaviña como a Muller de Ernesto está sendo velada no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:45 da tarde deste domingo 10 de xuño para ser celebrado o seu funeral de corpo presente no sagrado templo xaviñán. Acto seguido, os restos mortais de dona Matilde serán trasladados ata o Cemiterio Veciñal de Santa María para ser realizado o seu sepelio onde o corpo sen vida de Dona Matilde terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Matilde Castro Tajes. Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar