Na mañán deste atemporalado mércores 14 de marzo de 2018 recibíamos a tráxica noticia da morte do noso querido amigo e veciño de Xaviña Don Mario Castro Carril. Con tan só 54 anos de idade falecía este querido veciño da parroquia xaviñana despois dunha longa loita contra unha terrible enfermidade que ao final e á postre levouse por diante a vida deste amigable veciño. O corpo sen vida de Don Mario está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas da tarde deste xoves 15 de marzo. No sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente do defunto para, acto seguido, ser trasladado o féretro cara o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde se realizará o sepelio onde os restos mortais de Don Mario terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño que podamos transmitirlle nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Don Mario Castro Carril. Descanse en Paz.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar