Moitos camariñáns quedaron sorprendidos este fin de semana ao ver circular polo casco urbán a mais dun cento de autocaravanas. Esta concentración, sen precedentes no término municipal do concello, tiña que ver coa inauguración da área de autocaravanas que o concello de Camariñas ven de inaugurar no complexo do Ariño. É esta unha vella demanda dos caravanistas que precisaban deste servicio tan necesario para un colectivo de turistas, de poder adquisitivo medio-alto.

Esta afluencia de turistas tivo consecuencias moi positiva para o sector hosteleiro e para as tendas de artesanía da nosa vila. Todos eles foron convidados a participar dun amplo programa cultural, da man da concelleira María José Gerpe, que non deixou fora ningunha das iconas do acervo cultural e paisaxístico camariñán: Faro Vilán, Museo do Encaixe, Museo de Man, Reira e Trece, etc.

Inauguración zona de autocaravanas do Ariño en Xaviña

Das indagacións levadas a cabo por Camarinas.eu, esta infraestrutura tivo un custo moi cativo xa que utilizou as instalacións xa existentes na zona como son a fosa séptica e as duchas e servicios públicos previamente instalados nunha das zonas mais emblemáticas e mais fermosas do concello.

A nota discordante, coma sempre, douna Portos de Galicia que se dedicou a multar a diestro e siniestro ás caravanas aparcadas na explanada do porto cando, por ser fin de semana, nin sequera había actividade nos peiraos. Unha mágoa que Portos estea solo para recadar e para poñer paus nas rodas da dinamización económica de Camariñas.

Moitos dos caravanistas participantes amosaban o seu asombro pola gran beleza paisaxística de Camariñas e o seu compromiso para difundilo e repetir a súa presencia entre nós. Serán, sen dúbida, unha grande caixa de difusión de Camariñas e da Costa da Morte.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar