Máxima preocupación en Xaviña: ese centro vital ao redor do cal leva xirando a vida social da parroquia durante estas últimas décadas está a pasar por un pequeño bache de saúde. En efecto, Don Mario, o seu entrañable cura párroco, leva ingresado dende hai uns días nun centro hospitalario da Coruña. As causas que motivaron o seu ingreso veñen determinadas por unha intervención de estómago que, por precaución, requeriron tal medida. Como consecuencia de esta situación, actualmente as misas diarias están suspendidas en Xaviña pero os reflexos que lle faltaron as autoridades eclesiásticas na declaración do 27 de setembro de 2017 da Conferencia Espiscopal, na que equipararon a un vulgar hataxo de golpistas separatistas cunha nación centenaria, vese que algúns deron por amortizada a España, sí fixeron acto de presencia nesta ocasión ca rápida designación do páter xaviñán retirado Don Lorenzo como sustituto do noso querido Don Mario. Porque a Don Mario, como a España, aínda lle queda muito camiño por recorrer. Recemos todos pola pronta recuperación do noso querido cura Don Mario.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar