Na tarde deste desapacible venres 12 de xaneiro de 2018 falecía aos 96 anos de idade Dona Carmen Tajes PArdiñas na súa casa de Santa Mariña. Os restos mortais de dona Carmen, viúva do señor Manolo de Lucas, están sendo velados na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Capela do Cemiterio Parroquial de Santa Mariña na tarde deste sábado ás 5 da tarde. Xa no camposanto veciñal, procederase a celebrar o funeral desta querida veciña de Santa Mariña, para acto seguido realizarse o seu sepelio no mesmo cemiterio onde o corpo sen vida de Dona Carmen terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Tajes Pardiñas, Descanse en Paz.

SERVIZO DE OMNIBUS: Salirá un autobús ás 15:30 pasando por Arou, Camelle, Santa Mariña, Brañas Verdes, Xaviña e Dor con destino ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.