Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 16 de Agosto de 2008 10:29   
Festa de Santa Ana na Praia do Arino, Xavina
Festas en Xavina

Unha prácida tarde na Praia do Ariño

Un bosque de conto de fadas parece o merendero da Praia do Arino en Xaviña
Un bosque de conto de fadas parece o merendero da Praia do Arino en Xaviña

Pois chegado o 15 de agosto, as dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte Adry e Lucía decidiron ir a celebrar o 1º Aniversario de Camarinas.eu  cunha comida campestre no marco paradisíaco da praia do Ariño coincidindo co Día de Santa Ana, o cal se festexa na Parroquia de Xaviña e no que tradicionalmente a familia de Adry celebra unha das súas típicas e pantagruélicas comidas. Alí as nosas redactoras coincidiron cun gran número de familias xaviñanas que estaban a celebrar a súa festa, cos Veteranos, non da guerra do Vietnam pero casi: os do equipo de fútbol do Camariñas, e ademáis como non podía ser menos estas dúas coquetas belezas aproveitaron este entorno de ensoño para sacarse unhas cantas suxerentes fotos artísticas. Todo elo dentro desta noticia.

15 de agosto na Praia do Ariño, Xaviña

A estas alturas xa vai sendo hora de que os usuarios e lectores de camarinas.eu lle rindan unha máis que merecida homenaxe as nosas dúas redactoras Adry e Lucía, as cales ademáis de alegrar as pantallas de tódolos ordenadores da Costa da Morte e máis alá (non olvidemos Santa Comba) ca súa espectacular beleza, son responsables de tantas e tantas reportaxes de calidade que de outra maneira son existirían. O acerto da súa fichaxe é evidente, porque ademáis de descargar dunha gran cantidade de traballo a uns redactores desbordados e ao borde do colapso, a calidade dos seus productos salta á vista: fotos perfectas, montaxes exquisitas, entrevistas rigurosas, etc...

Non podía ser menos falando dunha redactora como Adry, unha  das mulleres cun maior nivel de formación do Concello de Camariñas, diplomada na Carreira de Xestión Empresarial, Marketing, Publicidade e Relacións Públicas con tan só 23 anos, ou de Lucía, unha auténtica "self made woman", muller feita a si misma, que de forma autodidacta e independente chegou a ser sen dúbidas a maior experta deste Concello en Informática e Fotografía, e que dende hai uns meses ten sobre a mesa unha oferta do mesmísimo Bill Gates, o cal púxolle nas oficinas centrais de Microsoft en Seattle (Estado soberano de Washington) un despacho de alto standing con tódalas comodidades e adiantos, e que chegou a vomitar de rabia ante as repetidas negativas da musa camariñana a abandonar a súa amada vila natal.

Nada mellor que a presente reportaxe para ilustralo: da man destas dúas heroínas do xornalismo amateur da Costa da Morte poderedes observar como unha tarde encapotada no merendeiro máxico da Praia do Ariño se convirte nunha obra de arte.

Galería Fotográfica



Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

gelinita 16-08-2008 17:14 #

que enbidia medades queben opasedes e juapos todos adriana juapisima lusi tamen

Responder | Responder con una citación | Citar
fabio 16-08-2008 18:01 #

POS TA MUI BEM A NOTISIA BES,A BERDA E QE SIENPRE MEJUSTOU MUITO A PLAYA DO AREIÑO DE SAVIÑA E LUCI E ADRYANA MUI JUAPAS COMA SIENPRE, BER NOTISIAS ASI DA JUSTO.SI SEÑOR CAMARINAS.EU SEJIDE ASI E FALIS ANIBERSARIO,TND ES QE CUMPLIR INDA MUITOS ANOS MASSSSS!!!!

Responder | Responder con una citación | Citar
mantida 16-08-2008 20:55 #

o tempo non acompañou muito nin había xente coma outros anos pero siempre se esta ben cando estas rodeado dos teus amijos.Bravo por adry e luci!

Responder | Responder con una citación | Citar
rubiasexy 16-08-2008 22:09 #

mima que ben opasades si chobe bos festa rachada yjual non ahi quen che amole mantida ti siempre de festa e traballando siempre fas majas sefa

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar