Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 21 de Julio de 2011 07:45   
Festa da Praia 2011
Festas en Xavina
A Festa da Praia estará marcada este ano polo mellor humor galegoA Festa da Praia que tradicionalmente se celebra cada 25 de xullo no Areal xaviñán do Ariño estará marcada nesta edición polo humor galego. Polo mellor humor galego xa que como invitados de excepción estarán presentes o 25 de xullo, Día do Apóstol Santiago, Patrón de Galicia e das Españas, Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Pois alí estarán o luns 25 de xullo, no entorno paradisíaco do Ariño xunto a centos de veciños chegados dende tódolos recunchos do noso concello nun día que, se esta climatoloxía adversa que nos está a amargar o verán 2011 o permite, se convertirá nun placer difícilmente superable: o mellor entorno para un día de verán, unha comida abundante (gran sardiñada), boa música (charanga O Recobio, Abrindo Rejo, Escolas Municipais de Baile) e humor galego.

 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar