Na madrugada deste frio venres 17 de novembro de 2017 deixaba este mundo o querido veciño de Xaviña Don Manuel Figueroa Canosa aos seus 54 anos de idade. Moi coñecido en todo o concello, sempre afable e coa súa bicicleta facendo o traiecto dende Xaviña ata Camariñas, Manolo da Aguda, como era máis coñecido en Xaviña, falecía no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee despois dunha dura loita contra un cancro que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo Manolo. Os restos mortais de don Manuel están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán ás 17:15 da tarde deste sábado 18 de novembro cara a súa querida Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Alí, no sagrado templo xaviñán será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizar o sepelio dos seus restos mortais. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Figueroa Canosa. Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.