Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña
Andaba estes días máis atareado do habitual o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño para deixar todo listo de cara a outra gran edición da Festa da Praia 2017. Este martes 25 de xullo de 2017, Día de Santiago Apostol, celebrarase no merendeiro da praia do Ariño de Xaviña a partires das 12 da mañá a típica misa en honor ao benerado patrón de España e Galicia. Rematada a misa solemne que o noso querido páter Don Mario impartirá coa súa característica sabiduría teóloga chegará o tempo para o lecer coa actuación do Dúo Diamante que será o prolegómeno da tradicional parrrila de sardiñas que os voluntariosos empregados municipais repartirán para todos os asistentes. A continuación será o turno dos xogos hinchables para os máis pequenos da casa. E despois, xa pola tardiña, tocará desfrutar cos diferentes actos musicais que dende o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo de Xaviña teñen preparadas para todos os que se acerquen a un lugar de beleza incomparable como o é o merendeiro do Ariño de Xaviña. Feliz día de Santiago Apostol!

Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.