Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 11 de Noviembre de 2011 22:43   
Retorno ao Campo do Turco, Xaviña
curiosidades
Bénder no cume do último dos enclaves otomanos no Concello de Camariñas: o Campo do TurcoDentro da crecente fiebre de sendeirismo que inunda unha terra pródiga como ningunha en espléndidas rutas que acometer a lomos dunha mochila, o redactor que o presente subscribe en datas recentes presentouse no Areal do Ariño para percorrer na compañía dun intrépido canciño impertinente e ladrador, peregrino de mil camiños, a Ruta da península da Insua. E así imbuidos polo 1/8 de pura sangue xaviñana que percorre as nosas venas, seria, traballadora, aforradora, cristiana antiga nun sentido puramente relixioso e hebraica no económico, iniciamos o percorrido dun camiño renacido para os destinos do sendeirismo municipal dende algún despacho da Casa do Concello e achegámonos ata o Campo do Turco. Seguramente dende esa oficina que dun tempo a esta parte rixe de maneira productiva  e inigualable  como nunca ata o de agora ese camariñán exemplar ao que os seus pais deron en chamar un día bendito do ano de 1975 Juan Manuel Cabrejo Pasantes.

Faltaría por saber o que diría deste enclave, no seu día posible punto de vixía de ameazadoras incursións de piratas berberiscos, o excelso e maxestuoso Orhan Pamuk, Premio Nobel de Literatura no 2006. Ou incluso o non menos talentoso mediapunta de raíces xermano-turcas Mesut Ozil, o que, enfundado nun sudario branco, puro e virxinal, escribe cada domingo liñas vertixinosas de arte e tiralíneas no Estadio Santiago Bernabeu. As mesmas do gran cineasta Fatih Akin ("Contra La Pared", no 2004, ou "Al Otro Lado" no 2007), así como as dos inéditos ata o de agora Nuri Sahin e Hamit Altintop. Faltaría por reunir, nesa paisaxe lunar de pinos calcinados e toxo crecente tralo incendio devastador de agosto do 2010, derradeira das conquistas do Oriente na Europa Occidental, a tan exclusiva compañía ao redor dunha botella de raki, complementada con auga, zucre e xeo.

E alí, no cume do último dos enclaves otomanos do noso concello, mentras acometíamos un camiño iniciático, de retorno ás raíces, aquelas que seguramente percorrío centos de veces a bisavoa Eufrasia, non deixaba de percutir no noso cerebro monótona, evocadora, irlandesa e mediterráneamente como ningunha a Canción Turca dos Malditos. A música iracunda, céltica, de The Pogues, esa mesma que saío dende sempre dos dentes putrefactos de Shane McGowan. Así foi.

Galería Fotográfica


DSCN8550
DSCN8549
DSCN8548
DSCN8547
DSCN8546
DSCN8544
DSCN8543
DSCN8542
DSCN8541
DSCN8540
DSCN8539
DSCN8538
DSCN8536
DSCN8534
DSCN8533
DSCN8530
DSCN8529
DSCN8528
DSCN8526
DSCN8525
DSCN8523
DSCN8522
DSCN8521
DSCN8520
DSCN8518
DSCN8517
DSCN8516
DSCN8515

Turkish Song Of The Damned



Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar