Unha morea de xente deuse cita no Ariño para ver a Mucha e Nucha

Unha estampida de público foi a que se deu cita o pasado 25 de xullo nos arredores da fantástica Praia do Ariño de Xaviña para ver a Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Así, a eso das 8 menos cuarto facían acto de presenza estes dous grandes humoristas galegos entre a multitude que se agolpaba no pinal do Ariño e que, ao velos chegar, saltou en avalancha para sacar unhas fotos e conversar cos seus heroes televisivos. Alí tamén pudemos ver a nosa querida amiga Chelo (antiga camareira do Bar do Casino) acompañada do seu sobriño Marcos Pereiro e integrante de As Cantareiras de Ardebullo. Toda unha sorpresa. O caso é que este 25 de xullo, festa grande en Xaviña e tamén por extensión no resto de España, houbo moitas máis actividades nesta Festa da Praia organizada exemplarmente pola Asociación Abrindo Rejo de Xaviña pero deixámosvos de agasallo o prato forte deste día especial na praia do Ariño con cerca de 100 fotos da actuación estelar de Mucha e Nucha: As Cantareiras de Ardebullo.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar