Á Búsqueda do Tesouro do Ariño
curiosidades
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Sábado, 10 de Marzo de 2012 11:00
Na espléndida mañán primaveral un buscador de tesouros presentouse no AriñoHai uns días un home de orixes descoñecidas, cunha desaliñada melena, unhas botas de auga e un buscador de metais por toda bagaxe, nunha escea que recordaba vagamente a aquel film dos 70 no que un Jean Paul Belmondo condeado a traballos forzados expurgaba de minas trala Segunda Guerra Mundial as praias da Bretaña francesa, presentouse no areal xaviñán do Ariño. Posiblemente ía a búsqueda dun tesouro desaparecido, quen sabe, tal vez a paisaxe paradisíaca evocara no seu maxín as illas desertas do Caribe de Robert Louis Stevenson cas súas cuadrillas de piratas, corsarios e tropas do Gobernador ou do Virrey na súa sempre infructuosa persecución. Ao decir dos presentes conseguío descubrir un botín de 75 euros en monedas dispersas, imprudentemente caídas dos bolsillos de veraneantes domingueros, algún que outro anillo e unha pulsera, o cal tal vez nin siquera cubrira o custo da viaxe. Na lonxanía, no horizonte infinito de baixamar primaveral, afanábanse unhas mariscadoras que posiblemente sacaran maior tallada da xornada. Malos tempos, incluso para a búsqueda de tesouros misteriosos, malos días para entregarse a esperanzas ilusorias.
Por favor, registrate para calificar.
 
Actuación musical Carnaval de Xaviña
Festas en Xavina
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 22 de Febrero de 2012 17:05
Unha morea de xente deuse cita para presenciar o mellor carnaval da Costa da MorteUn carnaval sinxelo, familiar e humilde. Feito polas boas xentes da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas e compartido cada vez por máis e máis persoas que non queren perderse a gran cita carnavalesca de Xaviña. Unha festa que contou este ano coa participación de tres promesas da canción, tres guapas rapazas que subiron ao palco montado pola Asociación Abrindo Rejo para reflexar diante das masas todo un torrente de voz e sabiduría musical. A camariñana Karina e as xaviñanas Yolanda e Erika deixáronse a pel no escenario para, nunha actuación a tres bandas, asombrar a todos os asistentes. Así e todo, despois houbo tempo para desfrutar cos disfraces de toda a vida e as comparsas que fixeron as delicias de todos con risas e comicadas a esgalla. Pero agora é o turno das rapazas cantantes (no mellor sentido da palabra, non estamos a falar de políticos caraduras que andan a denunciar ao cidadán de a pé) e de todo o seu chorro de voz que camarinas.eu trouxo a estas páxinas nunha noticia en exclusiva.
Por favor, registrate para calificar.
 
Entroido 2012 en Xaviña
Festas en Xavina
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Jueves, 16 de Febrero de 2012 11:00

O carnaval máis dicharacheiro da costa atlántica: en Xaviña

Se hai un entroido de carácter popular, dicharacheiro, multitudinario e gastronómico no noso concello ese é o xaviñán. Un ano maís ao carón da súa  cáseque milenaria igrexa parroquial, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e ca colaboración inestimable municipal, este domingo 19 de febreiro  centos de persoas daranse cita nun evento con renome en toda a Costa da Morte. Como sempre haberá orellas, chocolate, filloas e como non o sorteo dun porquiño. Aquí en camarinas.eu apara ir abrindo boca ca nosa cita ineludible co entroido xaviñán procedemos a publicar unha galería fotográfica do derradeiro magosto celebrado na parroquia máis extensa do noso concello.
Por favor, registrate para calificar.
 
Retorno ao Campo do Turco, Xaviña
curiosidades
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Viernes, 11 de Noviembre de 2011 22:43
Bénder no cume do último dos enclaves otomanos no Concello de Camariñas: o Campo do TurcoDentro da crecente fiebre de sendeirismo que inunda unha terra pródiga como ningunha en espléndidas rutas que acometer a lomos dunha mochila, o redactor que o presente subscribe en datas recentes presentouse no Areal do Ariño para percorrer na compañía dun intrépido canciño impertinente e ladrador, peregrino de mil camiños, a Ruta da península da Insua. E así imbuidos polo 1/8 de pura sangue xaviñana que percorre as nosas venas, seria, traballadora, aforradora, cristiana antiga nun sentido puramente relixioso e hebraica no económico, iniciamos o percorrido dun camiño renacido para os destinos do sendeirismo municipal dende algún despacho da Casa do Concello e achegámonos ata o Campo do Turco. Seguramente dende esa oficina que dun tempo a esta parte rixe de maneira productiva  e inigualable  como nunca ata o de agora ese camariñán exemplar ao que os seus pais deron en chamar un día bendito do ano de 1975 Juan Manuel Cabrejo Pasantes.
Por favor, registrate para calificar.
 
Remate da EDAR de Brañas Verdes
curiosidades
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 19 de Octubre de 2011 15:20

Instalación da cisterna central da EDAR de Brañas Verdes

Volve Camarinas.eu a un dos seus pasatempos máis entrañables: o de revisar as obras que se realizan por tódolos recunchos do concello. E desta vez pasámonos uns minutos pola flamante Depuradora de Augas Residuais de Brañas Verdes (de aquí en diante EDAR-BR para abreviar e darlle un toque máis técnico ao asunto) onde os operarios da empresa adxudicataria daban os últimos retoques para a instalación dunha arqueta de desbaste, un separador de graxas e o reactor biolóxico que serán soterrados sendo só visible unha arqueta de toma de mostras. Unha EDAR que depurará tódalas augas fecais dun dos lugares máis elevados xograficamente falando do Concello de Camariñas e que, se non surxe ningún imprevisto (que lamentablemente sempre salta algunha lebre) comezará a funcionar en poucos días. Cabe destacar da EDAR-BR varias cousas entre as cales que se trata xa esta EDAR da cuarta depuradora que se constrúe no concello, sendo financiada en toda a súa totalidade pola defunta Deputación da Coruña de Fernández Moreda (canto se lle botará de menos a este home en Camariñas, tempo ao tempo), e que debería de ser a antesala da próxima obra que debería acometer a Conserllería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia: o saneamento de Xaviña. O único territorio habitado do concello que carece desta característica fundamental. E aínda que xa estuvera proxectado e presupostado polo goberno de Pérez Touriño todo foi chegar o novo goberno e tirar polo chan a ilusión de centos de xaviñáns. Así é a política, dirían algúns. Bueno, nos dende aquí non dicimos que sexa dunha forma ou doutra pero sí que estaremos ao pé do cañón para defender a igualdade de Xaviña para equipararse ao resto de territorios do concello que xa posúen o seu necesario saneamento. Tan só se ten que poñer un pouquiño de gañas dende a consellería e aprobar eses caseque 3 milloncejos de euros que, total, para o que representan no seu presuposto... pero si que representarían un salto cualitativo na calidade de vida dos veciños e veciñas da única zona habitada do Concello de Camariñas que non está saneada: Xaviña.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 17