Inicio arrow Xaviña - Sta. Mariña
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 29
Members: 1

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8930032
    Xaviña - Sta. Mariña
    Patrimonio.eu: Recuperacion dun Muiño en Xaviña PDF Imprimir Correo-e
    (70 votos)
    Gracias á labor desenrolada por Ernestina e Ángeles un dos muiños máis fermosos do concello volve á vida
    Gracias á labor desenrolada por Ernestina e Ángeles un dos muiños máis fermosos do concello volve á vida

    Camarinas.eu recala na súa singladura xornalística nun dos lugares máis fermosos e menos coñecidos do Concello de Camariñas: os Lugares de Pedrouzo e Chandeira, na parroquia de Xaviña, un rincón bucólico e coqueto marcado polo fluir dun regato que vive os seus derradeiros intres antes de desembocar no fértil areal do Ariño. Alí, nun pequeno declive da carretera que leva a Brañas Verdes, existía dende antigo un  pequeno muiño que foi construido por aquelo de aproveitar a forza das augas para moer o millo co que serían alimentadas as bestas ou cociñada a sabrosa broa. Sin embargo, chegou o día no que unha xungla de toxo e matorral adueñouse dun muiño ao que o progreso material facía prescindible. E pasaron os anos ata que aproveitando unha subvención da Xunta de Galicia, a Asociación de Veciños de Xaviña decidío contratar a dúas rapazas, Ernestina e Ángeles, para realizar diversos traballos de limpeza pola parroquia, entre eles o encargo urxente e inaprazable de proceder á recuperación do muiño e do seu entorno, prácticamente desaparecidos pola selva que os cubría. E estas dúas veciñas de Xaviña aplicáronse con tanta ilusión e gañas, ca tenacidade e forza de vontade que caracteriza ás xentes da parroquia máis extensa do concello, que ata conseguiron facer funcionar o circuito de auga que leva ao muiño. E conseguiron devolver á vida un dos monumentos máis fermosos do concello.

     
    Carnaval en Xaviña 2010 PDF Imprimir Correo-e
    (95 votos)

    Todo o talento e imaxinación das boas xentes xaviñanas quedou demostrado neste Carnaval do 2010
    Todo o talento e imaxinación das boas xentes xaviñanas quedou demostrado neste Carnaval do 2010

    Ben é sabido dende antigo que as xentes que pueblan a planicie xaviñana caracterízanse por ser persoas austeras, humildes, traballadoras e cumpridoras da Lei de Deus, por eso cando son chegadas as datas do Entroido a alma xaviñana bótase ás rúas da súa milenaria terra cristiana para disfrutar e darse a última gran homenaxe antes dos rigores dunha cuaresma que na parroquia máis grande do noso concello cúmplese de forma escrupulosa e con rigor legalista. Así o puidemos comprobar este domingo 14 de febreiro de 2010 cos impresionantes carnavais organizados pola Asociación Abrindo Rejo onde chegou ata a rifarse un cochino (con perdón)  e no que centos de persoas vestiron imaxinativos e alegres disfraces sendo o de avión supersónico o que finalmente resultou vencedor. Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e para a que cada parroquia é aínda máis importante que a anterior, estivo presente e captou todo o acontecido na ancha llanura xaviñana nunha amplia galería de 220 fotografías. ¿Quién da más?

     
    24 Cumpreanos de Felipe Santos Alves PDF Imprimir Correo-e
    (69 votos)

    Feliz Cumpreanos Felipe!!

    Felipe Santos Alves acompañado de unha parte dos seus numerosos amigos de Camariñas
    Felipe Santos Alves acompañado de unha parte dos seus numerosos amigos de Camariñas

    Hoxe 11 de febreiro de 2010 é un día moi especial para unha querida familia xaviñana xa que Felipe Santos Alves máis coñecido como Felipe de Xaviña ou Felipe do Alcalde cumpre 24 esplendorosos anos. Este rapaz, querido e admirado como poucos, é integrante destacado do grupo destes chavales que comezaron a xogar nas categorías inferiores do balonmán en Camariñas nos seus inicios e do cal saíron auténticas estrelas deste deporte. Podemos estar citando todas as virtudes que caracterizan a este rapaz como a súa entrega aos amigos e á familia, a súa responsabilidade no traballo e dedicación no deporte, etc, etc, etc... pero o que máis apreciamos os que o coñecemos a Felipe é a súa humildade e bo corazón que sempre foron característica neste exemplar rapaz que hoxe cumpre 24 anos. Desde camarinas.eu queremos desexarche un feliz 24 cumpreanos e que sempre sigas sendo así, como eres. Felicidades Felipe!!

     
    Beirarruas na marxe dereita da Pista a Igrexa, Xaviña PDF Imprimir Correo-e
    (59 votos)

    Alma de xubilado

    A empresa xaviñana de construcción Canto y Carril iniciou a acometida das obras da Rúa á Igrexa
    A empresa xaviñana de construcción Canto y Carril iniciou a acometida das obras da Rúa á Igrexa

    Pois ahí está o noso querido amigo Josemar, xerente de Construcciones Canto y Carril, sendo profeta na súa propia terra e executando as obras de construcción de beirarrúas na marxe dereita desa carreteriña comarcal que leva dende a recta de Sara ata a milenaria igrexa xaviñana, o maior expoñente da arte románica no Concello de Camariñas. Aproveitando a paréntese de clima seco e soleado que por uns días parecíose abrir sobre a ancha llanura de Xaviña, esta empresa natural de tan vasta parroquia iniciou a realización dunha obra que foi adxudicada nunha cantidade próxima aos 80.000 euros e que é financiada pola Deputación Provincial en colaboración co Concello de Camariñas. Aquí en camarinas.eu como aínda que non chegáramos aos 67 anos temos alma de xubilados prematuros e gústannos as obras tanto como a un tonto unha tiza, non perdemos ocasión de acercarnos ata calquer obra que se acometa no término municipal e sacar o inxenieiro que levamos dentro cunhas cantas opinións que ninguén solicitou e o que é peor, que a ninguén lle interesan. Todo sexa polo progreso ("The way to the future", que decía Leonardo Di Caprio na inquietante escena final da espléndida El Aviador).

     
    Maria Jesus Lema Martínez, D.E.P. PDF Imprimir Correo-e
    (174 votos)

    Traxedia absoluta en Xaviña

    Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre  Xaviña
    Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre Xaviña

    A maior desgracia posible, o dolor máis atroz e profundo abatíose na tarde deste 24 de decembro, Día de Noiteboa, sobre a parroquia de Xaviña.  Segundo noticias que empezaron a chegar no medio do estupor máis absoluto, cara as 15:00 horas María Jesús Lema Martínez, funcionaria de correos da oficina postal de Camariñas e veciña de Xaviña e o seu neno Martín, de dous anos, falecerían nun terrible accidente de tráfico acaecido no punto kilométrico 69,800 da estrada AC-552 que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo, nunha colisión frontal que deixaría ferido leve ao conductor do outro vehículo siniestrado.

    O dolor profundo por semellante traxedia agrávase nesta redacción polo feito de que hai un ano e medio, concretamente un 4 de maio de 2008, esta web publicaba a noticia da voda celebrada na Igrexa de Xaviña entre Maria Jesús e o seu marido Francisco, camioneiro de profesión e natural de Vilaseco, e do bautizo de Martín, fillo de ambos, evento cuberto por un Diego Alonso Freire que non da creto ao sucedido e lamenta no máis profundo do seu ser tan terrible accidente. Un Nadal que se volve tinguir de luto no Concello de Camariñas por segundo ano consecutivo, xa que o próximo día 31 de decembro cumprirase o cabodano do tráxico falecemento na Coruña de Juan Carril Ramos. Aínda que sexamos conscientes de que as nosas palabras non poderán consolar nin siquera mínimamente o dolor tan inconmensurable e absoluto da súa familia, esta redacción ao completo en nome de tódolos seus usuarios quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia de María Jesús e Martín nestes momentos. Descansen en Paz.

     
    Gastronomia.eu: Curso de Cocina para Homes PDF Imprimir Correo-e
    (66 votos)

    Reinventando a Cociña

    A soidade dunha cociña foi o espacio do que se apoderaron un puñado de varóns para crear arte culinaria
    A soidade dunha cociña foi o espacio do que se apoderaron un puñado de varóns para crear arte culinaria

    Na mañán do sábado 19 de decembro de 2009 reuníanse no complexo hosteleiro de Aldea Madeira once homes cun obxectivo claro. ¿Once homes? Once valientes, querido electorado. Unha lixeira auganeve provinte dun ceo pragado de malos propósitos recibía a este puñado de valerosos autodidactas da boa cociña nun xélido paraxe boscoso dominado por unha serie de riscos desolados nos que o termómetro marcaba 5ºC. Dentro das instalacións, a falta de calor que proporciona o ritmo continuado de vida facía que a sensación térmica de frío ártico que se apoderaba por momentos dos inexpertos chefs non variase moito. Nestas condicións climáticas extremas, estos valientes tiveron tempo de reinventar o difícil e tan explorado arte das ensaladas e dos postres con dúas invencións culinarias que son analizadas ao detalle nesta noticia polo experto gastronómico de camarinas.eu.

     
    Gastronomia.eu: Curso de Cociña para Homes PDF Imprimir Correo-e
    (50 votos)

    Arranca o curso cun suculento banquete

    Tendo en conta que os mellores cociñeiros do mundo son varóns, arranca o 2º curso de cociña para homes
    Tendo en conta que os mellores cociñeiros do mundo son varóns, arranca o 2º curso de cociña para homes

    Xusto no día no que o gran frío invernal chegaba á Camariñas da man dun sol radiante e dun xélido vento do norte, no apartado paraxe boscoso de Aldea Madeira preto dunha veintena de varóns de tódalas idades  daban comenzo ao Segundo Curso de Cociña para Homes, baixo o superior maxisterio do cociñeiro profesional Pedro Sestayo Riveiro. Un gran número deles repiten experiencia, mentras que outros son recén chegados que nos vindeiros meses dúas veces por semana en días aínda por determinar tratarán de experimentar a placenteira sensación de colocarse diante dos fogóns para crear arte culinaria. A delicia elexida para o estreo foron polos recheos asados a 190ºC durante unha hora no forno de convección, acompañados dunhas innovadoras e espectaculares patacas e adobados cunha salsa resultante de pasar pola batidora o recheo antes mencionado e que deixaba no paladar unha grata sensación dulzona.

     
    Rua do Sixto, 8-11-2009 PDF Imprimir Correo-e
    (50 votos)

    A nova imaxe da Rúa do Sixto en Xaviña

    Pichurri, o contratista da obra e o  enxeñeiro revisaron este domingo as obras do Lugar do Sixto en Xaviña
    Pichurri, o contratista da obra e o enxeñeiro revisaron este domingo as obras do Lugar do Sixto en Xaviña

    Este domingo 8 de novembro a eso das 12 da mañán reuníanse en Xaviña, concretamente nas obras da rúa do Sixto, o Alcalde de Camariñas Pichurri, o constructor responsable da obra Antonio Fernández Pereira e o ingeniero redactor do proxecto Juan Carlos Canosa Marcote. O obxectivo de dita reunión era o de comprobar in-situ os últimos remates na mellora viaria da Rúa do Sixto enclavadas dentro do Plan-E do goberno central e promovida polo Concello de Camariñas. A mellora sustancial desta calle transversal xaviñana resulta evidente xa que ésta ancheouse de forma considerable mellorando o tránsito dos coches por esta concurrida vía xaviñana.

    Os valados e accesos das casas e hortas tamén foron feitos novos case na súa totalidade así como os accesos a hortas e cabanotes destacando neste aspecto a colaboración de caseque todolos veciños. O piso desta calle está realizado en pavimento pulido pola empresa soneirana HORMIPASA a cal utilizou unha nova capa de resina que non é esbaradiza paliando desta forma os sucesivos problemas que este tipo de material producía en outras calles realizadas de forma similar. En fin, a obra do Sixto orzamentada en 174.455,06 euros está xa caseque rematada e podes comprobalo na amplia galería de fotos que che ofrecemos dentro desta noticia.

     
    Accidente de Enrique Canosa PDF Imprimir Correo-e
    (74 votos)

    Enrique, gran xogador de balonmán nunha imaxe co seu equipo da alma: o CB Balonmán Camariñas
    Enrique, gran xogador de balonmán nunha imaxe co seu equipo da alma: o CB Balonmán Camariñas

    A gravidade das súas feridas fixo nun primer instante pensar o peor.  Hai xa uns días que está estable e consciente e cáseque recuperado das súas graves feridas. Pero os familiares e amigos de Enrique, fillo do gran electricista xaviñán Manuel Canosa, pasamos unhas semanas realmente desesperantes ante a gravidade na que se atopaba este xoven xaviñán no hospital Juan Canalejo debido a un accidente automovilístico acontecido no concello de Cabana hai caseque un mes cando o noso amigo voltaba un venres do seu traballo dende A Coruña. Enrique, un rapaz xoven e forte sobrepúxose a esas terribles feridas e xa dentro de pouco voltará xunto a súa muller e o seu precioso fillo que non se separaron del nesas terribles e duras semanas de internamento no hospital. En fin, desde camarinas.eu queremos animar a toda esta xoven familia despois de todos estes malos momentos e desexar a Enrique unha feliz volta a casa. ¡FORZA ENRIQUE!

     
    Confirmacion masiva en Xaviña PDF Imprimir Correo-e
    (91 votos)

    Avalancha de confirmacións en Xaviña

    camarinas.eu non podía faltar á cita cun dos actos máis importantes na vida de tantos xóvenes xaviñáns
    camarinas.eu non podía faltar á cita cun dos actos máis importantes na vida de tantos xóvenes xaviñáns

    Posiblemente, a Igrexa de Santa María de Xaviña leva asistindo á celebración de confirmacións masivas dende hai máis de 800 anos. Agora ben, poucas veces vería este sagrado templo católico, unha das maiores xoias da arte románica nestas terras, semellante avalancha de confirmacións como a que tivo lugar no sábado 27 de setembro de 2009 cando 109 xóvenes provintes de parroquias de Xaviña, Ponte do Porto, Camariñas e de "La O" (Concello de Muxía) se confirmaban nun acto que conduciron con sabiduría e bo facer o Vicario de Santiago, o cura de Berdoias e oriundo de Xaviña Don Ramón, o cura de Cereixo Don Pedro e o insustituible Cura Párroco de Xaviña Don Mario. Pulsa na imaxe para ver unha amplia galería fotográfica do evento no que se confirmou a fe cristiana de 109 rapaces e (fermosas) rapazas.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 54

    InmoCamarinas.eu

    Image