Fisioterapeutas, interventores, arquitectos, economistas..., múltiples e moi variadas son as profesións nas que pouco a pouco van abríndose paso os camariñáns. E sen embargo, se había ata o de agora unha profesión, vital pola súa importancia para a sociedade, na que ningún fillo de Camariñas destacara era a de médico. Esta situación ven de ser remediada en datas recentes pola invitada do Top Camariñas desta semana: Patricia Jove Alborés, unha xove doctora metade coruñesa, metade camariñana de 26 anos e signo capricornio. Patricia pertence a esa estirpe de camariñáns que ten que vivir fora do seu pobo a maioría do ano, e precisamente por eso aprecian máis que ninguen a beleza de Camariñas. Filla dun coñecido promotor inmobiliario coruñés, Ángel Jove, Patricia sen embargo dende moi nova alonxouse da tradición familiar e quixo seguir o seu propio camiño, cumprindo o seu propio soño. Así, en tempo rércord, licenciouse en Medicina e Ciruxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2006, e ó ano seguinte, en 2007, aprobou o tan temido MIR. Actualmente, está xa a dar os primeiros pasos dos que será sen lugar a dúbidas unha fecunda carreira no Hospital Meixoeiro de Vigo, onde traballará como Médico residente de Ciruxía Xeral durante os próximos cinco anos. Dende a casa na Rúa do Medio na que viviron toda a vida os seus avós, Justa e Moncho, dous afables panadeiros que facían a que era sen dúbidas a mellor broa de todo Camariñas, percorreu a pe os cen metros que a separaban desta redacción e esto foi o que declarou:
  • Un lugar para vivir: A Coruña.
  • Un lugar para escapar: Camariñas, como decía o invitado de Top Camariñas da semana pasada, entendo que son dous lugares perfectamente compatibles.
  • Unha paisaxe: Sen lugar a dúbidas Reira. E dentro de Reira, en especial a súa praia grande. Tódolos veráns na miña casa estamos pendientes de eses tres ou catro días sen vento, perfectos na súa quietude, que hai ó ano para ir a disfrutar da Praia Grande. Un día así alí non se compara a nada.
  • Un prato: Como boa filla de camariñana, toleo polo peixe. O meu preferido e o bonito, sobre todo cando se prepara nun marmitako. Aínda que os percebes da pedra do Faro tampouco se quedan atrás.
  • Unha bebida: Tomarme un clara de verán no local que Estrella Galicia  ten en Catro Camiños na Coruña: a mítica "Fábrica". É bo para a saúde.
  • Un rasgo físico dos homes: Os ollos escuros, negros.
  • Algo que lle pida a un home: Que sexa intelixente e cariñoso, se é que queda algún así.
  • Unha película: Para compensar a tensión dos quirófanos en ocasións retorno á infancia: "Alicia en el país de las maravillas", de Walt Disney.
  • Un actor: Un clásico: Paul Newman, que sen embargo tiña os ollos azuis.
  • Unha actriz: E agora, unha clásica: Katherine Hepburn.
  • Un grupo de música: De sempre U2.
  • Unha canción: "One", unha das cancións míticas de U2 de principios dos 90.
  • Un libro: "La casa de los espíritus", da chilena Isabel Allende.
  • Un escritor: Pois recalcando no anterior, o meu estilo narrativo preferido é o "Realismo Máxico" hispanoamericano, por eso como escritor quédome con  "Gabo", e dicir, o colombiano Gabriel García Márquez.
  • Un soño: O soño que me animou durante todos os meus anos de universidade e que me motiva día a día no traballo é o de chegar a ser unha boa médica, que como ciruxano poida salvar as máximas vidas posibles e que a través da miña práctica profesional poida axudar a mellora-la calidade de vida das persoas que pasen polas miñas mans.

Unhas mans das que polo de agora unicamente se beneficiarán en Vigo, pero seguramente pronto poderemos aproveitarnos da súa profesionalidade e seriedade máis ao norte, porque ben sabe esta redacción da morriña que ela sente por Coruña (como todos os que dunha ou doutra maneira estamos relacionados ca cidade herculina) e pola súa Camariñas, lugar a onde escapa cando ten un momento libre. Poucas veces Top Camariñas terá un invitado de tal altura profesional. Patricia, foi un honor.

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Patricia Jove, 26 anos, Medico de Ciruxia XeralBeldoña 28/01/2009 19:10
PATRICIA,Patric ia,patricia..., Pero,vamos a ver:Filla do meu amijo-contrinca nte-animador de contos do Náutico,Médica- siruxana (que, calquer día caemos nas súas máns-Dioloqueir a-),amija dos meus fillos,...Unha eminensia coma éla...,e,¡sin comentarios...! Pois o meu é:PTRICIA,acord ate de mín,cando caia nás túas máns.
Un afectuoso saúdo
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # ACLARAR ALJO DO ANTERIORBeldoña 28/01/2009 19:49
...O de Contrincante,é en contálas máis jordas...VERDAD ES (EU),MENTIRAS (o que queda)
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar