Chega a hora de que camarinas.eu lle renda unha homenaxe ao mellor futbolista que nunca saío da Costa da Morte: Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo". Moitas foron as solicitudes que recibío esta redacción para adicarlle este Top Camariñas a Juanillo, pero nos quixemos esperar á data indicada, e así hoxe, os astros aliáronse con camarinas.eu e esta homenaxe chega xusto despois de que onte Juanillo lograra o posiblemente mellor gol da súa carreira: un zurdazo desde o medio do campo contra o Mazarrón na Segunda División B española. Esta redacción quere adicarlle esta reportaxe, e espera sinceiramente que lles guste, a Gelinita e Juan do Penedo, donos do Bar Arnela e pais de Juanillo, como mostra de cariño, respeto e admiración. Para todos aqueles rapaces nacidos na xeración do 75 e que comenzaron xuntos a súa andanza académica no colexio O Areal alá a finais dos setenta, nunha España aínda por desarrollar e que a duras penas daba os seus primeiros pasos democráticos, estaba claro dende un primeiro momento que entre eles había un (o máis pequeno, o máis dicharacheiro, o máis peludo, o máis talentoso) que posuía unhas dotes innatas excepcionais que o farían chegar moi lonxe algún...
Victor Vigo, 23 anos, xogador do SD Teucro
Camarinas.eu móstrase especialmente orgullosa de poder mostrar a todos os seus lectores o novo integrante do club máis exclusivo de Camariñas, o TOP, nunha das entrevistas máis longamente anheladas por esta redacción: a de Víctor Vigo, o camariñán que arrasa na Liga Asobal, a mellor do mundo, que máis lonxe chegou no mundo do deporte de élite nun pobo que conta con bos exemplos de superclases do deporte, e senón ahí están os casos de Camuel e Juanillo no fútbol profesional. Dotado dun físico excepcional para a práctica do deporte (1,86 cm de altura), e dun talento innato para a práctica do balonmán, Víctor Vigo Gerpe é a perfecta mostra de que con traballo e sacrificio, a base de humildade e decisións intelixentes, sempre seguindo os acertados consellos dos maiores, pódese chegar lonxe naquelo que máis lle gusta a un. Nacido en 1984, un nove de maio, día no que se celebra en Rusia a gran Victoria do Pobo Soviético sobre a Alemania nazi que puxo fin a Segunda Guerra Mundial, viña polo tanto a este mundo cos mellores augurios e non tardou moito tempo en empezar a demostralo. Así, en 1996, con doce anos ingresa na Escola de Balonmán...
Ito, 27 anos, Oficial da Marina Mercante
Camarinas.eu móstrase orgullosa de poder volver as orixes (o mar, sempre o mar) e mostrar na edición do Top Camariñas desta semana como unha nova xeración de mariñeiros camariñáns toma o poder : xoves cun alto grado de formación académica, cunha elevada preparación en idiomas e ampla experiencia en singladuras marítimas internacionais, como paso previo a tomar os mandos de calquera das naves atracadas no máis activo dos portos da Costa da Morte. Sen dúbidas, un novo tipo de mariñeiro camariñán está a xurdir, só esperan unha oportunidade para continuar a gloriosa tradición de patróns e armadores que Camariñas legou ao mundo, e unirse a esa longa nómina de nomes lexendarios: Perrúa, Lin, Siro,etc..., por só nombrar uns poucos. Se ben ata o de agora para ingresar no máis exclusivo club de Camariñas esixíase ter unha licenciatura ou haber servido á patria no campo de batalla (ou no despacho dun organismo público, xa non se sabe que é peor), hai ocasións nas que non é necesario esperar a que se produzan os feitos consumados, dada a seguridade de que estes, finalmente, acabarán producíndose. Este é o caso de Evaristo Antelo López, Ito como é coñecido na Camariñas destes tempos,...
Fernando Toba Alonso, médico de urxencias
Se ben ca invitada da semana pasada, Patricia Jove, inaugurábase a lista de doctores camariñáns licenciados, a parroquia da que provén o Top Camariñas desta semana, Ponte do Porto, conta xa cunha longa nómina de médicos de primer nivel: Gumersindo Rodríguez, Celestino Blanco e Eliseo Moreira Canosa, o cal chegou a estudiar mediciña co mesmísimo Castelao e foi o terceiro Presidente do Casino da Ponte do Porto, casino xa fundado alá polo ano 1914. A contribuir a perpetuar esta tradición ven o invitado desta edición, Fernando Toba Alonso, membro dunha histórica familia de fotógrafos da vila porteña que arranca co enlace entre Manolo do Churrero e Marité do Castellano, os cales durante largos anos fixeron as fotos que circulaban na Ponte do Porto cando a feira desta vila era o principal centro comercial da Costa da Morte; tradición que continuou a súa nai Isabel Alonso, casada cun bravo e honrado percebeiro muxián, Rogelio Toba e o seu tío Manolo, Pichurri, tamén fotógrafo na Vila de Camariñas. Con estes antecedentes Fernando non podía fallar, e isto foi o que ocorreu: Despois de estudiar a EXB no seu querido Colexio da Ponte do Porto marchou a estudiar o Bacharelato ao Fogar de Santa Margarita...
Patricia Jove, 26 anos, Medico de Ciruxia Xeral
Fisioterapeutas, interventores, arquitectos, economistas..., múltiples e moi variadas son as profesións nas que pouco a pouco van abríndose paso os camariñáns. E sen embargo, se había ata o de agora unha profesión, vital pola súa importancia para a sociedade, na que ningún fillo de Camariñas destacara era a de médico. Esta situación ven de ser remediada en datas recentes pola invitada do Top Camariñas desta semana: Patricia Jove Alborés, unha xove doctora metade coruñesa, metade camariñana de 26 anos e signo capricornio. Patricia pertence a esa estirpe de camariñáns que ten que vivir fora do seu pobo a maioría do ano, e precisamente por eso aprecian máis que ninguen a beleza de Camariñas. Filla dun coñecido promotor inmobiliario coruñés, Ángel Jove, Patricia sen embargo dende moi nova alonxouse da tradición familiar e quixo seguir o seu propio camiño, cumprindo o seu propio soño. Así, en tempo rércord, licenciouse en Medicina e Ciruxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2006, e ó ano seguinte, en 2007, aprobou o tan temido MIR. Actualmente, está xa a dar os primeiros pasos dos que será sen lugar a dúbidas unha fecunda carreira no Hospital Meixoeiro de Vigo, onde traballará como Médico...
Marcos Vazquez Campaña, interventor do Concello
O Top Camariñas desta semana dedicámolo a presentar en sociedade a un dos redactores de camarinas.eu, Marcos Vázquez Campaña, actual Interventor do Concello de Camariñas. Por primeira vez na historia do noso Consistorio un dos dous postos reservados a funcionarios con Habilitación Nacional, é dicir, a Secretaría e a Intervención, é ocupada por un camariñán, proba evidente dos progresos que pouco a pouco os camariñáns van acadando polo mundo adiante. Así, cando Marcos se enterou pola anterior Interventora, amiga persoal, que o posto quedaba vacante, "inmediatamente pedín na Xunta que me enviaran de volta á miña terra". Neto dun mítico armador camariñán, Manuel Campaña Martínez "Perrúa", este licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña é un apaixoado por todo o que teña que ver ca cultura e a historia rusas ("algo que nin eu mismo me explico"), levou a súa paixón ó extremo de aprende-lo idioma ruso e a visitar a "Santa Nai Rusia" invitado o verán pasado pola Universidade Estatal de San Petersburgo. Actualmente declárase abraiado polas voltas que da a vida ("¡O meu primer posto de traballo no meu propio pobo e de xefe o pai do meu mellor amigo!") e pola espectacular profesionalidade de todo o persoal,...
Cabo Lemus, Militar. 25 anos
En ocasións hai persoas que levan o compromiso coa súa comunidade e coa súa xente ao extremo de poñer en perigro a súa integridade física, incluso de poder sacrificar a súa vida. Este é o caso de Gonzalo Lemus Iglesias, 25 anos, Héroe, Camariñán. Veterano da guerra de Afganistán, onde servío como voluntario en dous períodos distintos, en 2005 e 2006, Gonzalo é da clase de persoas que non ignora que hoxe a primeira liña de defensa da nosa Civilización Occidental, democrática e cristiana, plena de reconocemento de dereitos cara á muller, pasa polos campos minados de Herat, polos desfiladeiros mortais do Val do Panjshir, polas montañas erizadas de Kalashnikovs de Tora-Bora, en definitiva, polo deserto desolado de Afganistán. Nos seus períodos de descanso, entre batalla e batalla podémolo encontrar nun dos bares máis míticos da historia de Camariñas: O Marcha Verde, bar rexentado polos seus pais. Alí entre café e café, mirando para o seu porto querido de Camariñas comentounos a importancia de ter no frente como aliados aos Norteamericanos: "Esos tíos son a auténtica "Caña", no sentido de que son xente superprofesional, cun grado de preparación máxima, cunha tecnoloxía, armamento e protección dun nivel superior". E sobre...
Sergio Caamaño, 27 anos. Delegado Desenvolvemento
Grande como un estado norteaméricano, así é a nosa querida parroquia de Xaviña. Múltiples son as divisións e subdivisións da explanada Xaviñana. Precísamente, nun dos seus innumerables lugares, o Lugar de Cruceiro, naceu o invitado desta semana do Top Camariñas: Sergio Caamaño. Político nato, este Cáncer de 27 anos, pelo negro e ollos marróns é na actualidade o Concelleiro de Desenvolvemento Económico e Servizos Públicos do Concello de Camariñas polo PsdeG-PSOE. Ou como lle gusta dicir a él con orgullo: "O Concelleiro de Xaviña". Despois de uns anos compaxinando estudos e traballo na Coruña finalmente, no ano 2005 Sergio voltou a súa querida terra e dende aquela é un membro activo de todos os movimentos sociais e veciñais que impulsan o desenrrolo de Xaviña. Sempre moi interesado no mundo rural e a súa problemática, sendo Presidente da asociación cultural "Abrindo Rejo" e tamén Secretario da "Asociación de Veciños de Xaviña", él considera que o principal logro acadado polo movimento veciñal xaviñán foi o de sacar aos rapaces da rúa, para iso foron básicos as diversas actividades culturais organizadas na parroquia de Xaviña: Torneos deportivos, biblioteca parroquial, a organización dos festexos de Carnavais e San Xoán, e sobre todo, o olliño...
Mar Ramos, 25 anos. Fisioterapeuta
Hoxe comezamos en camarinas.eu unha nova sección adicada a todos aqueles xóvenes Camariñáns que destacaron nas súas respectivas carreiras académicas e profesionais, por entenderen que deste modo podían servir mellor ao seu pobo, a súa comunidade. A nosa redacción entende que unha cultura baseada no sacrificio e o esforzo, en definitica, no traballo pode redundar dunha maneira moito máis eficaz nunha xeral mellora na calidade de vida de todos nos. Tivemos o honor de ter como primeira invitada a Mar Ramos Prieto, unha Sagitario de 25 anos con mans de ouro (como tiveron ocasión de experimentar os músculos de algún membro da nosa redacción) que traballa como fisioterapeuta por conta propia na súa clínica privada. Tras rematar no ano 2002 os seus estudos na Escola Universitaria de Fisioterapia da Coruña, Mar decidíu abrir en Novembro de 2006 a súa propia clínica co nome de "Marusía" situada na Rúa do Medio 15, 2º B Camariñas.  Optimista por natureza, Mar anima a voltar a súa terra a todos aqueles xóvenes que un día marcharon de Camariñas para estudiar fora, ao entender que aquí sí hai futuro: "¿E por que non? A mentalidade da xente está a cambiar. A fisioterapia non é unha...