Inicio arrow Sucesos
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 33
Members: 3

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8852007
    Sucesos
    Destrozos causados por Bandidismo en Buria
    (83 votos)

    Un camión en fuxida libre causaría supostamente os destrozos no camiño que vai do Outeiro á Reja
    Un camión en fuxida libre causaría supostamente os destrozos no camiño que vai do Outeiro á Reja

    Bandidaxe en Buría

    Foi como aquela película interpretada por Keanu Reeves e Sandra Bullock na que un autobús por mor dun mecanismo explosivo víase obrigado a circular por Los Angeles adiante a grandes velocidades embestindo todo o que se lle puxera a tiro e que debío de haberse chamado "El autobús que no podía ir más despacio" pero que finalmente foi exhibida co máis comercial e marketiniano de "Speed". Ven esta estrafalaria introducción a conta da sorpresa que levaron os veciños do Lugar de Outeiro (Distrito de Buría) cando ao saír á rúa na brumosa mañán do venres 26 de febreiro viron unha serie de destrozos causados no camiño que leva ata A Reja e que afectaron a base do antiquísimo cabazo de Manolo do Sariño e aos peches de pedra de dúas fincas colindantes ca carretera e que ao decir dos veciños supostamente achacaríanse a un camión pertencente a membros dunha coñecida e folklórica minoría étnica que polas noites se dedicarían a limpar fincas, obras e leiras de chatarra, ferro e demáis material que fose menester e que na súa fuxida aloucada causaría tal avería nunha vía histórica do callejero camariñán. Perdonade, respetado electorado, que non se precise máis pero logo se che botan enriba os apóstoles do Políticamente Correcto, aplícanche alegremente tres ou catro epítetos (fascista, racista, ultradereitista, etc) e aquí estamos todos acabados. En todo caso xa se di: supostamente... outra variante podería ser a do vandalismo borracheril.

     
    Chegada do Ciclon Xinthya a Camariñas
    (99 votos)

    Impresionante imaxe que amosa como o mar enfurecido amenaza por momentos con rebasar o Paseo Marítimo
    Impresionante imaxe que amosa como o mar enfurecido amenaza por momentos con rebasar o Paseo Marítimo

    O tifón chega a Camariñas

    O ciclón Xinthya chegou con toda a súa forza devastadora a Camariñas a primeiras horas desta tarde e segundo amosan as impactantes fotografías tomadas por camarinas.eu sobre o terreo cara as 16.00 unha impresionante marea apoderouse do Porto camariñán chegando por momentos a amenazar con rebasar en calquer instante o flamante novo Paseo Marítimo e o destartalado Muelle Vello. Polo que respecta ao  Muelle Novo, barcos chegados dende toda a Costa da Morte buscaron refuxio ao seu carón parecendo nalgúns intres que estaban varados en terra dado o elevado da súa línea de flotación como consecuencia dunha marea viva sen precedentes. Mentras tanto a chuvia pertinaz e constante e os fortes ventos azoutan dende as primeiras horas do día unha Camariñas que polo de agora non presenta destrozos de entidade e na que a luz e o teléfono funcionan con normalidade. Así pois, tal como anticipara camarinas.eu parecemos estar en presencia doutro máis da vaga de temporais deste outono-inverno 2010. Seguiremos informando.

     
    Consecuencias dun inverno duro e cruel (III)
    (63 votos)

    Destrozos na Senda Marina

    A Senda Marina, tamén chamada Pista de Alonso, vío como as súas táboas voaban ao seu paso por Reira
    A Senda Marina, tamén chamada Pista de Alonso, vío como as súas táboas voaban ao seu paso por Reira

    En fin, un xa ten en conta a fantasmagoría habitual dos medios de comunicación, os cales con tal de encher de contenidos os seus programas uns cuantos días máis (créannos, sabemos do que falamos) son capaces de predecir as hecatombes máis apocalípticas acompañadas do fin do mundo, por elo aquí en camarinas.eu todo esto do ciclón Xynthia e os seus ventos furacanados de máis de 150 km/h pois tomámolo de forma bastante escéptica, como aquel tifón mortal no Mar de China tan ben descrito no relato de Joseph Conrad, e que ao final acabou nun simple susto. Porque aquí este outono-inverno de 2010 xa levamos unha boa ristra de temporais de tódalas especies e porque, sobre todo, o peor de todos, foi aquel que por ninguén fora anunciado e que cara ás 2:00 daquela fatídica noite parecía traer consigo o apocalipsis bíblico ao Concello de Camariñas. Temporais que ata levaron polo aire as táboas de madeira da Senda Marina (tamén chamada Pista de Alonso) ao seu paso pola Praia Grande de Reira. Unha senda que, en todo caso, acusa seriamente o paso do tempo e a decisión dalgún sabio experto de decidir recubrir con madeira un camiño que percorre unhas paraxes azotadas por algúns dos peores temporais existentes nesta terra maldita e pecadora.

     
    Ataques de lobos en Camariñas
    (68 votos)
    Un  Alvito Diéguez desolado contempla impotente os restos da súa burra preñada devorada polos lobos
    Un Alvito Diéguez desolado contempla impotente os restos da súa burra preñada devorada polos lobos

    A historia se repite

    He aquí outro exemplo da estupidez humana, insondable e infinita: este fin de semana pasado un coñecido articulista de El País, mui progre el por suposto, e tamén moi ecoloxista, ou sexa, o paquete completo, achacaba o feito de que un oso polar macho devorara ao seu propio fillo a cando "enciende uno la calefacción en su casa de Madrid", é decir, ao Cambio Climático que volve tola á natureza, descoñecendo na súa oceánica e atrevida ignorancia que esta é unha conducta normal de moitos animais salvaxes (osos entre eles), contrastada científicamente. 

    Como certamente estúpido foi esa iniciativa dos ecoloxistas de ceibar polos montes e bosques españois preto de 3.000 lobos como os que este venres 19 de febreiro devoraban cara as 12 do mediodía unha pobre burriña preñada de catro meses ao noso querido amigo Albito Diéguez Sr. na súa finca situada na Carretera do Faro, o que fai que a historia se repita e por elo Alvito esté bastante desanimado na súa tentativa de seguir criando burriños do país. Unha historia que seguirá repetíndose mentras toda esta ideoloxía ultra-mega-archi-ecoloxista a ultranza siga campando polos seus respetos.

     
    Transformador inundado e perigoso na Rúa da Constitucion
    (69 votos)

    O mantemento dos transformadores

    As augas limpas e cristalinas do transformador-piscina ben valen unha portada de camarinas.eu
    As augas limpas e cristalinas do transformador-piscina ben valen unha portada de camarinas.eu

    Camarinas.eu publicaba onte á noite os efectos devastadores que o vento provocara na fermosa Ermita da Virxen do Monte na tarde deste martes pasado. Desperfectos que son poucas veces predecibles e que case nunca teñen responsables agás o vento enfurecido que os provoca. Todo o contrario que a nosa seguinte noticia que trata do inundamento do tellado do transformador situado na Rúa da Constitución, xusto detrás da Casa Consistorial de Camariñas e que leva así xa unhas cantas semanas sen que ninguén se dea conta do seu estado ou polo menos dea parte delo. Un transformador de corriente que corre serio risco de cortocircuito se  as augas acumuladas no seu teito se filtraran por calquer circunstancia ao interior da caseta onde se atopan os instrumentos de alto voltaxe co conseguinte perigo de explosión piroplástica que afectaría ás casas dos veciños que están a menos de 5 metros. En fin, non sabemos si esto é así por unha falta de limpeza (que salta á vista) dos drenaxes do transformador ou si esta será a nova ubicación da próxima e tan prometida nos diferentes programas electorales piscina municipal de Camariñas, pero o que si sabemos é que alguén terá que dar parte desto antes de que ocurra algo do que todos nos arrepintamos. Camarinas.eu dou o primeiro paso; "pese a quen lle pese".

     
    Consecuencias de un inverno duro e cruel
    (94 votos)

    Destrozos na Virxe do Monte

    O equipo de investigación de camarinas.eu achegouse ata o lugar de autos e sacou as conclusións pertinentes
    O equipo de investigación de camarinas.eu achegouse ata o lugar de autos e sacou as conclusións pertinentes

    En un primeiro momento un redactor que o presente subscribe pensou nun ataque perpetrado por un escuadrón pertencente á última das oleadas anticatólicas que periódicamente se suceden nesta España dos nosos pecados, todas as cales, tras o clásico período inicial de anticlericalismo álxido, suelen acabar sen maiores consecuencias (se ben previa matanza, desamortización ou retirada de crucifixos). Sen embargo, os momentos de lóxico pánico inicial deron paso a un análise un pouco máis sosegado do ocurrido e ahí foi onde o equipo de investigación de camarinas.eu puido comprobar que os desperfectos, consistentes nunha serie de tellas arrancadas do cume que divide o teito a dúas augas do templo parroquial e que languidecían esparcidas polos arredores, sen dúbidas foron ocasionados nun momento determinado da sucesión incontrolada de temporais de tódalas especies que están a asolar Camariñas nestes últimos tempos. Pulsa na imaxe para coñecer as sorprendentes conclusións ás que chegou a patrulla de camarinas.eu desprazada ata o lugar de autos.

     
    Maria Jesus Lema Martínez, D.E.P.
    (173 votos)

    Traxedia absoluta en Xaviña

    Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre  Xaviña
    Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre Xaviña

    A maior desgracia posible, o dolor máis atroz e profundo abatíose na tarde deste 24 de decembro, Día de Noiteboa, sobre a parroquia de Xaviña.  Segundo noticias que empezaron a chegar no medio do estupor máis absoluto, cara as 15:00 horas María Jesús Lema Martínez, funcionaria de correos da oficina postal de Camariñas e veciña de Xaviña e o seu neno Martín, de dous anos, falecerían nun terrible accidente de tráfico acaecido no punto kilométrico 69,800 da estrada AC-552 que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo, nunha colisión frontal que deixaría ferido leve ao conductor do outro vehículo siniestrado.

    O dolor profundo por semellante traxedia agrávase nesta redacción polo feito de que hai un ano e medio, concretamente un 4 de maio de 2008, esta web publicaba a noticia da voda celebrada na Igrexa de Xaviña entre Maria Jesús e o seu marido Francisco, camioneiro de profesión e natural de Vilaseco, e do bautizo de Martín, fillo de ambos, evento cuberto por un Diego Alonso Freire que non da creto ao sucedido e lamenta no máis profundo do seu ser tan terrible accidente. Un Nadal que se volve tinguir de luto no Concello de Camariñas por segundo ano consecutivo, xa que o próximo día 31 de decembro cumprirase o cabodano do tráxico falecemento na Coruña de Juan Carril Ramos. Aínda que sexamos conscientes de que as nosas palabras non poderán consolar nin siquera mínimamente o dolor tan inconmensurable e absoluto da súa familia, esta redacción ao completo en nome de tódolos seus usuarios quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia de María Jesús e Martín nestes momentos. Descansen en Paz.

     
    Escolas pechadas por alerta de neve
    (43 votos)

    ¡Quen fora neno nestes días!

    Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán
    Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán

    Hai decisións, queridos usuarios, que un non entende. E esfórzase e esfórzase ata o punto de que se lle hincha algunha das venas da frente  e grosas gotas de suor salado esvaran pola súa cara, pero nada: non o entende. Ven esta metafísica introducción a conta da sabia decisión da Consellería de Educación de suspender en toda Galicia as clases este mércores 16 de decembro de 2009 debido á chegada dun temporal mortal de necesidade que asolará a comunidade de punta a rabo. Nos o que é ver o temporal non o víamos por ningun lado, pero despois dixéronnos que o temporal sería de frío. Acabáramos: non fora ser que algún rapaciño das montañas de Lugo ou Ourense collera unha tos. Por outra parte, ao tratarse de diferentes Consellerías, as Guarderías sí ían permanecer abertas nun principio, medida lóxica e coherente xa que os terroríficos temporais de frío e neve non afectan en absoluto á saúde e seguridade dos cativos de ata catro anos pero despois a sinrazón e a demencia fixéronse xerais e a última hora informáronnos de que tamén permanecerán pechadas. Mentras tanto, os profesores brindando con champán. E o resto dos funcionarios xurando polo máis sagrado (con perdón). Porque todos somos fillos do mesmo Deus omnipotente.

     
    Accidente na carretera Vimianzo - Camarinas
    (63 votos)

    Un burro atropellado na carretera Vimianzo a Camariñas

    Ata o lugar trasladouse unha ambulancia por ver de salvar a vida do pobre burro cuns primeiros auxilios
    Ata o lugar trasladouse unha ambulancia por ver de salvar a vida do pobre burro cuns primeiros auxilios

    Eran as oito e media da mañá cando unha furgoneta dunha coñecida empresa contratista se dirixía cara unha obra próxima para comenzar un duro día de traballo. Á altura de Vimianzo a visibilidade e as condicións climatolóxicas non eran as máis adecuadas e o coche non viaxaba moi rápido e iso, probablemente, foi o que fixo que cando se lle cruzou unha burra no medio do seu camiño o accidente non fora tan grave. Polo menos para as persoas que viaxaban no interior do vehículo, xa que o pobre burro, que estaba a pastar nunha leira próxima, levou un trastaso tal que o fixo xa morrer cáseque no acto deixando tras de si unha triste e dura vida recompensada polo seu dono cun pé atado a unha estaca nunha leira próxima a carretera xeneral de Vimianzo a Camariñas. En fin, pulsa na imaxe para ver unhas cantas fotos e un pequeno vídeo do acontecido esta tráxica mañá nos dominios de Alejandro Rodríguez, Emperador Único e Auténtico da Costa da Morte.

     
    20 de Novembro en Camariñas: Efectos do Temporal do Sur
    (54 votos)

    O que nos deixou a Surada do 20N

    Á vaga de temporais que está a padecer Camariñas ven a sumarse este 20N unha terrible surada
    Á vaga de temporais que está a padecer Camariñas ven a sumarse este 20N unha terrible surada

    Polas emblemáticas e acuosas datas nas que acontece, un 20 de Novembro sempre é un día entrañable para os nostálxicos. Para os nostálxicos dos bos temporais, se entende. En principio carecía do alto pedigreé que antecedía aos anteriores, pero o terrible temporal do sur que dende a tarde do xoves 19 viña anunciándose co seu continxente bélico de miles de toneladas de auga que a marchas forzadas surcaban os ceos dende Muxía para descargar o seu terrible arsenal sobre Camariñas, deixou ao longo da sinalada data do 20N unha impronta de ventos furacanados de ata 90 km/h; de, sempre paganos ben das furias etílicas do ser humano, ben da furia dos elementos, ducias de desdichados contenedores volcados; de árbores arrancadas de cuaxo; de montañas de auga alfombrando os camiños; ou de restos dun mar tenebroso adornando unhas praias espumosas como nunca.  Despois, toda aquela acometida furiosa parecío apaciguarse momentáneamente durante un par de horas na tarde do sábado 21 de novembro para volver ao ataque, debilitada, durante a madrugada do domingo 22. Pulsa na portada para ver en 60 imaxes todo o que nos trouxo o Sur este 20N.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 79

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...

    (22/02) Rasoeiro 32 - 19 Encaixe-Camarinas

    Nota de prensa enviada dende a dirección do CB Encaixe-Camariñas na que se nos informa sobre a derrota sofrida polo equipo camariñán este fin de semana polo equipo de O Gro...
    Ler todo ...

    (20/02) Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas

     Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. ...
    Ler todo ...