Un mercado para apoiar ás boas causas
 Cartel do Mercado Solidario
A Asociación de Empresarios de Camariñas ven de promover un mercado solidario para os días 19,20 e 21 deste mes no cal algunhas tendas asociadas a esta organización camariñana levarán moitos dos seus productos aos stands que estarán situados na Casa de Pedra e no local da Marina.
O obxectivo desta iniciativa ben sendo o de colaborar e axudar na medida do posible a varias asociacións adicadas a proxectos sociais coma Abondou de Camariñas donando o 10% das ventas que se realicen nestes días nos que está previsto que se organice o mercado. Ademáis a asociación de empresarios terá instalado un stand donde venderá artículos donados por tendas e particulares sendo os beneficios totales destas para ditas asociacións. En fin, a Asociación de Empresarios de Camariñas leva xa un tempo preparando este importante evento e, aínda que só faltan ultimar os detalles das posicións dos distintos postos de venta, comunícannos que se alguén quere donar algo para vender en favor destas asociacións aínda está a tempo de facelo. Pois eso, todo o que se faga por unha boa causa é pouco.
|
A pasarela sin fin
 Ata o mesmísimo Arturo quedou cautivo e desarmado ante a beleza das cremosuras camariñanas
O desfile cultural da pasarela intelectual da Discoteca Soco parece non ter fin: nesta ocasión quen visitaba o venres 26 de febreiro do 2010 o feudo político de Alejandro I, Zar de tódalas Costas Atlánticas e Alcalde de Vimianzo, era Arturo participante da última edición do concurso Gran Hermano e que deixará para a súa efímera historia televisiva perlas finas e exquisitas como aquela de "que te den por culo, me das asco. Estoy hasta los cojones" (con perdón do noso electorado aínda en edade pre-electoral), o home do delfín. Conocedoras delo e para facelo coincidir co cumpreanos da nosa querida usuaria Pili de Lin, as súas amigas de toda a vida decidiron felicitarlle os seus esplendorosos 22 aniños en compañía de tan cabaleroso galán televisivo, inmortalizando o evento unhas impresionantes imaxes tomadas polas nosas usuarias Vanessa e Moniquiña e que nos fai chegar, sempre atenta, Lucía. Finalmente, indicar que esta España arruinada moral e económicamente dos nosos días non só se caracteriza por enxendrar
grandes celebridades como Arturo, se non que (máis modestamente, eso
si) en tempos chegou incluso a dar ao mundo persoaxes como Cervantes, Velázquez, Goya, Valle-Inclán ou Buñuel. Por exemplo.
|
CAVIDENT, a gran clínica dental da Costa da Morte
 A saúde dental da Costa da Morte non pode estar en mellores mans que nas do persoal de Cavident
Esta vez a sección adicada aos grandes emprendedores do Concello de Camariñas non se detén nun negocio aberto en Coruña ou en calquera outra gran cidade. E sen embargo, por prestacións, por servizos, por dotacións non desbota a calqueira ubicado na mellor das capitais. Estamos a falar da Clínica dental CAVIDENT que o noso querido amigo Manuel Martín Castiñeira Vidal posúe dende o 1 de abril de 2007 na Rúa da Esquipa Nº 32 da Ponte do Porto. Unha clínica que ademáis de estar dotada dos aparatos e máquinas máis modernos é atendida por un equipo experto e profesional: o formado por Manuel, dous dentistas, un ciruxano, un anestesista e dúas enfermeiras: Cristina Rodríguez, auxiliar de enfermería, e por María José, esposa de Manuel e nai de Hugo, o filliño de ambos. Un Manuel, especialmente implicado co desenvolvemento e desenrolo do seu Concello xa que ademáis de ser concelleiro pola Ponte do Porto dentro do Partido Popular ou capitán do histórico e mítico Porteño, non dubidou en iniciar unha relación de sponsorización ca web que representa ao seu concello da alma, con camarinas.eu. En fin, queridos usuarios, vendo a impresionante clínica dental que está instalada na histórica Rúa da Esquipa e as sabias mans que a dirixen, xa non hai necesidade de desprazarse a lugares remotos nin a capitais lonxanas. O cuidado da nosa saúde dental: na Ponte do Porto.
|
|
Cumpre 50 anos un dos nosos
 Asistindo ás épocas máis gloriosas do club dos seus amores, Pedro cumpre 50 anos entre o cariño dos seus
Agora que as ligas de veteranos volveron a Camariñas entre o clamor das multitudes, vennos ao pelo esta noticia, a do 50 cumpreanos do que foi o mítico porteiro daquel equipo da Cafetería Oasis que nunha inolvidable e histórica final alá a mediados dos anos 80 proclamouse campeón do torneo ante un Café Bar El Pescador no que o noso querido compañeiro O Chileno oficiaba como bravo central pataqueiro. O caso é que este martes 23F fai 50 anos que na Calle San Jorge, xusto ao carón da Praza do Colón, na que leva sendo a casa da súa familia dende tempos inmemoriais, viña ao mundo un dos grandes compañeiros de chiquitos no Café Bar Arnela dos redactores que o presente subscriben. Precisamente para festexar o acontecemento, este sábado 20 de febreiro, Pedro foi agasallado pola súa familia cunha entrañable cena no Restaurante Puerto Arnela. Alí puidemos ver como Marisa, seu fillo Pedriño e Marta, a moza deste último, regalaban a este hincha emblemático do Barça un señor escudo do club dos seus amores esculpido en madeira por maestros artesáns de Borneiro. Ese é sen dúbidas o maior regalo que pode recibir Pedro: o do cariño e respeto da súa familia e dos seus amigos. Por elo ¡¡Pedro, FELIZ MEDIO SIGLO!!
|
|
Continúa a pasarela televisiva da Costa da Morte
 Pasouno pipa a televisiva Tatiana en Vimianzo cas dúas Lucías, redactoras de camarinas.eu enviadas ao acto
Continúa o rutilante desfile de intelectuales do máximo calibre pola pasarela cultural da Discoteca Soco de Vimianzo. Nesta ocasión a invitada do venres 19 de febreiro de 2010 era unha xoven rusa chamada Tatiana que ten como maior mérito no seu currículum o de participar na derradeira edición do concurso (ou o que sexa) televisivo de Gran Hermano e que deixará para a historia perlas cultivadas como aquela de "me lo paso todo por la rajeta de mi coño" (con perdón) ou "yo solo tengo follaamigos". Con todo, é de esperar que este desfile de frikies televisivos sexa só o entrante para a aparición estelar sobre o escenario da Discoteca Soco de Alejandro Rodríguez, Zar, Emperador e Ayatollah político desta Costa da Morte dos nosos pecados e auténtica estrella mediática da mesma. Finalmente, indicar que Rusia non só se caracteriza por enxendrar grandes celebridades como Tatiana, se non que (máis modestamente, eso si) en tempos chegou incluso a dar ao mundo persoaxes como Tolstoi, Dostoievski, Chaikovski ou Eisenstein. Por exemplo.
|
Outra enchenta definitiva
 Este sábado 13 de febreiro será recordado como outra gran enchenta definitiva na Laconada do Puerto Arnela
Esperaba ansiosa e esperanzada a afameada parroquia chiquitera do Café Bar Arnela a gran laconada anual que con motivo de carnavais celebra o seu irmán máis novo, o Hotel Rústico Puerto Arnela. Algo que comenzou como unha comida de compañeiros de chiquitos acabou convertíndose co pasar dos anos nunha cita obrigada do calendario gastronómico camariñán na que as damas lucen as súas mellores galas e na que os cabaleiros preséntanse con cinturóns cun par de furados de máis. A calidade culinaria dos productos e unha preparación dos mesmos sabia e cariñosa como suele acontecer co equipo cociñeirístico comandado por Carmencita fai que á Gran Laconada Anual se lle poda aplicar o calificativo máis superlativo existente nestes casos: o de parecer un cocido feito na casa, adobado ademáis cuns impresionantes postres propios da temporada e cun licor de toxo adquirido na Tenda do Gourmet de El Corte Inglés e que pasou o implacable exame dos paladares máis esixentes. O único defecto: semellante enchenta gastronómica require para ser convenientemente dixerida dun amplio cubateo en labouras dixestivas.
|
Feliz Cumpreanos Felipe!!
 Felipe Santos Alves acompañado de unha parte dos seus numerosos amigos de Camariñas
Hoxe 11 de febreiro de 2010 é un día moi especial para unha querida familia xaviñana xa que Felipe Santos Alves máis coñecido como Felipe de Xaviña ou Felipe do Alcalde cumpre 24 esplendorosos anos. Este rapaz, querido e admirado como poucos, é integrante destacado do grupo destes chavales que comezaron a xogar nas categorías inferiores do balonmán en Camariñas nos seus inicios e do cal saíron auténticas estrelas deste deporte. Podemos estar citando todas as virtudes que caracterizan a este rapaz como a súa entrega aos amigos e á familia, a súa responsabilidade no traballo e dedicación no deporte, etc, etc, etc... pero o que máis apreciamos os que o coñecemos a Felipe é a súa humildade e bo corazón que sempre foron característica neste exemplar rapaz que hoxe cumpre 24 anos. Desde camarinas.eu queremos desexarche un feliz 24 cumpreanos e que sempre sigas sendo así, como eres. Felicidades Felipe!!
|
A botella xa está aquí
 Beatriz Dios gañadora do concurso para elexir o motivo de encaixe que adornará as botellas de Cabreiroá
Cando vaiades á tenda do Rincón del Gourmet, primer baixoplanta de El Corte Inglés da Coruña, alí a poderedes atopar, entre botellas de whisky escocés de a 600,00 euros a peza e selectos vodkas de importación. Cun luxoso envoltorio e reproducindo as filigranas do encaixe camariñán, 2.000 botellas desta especial edición limitada da empresa ourensana de augas Cabreiroá surtirán ás máis exclusivas tendas e establecementos. Por elo facíase necesario un acto oficial de presentación en sociedade da botella que levará o nome do Encaixe de Camariñas polo mundo adiante. Este acto tivo lugar este venres 5 de febreiro de 2010 na Casa de Pedra cun cheo ata a bandeira de público e nel estivo presente, ademáis do máis granado do mundillo político local, Beatriz Dios, encaixeira de Xaviña gañadora do concurso convocado ao efecto para elexir a imaxe de Camariñas que surcará o mundo a través dunha viaxe polas tendas máis selectas do orbe terráqueo. Camarinas.eu tamén estivo alí e dou boa conta do acto cunha amplia galería fotográfica. O pobo humilde dou boa conta tamén, pero dos pinchos.
|
Por unha pronta recuperación
 A Vila de Camariñas non pode prescindir dos sabios oficios do seu Cura Párroco Don Jesús
Pois empezaron a sonar as primeiras alarmas o xoves 29 de xaneiro de 2010, cando os asistentes ao enterro do veciño da Praza Maior de Camariñas durante tantos anos D. Ramón Ramos Ventoso puideron comprobar que o encargado de levar a cabo os sacros oficios era Don Mario, páter de Xaviña. Incluso falábase que o luns desa mesma semana un funeral contara ca súa ausencia. Ao igual que as correspondentes misas dominicais na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Todo elo debido a que supostamente Don Jesús, Cura-Párroco de Camariñas, sufriría unha caída baixando as escaleiras da Casa Rectoral que traería aparellada como resultado a rotura de dúas costelas. Dende camarinas.eu desexámoslle a máis pronta e completa recuperación a un páter querido e apreciado como poucos na Vila das Palilleiras, auténtico paradigma de home docto e formado en canto ás Sagradas Escrituras e de sensatez, afabilidade e cercanía en canto a labor pastoral. É por elo que esperamos velo axiña ao pe do cañón impartindo doctrina como só el sabe. ¡¡Recupérese Don Jesús!!
|
Próximas festas na Ponte do Porto
 Un só local da Ponte do Porto é capaz de producir noticias a diestro e siniestro: Pub O Pincho
Sempre foi a Ponte do Porto unha terra de mulleres fermosas, e esto quedou ben acreditado co último cumpreanos celebrado no Pincho e ao que acudiron unhas cremosuras que para que vos imos contar... Mellor é velo. Por outra parte, tamén dende antigo a vila porteña foi amiga de dar a alternativa a solistas e cantantes dos máis diversos xéneros musicais, como ben saben os redactores que o presente subscriben, e así o local de moda na vila que foi "La Reina de la Noche" alá nas décadas dos setenta e dos oitenta non dubidou en ofrecer as súas instalacións para un concerto de Los Lombardi, ben glosado cas súas correspondentes imaxes en exclusiva. Finalmente, indicar que a xerencia de O Pincho fíxose cargo da Comisión das Festas de San Pedro e poñerase mans á obra de devolver a Ponte do Porto aos seus días dourados xa este martes de carnaval cunha gran festa recaudatoria no Pabellón Municipal con actuacións da Orquesta Marbella e do imprescindible dúo D'Satélite.
|
|